Chamábase Luís, Marina Mayoral, Xerais
Este libro
por unha parte gustoume, e pola outra non. O contido e a historia en si
gustáronme, pero despois a forma na que está feita non, xa que se repite moitas
veces a mesma cousa.
A escena
máis importante penso que foi cando morreu Luís. porque despois de tanto
sufrir, de tantos intentos de deixar o mundo das drogas, morreu, deixando dous
fillos sen criar, e a toda unha familia que no fondo, aínda que no demostrase,
o quería.
O tema
pareceume triste, porque no relato reflíctese todo o sufrimento da familia e
ademais hai moitas mortes polo medio.
Como ben
dixen antes no relato non faría cambios, pero na estrutura gustaríame que
contasen a historia dun xeito máis sinxelo, e sen dicir a mesma cousa vinte
veces.
En canto á lingua pareceume bastante fácil, aínda
que moitas palabras, como chocolate ou cabalo, nunca pensei que significasen o
que significan neste libro.Jennifer López Becerra (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario