Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 10 de decembro de 2015

Balda de Libros (IX): Os dous de sempre, de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao



Este libro gustoume porque é doado de ler, non ten moitas dificultades e é moi ameno, danche ganas de seguir lendo e de saber se o desastre de Pedriño vai conseguir, dunha vez por todas, un traballo para o que sirva. Gustoume moito cando Manuel, o seu propio curmán, decide envialo de volta debido a que non servía para ningún traballo.

O momento máis importante para min, foi cando Pedriño casou con Filomena e tiña por fin un traballo. Tamén penso que é importante cando o despiden do traballo por roubar.

O meu personaxe favorito é a tía Ádega, porque esa muller está toda a vida axudando a Pedriño e a pobre non leva máis ca disgustos por parte del. Tamén me gustou moito o personaxe de Rañolas, xa que, dos dous, el é o que máis cabeciña ten e o que máis se esforza.

Recomendaría este libro a todo o mundo sen dúbida, xa que é un libro moi bo e moi entretido.

Xosé Barreiro Hernández (4º ESO)


Non me gustou moito, os personaxes eran moi diferentes. Pedro ó principio era un neno que era capaz de facer calquera cousa por comer. Despois ao ir vivir con sua tía non era capaz de aprender nada. O pobre Rañolas pasounas moi negras, o cal non me parece ben, para conseguir as súas pernas e ser un home coma outro calquera.

Non me gustou que Pedro con tal de comer non lle importaba roubar, para min dálle un sentido algo cutre ao personaxe, tamén era moi preuiceiro e non valía para nada. Non me gustou moito que cando Rañolas conseguiu as súas pernas, vai e mátase, el tiña que ter outro final.

Para min o final tiña que ser moito mellor, Rañolas loitou moito e non se merecía ese final.

Recoméndolle o libro para xente da miña idade aínda que sea algo difícil de ler. Porén é moi rápido de ler pois lino moi fluído, e iso para min na lectura dun libro conta moito.

Iván Rodríguez Paredes (4º ESO)


Este libro foi un dos libros que máis me gustou dos que levo lido. Decídin coller esta obra porque o seu autor é Castelao, e para min é o escritor favorito da lingua galega.

Este libro encantoume porque é moi curto e sinxelo de ler, e no contido pasan moitas desgrazas coma as que lle pasan a Pedro, que fan que o libro sexa máis interesante.

O momento que máis me gustou foi cando a tía Ádega axúdalle a Pedriño a buscar traballo para ter un futuro. E o momento que menos me gustou foi que Pedriño non sabía aproveitar as axudas que recibía pola tía Ádega.

Recoméndollo ler a todas as persoas xa que ten un vocabulario sinxelo e fácil de ler e é moi interesante, pois dunha vez que empezas a ler xa non podes parar.

Sergio Arias García (4º ESO)

Ningún comentario: