Este libro
gustoume moito, aínda que este libro xa o lera hai uns anos en castelán.
Penso que
Christine Nöstlinger é unha gran escritora, xa que conta moi ben a historia dende
o principio, conta con moito detalle todo o que lle vai acontecendo ao rapaz,
xunto coa súa irmá e Jasper.
O momento
máis importante da historia para min foi o final, cando Jasper lle pide a Sybille
que sexa a súa moza e ela lle di que si.
Eu non lle
faría ningún cambio a historia, penso que está ben así.
A lingua é
bastante fácil de entender, é a linguaxe que utilizamos nós normalmente.
En
definitiva penso que este libro está xenial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario