Este, si,
este libro foi o que mais me gustou desde que estou na ESO. Houbo moitos que me
gustaron, pero que me fixeran pensar como este nunca, igual iso da palabra ESO
abarca moito tempo, e si, poida que este a esaxerar... Pero nunca sentín cousa
semellante. Este libro tente en tensión desde o primeiro momento.
Queres saber
o final ao pouco de comezar a ler, déixate con ganas de máis, de saber, de
imaxinar.
O personaxe que máis me gustou é Mariña xa que ten maneiras de ver a
vida, de pensar. Que tamén te fan reflexionar cando o les. A única pega que lle
podo atopar ao libro é que o final é un tanto aberto despois de tanto non
concreta xusto no que pasou. E iso foi do pouco do que me podo queixar deste
libro.
Ademais
faise unha lectura moi doada xa que o vocabulario é sinxelo. Definitivamente si, lédeo, ao comezo poida que non vos interese pero logo engancharédesvos a súa
lectura. Espero que vos guste tanto coma a min e a pesar de que sexa un libro
sinxelo e de teatro creo que fixo que me gustaran ler mais libros deste tipo.
Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario