Este libro
gustoume moito, a maneira que ten de tratar un tema tan presente como a
violencia de xénero.
A verdade e
que foime un libro moi doado de ler. En canto aos personaxes a min persoalmente
o personaxe que máis me gusta é Guzmán, dálle igual o que digan el se quere ter
unha piragua tena. Ademais ten unha parte tenra e boa que aínda que non se
mostre moito quere axudar e non lle importa facelo.
O que menos me
gustou foron algunhas facetas de Lucía. Non sei, paréceme que hai cousas nas que
ten un modo de ver as cousas un tanto egoísta para o meu xeito de pensar.
A verdade
se teño que elixir unha parte da historia non sabería cal, menos o final que
iso de non deixar moi claro o que pasa non me gustou moito. Aínda que en certo
modo e algo que me fixo pensar na historia varios días. Algo que me chamou a
atención foi como ese pequena mensaxe oculta que che intenta dar a lectura e
que en certos momentos te fai recapacitar. Así que si, sen dúbida, recoméndovos
esta lectura xa que se fai moi amena polo tema cómico e ese misterio sobre o
que pasará.
Ningún comentario:
Publicar un comentario