Persoalmente, esta
historia agradoume moito, polo feito de que trata de aventuras e dunha procura
dun tesouro xa me gustou. E se lle engadimos una historia de amor polo medio,
aínda me gusta máis.
O meu personaxe
preferido é o cego Campanachoca. Paréceme moi importante o seu papel nesta
historia xa que lles axuda a fuxir aos
namorados. O personaxe que menos me gusta é Rivadulla, xa que é o principal
antagonista da historia e intenta matar a Lourenzo.
Porén, o título non me
parece moi apropiado, xa que non engloba a historia enteira, por iso, eu
poríalle Procurando o tesouro, xa que
é a acción principal de esta historia.
Ademais,
recomendaríalles este libro ás persoas que lles gusten as historias sobre aventuras.
Pero tamén llo recomendo a Irea, Laura e Alicia, para que poidamos comentar
sobre el e xuntar as nosas opinións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario