Eu de maior quero ser, Rosa Aneiros, Sotelo Blanco
Gustoume
moito o libro, porque fala da vida duns estudantes que xa están a piques de
rematar a súa carreira, porque te engancha á vez de ser divertido; a linguaxe
non é complicada, é un libro fácil de ler e faise bastante ameno.
Como non ten
unha linguaxe difícil, o libro lese moi rápido, a parte de que a historia é
divertida. Por exemplo hai unha parte que me gusta moito que é cando Cristina e
María están vendo unha película de Tom Cruise e Fran non quere vela, entón as rapazas
dinlle que o que el faga lles dá igual porque van ver a película si ou si.
Hai partes
que non me gustaron moito, como o final, porque cada un marcha a un sitio
diferente e non se atopan máis.
Polo demais
encantoume, e é un libro que recomendaría para ler a quen quixera
Ningún comentario:
Publicar un comentario