Este libro encantoume! Creo que me gustou máis ca o primeiro, que xa é dicir, porque o primeiro
gustoume moitísimo. A saga Dragal, creo que se pode incluír nos meus libros
favoritos.
Era case imposible interromper a lectura, xa que era como
se o libro me chamara e me dixera que acabara a lectura. O libro engancha
moito, porque a trama do libro é moi interesante. Hai que ter moita imaxinación
para inventar un dragón como é o deste libro. E inventarlle a historia á
Fraternidade... creo que pode ser o máis complexo de inventar deste libro.
Pero a autora conseguiu que todo conectara moi ben. Mellor do que eu cría!
Coma no anterior, o final aberto deixoume feita un lío.
Non se fai iso, muller! Deixoume en tensión por saber o que acontecera con
eles. Pero, na miña opinión, creo que o fixo moi ben. Non como noutros libros
con final aberto que te deixan mal. Este libro fai moi ben o final aberto. E
cada libro conecta con seguinte dunha maneira moi especial.
Durante toda a lectura experimentei moita inquietude. É
como se todo o que envolve a Dragal, sexa unha escura brétema. Como se che
deran calafríos.
Pese ao final aberto, demasiado aberto creo eu, o libro
encantoume moito.
A forma de contar todo o que pasa, de describir cada
detalle do dragón, é moi boa. A escritora fai que queiras devorar o libro e que
continúes co seguinte.
A parte do dragón é xenial. A min encántame a fantasía e
creo que Dragal é moi peculiar. Os seus poderes son moi interesantes. Quen me
dera telos e usalos como eu quixera!
Recoméndolle este libro a quen lle guste a fantasía. Porque
aos amantes deste campo, non os vai decepcionar. Creo que supera con creces o
primeiro libro.
Está xenial!
Irene Noya González (3º ESO)
O
momento que máis me gustou deste segundo libro de Dragal foi cando
souben que Hadrián se estaba recuperando moi rápido, e que volvería a
ser case normal. Tamén me alegrou saber que atoparan a Hadrián, pero o
adolescente non estaba moi ben. Outra cousa que me gustou moito deste
libro foi que Mónica non se separase en ningún momento do seu mellor
amigo, e Hadrián puido confiar plenamente nela, porque non lle contaría a
ninguén o seu segredo.
A parte que menos me gustou foi cando o doutor
lle ten que contar á nai de Hadrián, que este non ten moitas esperanzas
de que sobreviva.
Os personaxes que me parecen mellores son Hadrián e
Mónica, non só polo feito de ser os protagonistas, senón porque son moi
bos amigos e souberon coordinarse moi ben, durante todo o que pasaron
xuntos. En cambio o personaxe que menos me gusta é Brais porque non puido
aceptar que os seus compañeiros non lle fixeran caso, ademáis tiña
moita envexa de Hadrián. Por iso o rapaz decidiu queimar a igrexa, pero
eu penso que vai pagar polo que fixo.
Este segundo libro gustoume moito,
igual que o primeiro. Xa que é moi entretido, tamén está cheo de
misterio e tamén un pouco de intriga, porque acabas de ler un capítulo e
tes moita curiosidade por ler o seguinte ata que se acaba o libro.
Ademais ten un vocabulario moi sinxelo.
Eu recomendaría este segundo
libro de Dragal aos adolescentes que lles gusten as historias dos
dragóns e a fantasía, que este vai ser o seu libro.
Nerea González López (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario