Iridium. Francisco Castro. Galaxia
Este libro gustoume
moito. É unha novela que fala dunha rapaza con dano cerebral adquirido despois de
que un home borracho a atropelara mentres cruzaba por un paso de peóns.
Para min, o momento
máis importante para min foi a festa, cando entrou no local e todos lle deron
unha sorpresa, despois de estar tanto tempo sen vela e de pelexar tanto por
seguir adiante e comezar unha vida de cero.
O momento de máis tensión na miña
opinión foi cando Iris lle ía botar en cara o de Chechu, que lle puxo os cornos
a Iris con Martha, gustaríame ver a cara de parvo que lle ía quedar.
Este libro comparte
unha vida dura, da que aprendes moitas cousas, unha delas, a máis importante na
miña perspectiva, é a mensaxe de non renderse ante calquera situación. Lendo
este libro dáste conta de que en 5 minutos a túa vida pode acabar ou
simplemente volver empezar de novo, aínda que sexas unha rapaciña de 16 anos.
Os personaxes son xeniais, aínda que Chechu é un
“cabrón”, xa que lle puxo os cornos con Marta con ache. E o final gustoume e non lle faría ningún cambio.
Recoméndolle este libro
a todo o mundo.
Alba Rey Brea (3º ESO)
Este
libro fala dunha moza, Iris, que a causa dun atropelo, sofre un dano cerebral
adquirido (DCA). O relato fala da súa evolución e da súa vida amorosa, que
deixa moito que desexar segundo os estereotipos que a sociedade nos implanta.
Este é o tema principal do libro, os prexuízos inxustos.
Persoalmente gustoume moito porque nos mostra unha parte da vida de moitas
persoas que nos estamos acostumados a ver.
Para min o momento de maior importancia foi cando preto do final, se desvelou
quen verdadeiramente tiña o teléfono móbil de Chechu, a ex-parella de Iris.
En canto ao final, era bastante esperado pero rematou ben e gustoume.
O meu personaxe preferido é o profesor de Lingua e Literatura galega, pois
amosa ser unha persoa moi intelixente que sempre está aí para botarlle unha man
a quen a precise.
O vocabulario é moi sinxelo e coloquial, pois están a falar mozxs de 18 anos.
Verdadeiramente
recomendaría este libro porque é moi fácil e rápido de ler, e fai pensar en
cousas que son interesantes.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (3º ESO)
Ahinoa Antelo Rodríguez (3º ESO)
O momento máis importante para min foi cando Chechu (ex-mozo de Iris) e Mario pelexan na festa que Ruth, a mellor amiga de Iris, organizara pola saída do hospital.
O libro trata un tema en miña opinión interesante, gustoume moito, non lle faría ningún cambio, ten unha linguaxe coloquial e sinxela de comprender.
E os personaxes están bastante ben, o que máis me gustou foi Ruth porque sempre está para Iris e a intenta axudar aínda que non sempre poida.
En xeral recomendo este libro a calquera persoa, aínda que ao mellor non sexa do gusto de todos é unha boa lectura.
Mirian Otero Sande (3º ESO)
Boas, xentiña! No
día de hoxe vouvos falar de Iridium, un libro que fai pouco que o lin. Dito
isto, comezo.
Este libro encantoume, trata temas que están moi presentes na vida de moitas persoas, como
é o dano cerebral adquirido, por desgraza, tanto pequenas como maiores. Empatizo
moito coa protagonista posto que teño familiares con esa enfermidade.
E tamén
fala do amor, do desamor. Esas cousiñas dos adolescentes, sabedes?
Non lle faría
ningún cambio, pero algunhas veces Iris pareceume un pouco “crida” polo que di no libro de “era guapa antes do
accidente e sígoo sendo agora”, a ver, creo que hai que ter a autoestima alta, claro que
si, pois hai xente (eu incluída) que non a ten moi alta...pero para o meu gusto creo
que a ten en exceso.
O vocabulario foi
sinxelo, polo que me resultou moi fácil de ler e tamén porque era un libro moi
curto pero cheo de sentimentos, posto que non fai falta que sexa un libro
grande para ser bo.
Un libro cun final
inesperado, polo menos para min.
Un libro que sen
dúbida recomendaría.
Leticia Añón Guerra (3º ESO)
Iridium é un libro
que ten un tema moi interesante xa que fala do instagram, aplicación que nestes
tempo se utiliza un montón.
Este libro fala
dunha rapaza que tras sufrir un accidente de coche, un borracho atropelouna un
día, pasou 7 meses en coma e ademais iso provocoulle un DCA (dano cerebral
adquirido). Malia iso é unha rapaza que loita moito por levantarse cada día, xa
que lle custa un montón facer cousas cotiás.
O momento máis
importante para min foi cando Iris lle dá o Iphone a Chechu e lle di que quen
llo quitara fora ela para saber se a enganara con Martha antes do seu
accidente, cousa que é verdade. Isto gustoume moito xa que aínda que Iris sabía
que facer iso lle ía doer algo, fíxoo para saber a verdade.
O meu personaxe
favorito é Iris ou Mario, os dous fan moi boa parella, xa que se complementan
un ao outro. Non me gusta nada Chechu xa que me parece un rapaz moi borde, egoísta
e celoso.
O desenlace deste libro
é moi axeitada xa que é un final feliz.
Recomendo un montón
este libro, xa que ademais de ser un relato moi entretido e interesante, é moi
fácil e rápido de ler.
O libro Iridium é
un dos mellores que hai nas lecturas de galego que eu fixen. Trata dunha rapaza que cursa bacharelato, non é unha rapaza coa
mesma clase de problemas que as demais. Ela ten un ollo de cada cor, o que non
lle supuña ningún problema, o que si lle a afectou foi un accidente de coche
cando un borracho a atropela, a partir de aí Iris ten que aprender a vivir con
iso.
O momento máis importante para min foi cando Chechu (ex-mozo de Iris) e Mario pelexan na festa que Ruth, a mellor amiga de Iris, organizara pola saída do hospital.
O libro trata un tema en miña opinión interesante, gustoume moito, non lle faría ningún cambio, ten unha linguaxe coloquial e sinxela de comprender.
E os personaxes están bastante ben, o que máis me gustou foi Ruth porque sempre está para Iris e a intenta axudar aínda que non sempre poida.
En xeral recomendo este libro a calquera persoa, aínda que ao mellor non sexa do gusto de todos é unha boa lectura.
Mirian Otero Sande (3º ESO)
Ola
a todos e a todas, hoxe vouvos falar dun libro chamado Iridium, esta obra ten
un alto interese para o meu gusto debido a que trata dunha moza con dano
cerebral adquirido, paréceme un personaxe con moita forza de vontade, pois
a pesar de ter DCA non se rende nunca.
As
partes que menos me gustaron foron nas que falaba do centro de rehabilitación,
pois parécenme un pouco aburridas, pero lese rápido e é preciso para contar a
historia.
O
momento máis importante paréceme cando comeza a liorta entre Mario e Chechu na
festa de volta de Iris, debido a que nese momento comeza a historia entre estes
tres.
Persoalmente
eu non lle faría ningún cambio xa que me parece que está moi ben así.
Eu
recoméndolle este libro a todo o mundo, pero en especial a rapaces e rapaza
entre 13 e 19 anos xa que neste libro apréndense moitos valores. O libro é moi
curtiño e ten un vocabulario moi fácil de entender, así que a ler!!
Alba Dafonte Rodríguez (3º ESO)
Eiiiii que pasa
amiguiños. Hoxe vou facer a valoración de Iridium, un libro moi bo para mozos
coma nós.
Un dos momentos máis importantes para min neste libro foi a festa de
Iris feita por Rut (a súa mellor amiga), nesta festa pasou que dous rapaces
adolescentes como soe acontecer, pelexáronse un co outro por unha rapaza. Esta
rapaza era Iris, unha rapaza que aos seus 18 anos xa lle pasou de todo como
por exemplo, un accidente que tivo ao comezo do libro e que a deixou con DCA
(dano cerebral adquirido) para bastantes meses, a pesar de iso saíu
perfectamente ilesa.
Pero o peor do seu accidente foi que o seu mozo Chechu a
deixou por outra porque pensaba que Iris ía morrer.
Polo demais, o libro estivo
bastante, bastante ben. Enganchoume moito debido a que había veces que quería
parar de ler pero non daba, o libro tiraba por min, non me deixaba parar de
lelo.
Recomendo moito esta historia xa que eu que son un rapaz que non le moitos
libros, este porén encantoume.
Pablo García López (3º ESO)
O
momento máis importante do libro para min é cando Chechu e Mario pelexan, e a
Chechu lle cae o teléfono e llo colle Iris, e este pensando que foi Mario
vaille a casa e empeza a berrar como un tolo.
O libro
pareceume ao principio un pouco triste polo que lle ocorrera a protagonista
pero conforme transcorría a historia acabou sendo moi interesante e por
momentos moi gracioso por algúns comentarios que fan os personaxes deste libro.
Para min os personaxes máis importantes foron Mario, Chechu e Iris xa que entre estes tres transcorre o máis interesante da historia(os dramas amorosos) que son os cales provocan a maioría das disputas destes tres.
O
desenvolvemento penso que está ben aínda que as parénteses me perden un pouco
xa que nestas di cousas aparte que non teñen que ver moito co que está a ocorrer.
O
final está moi ben xa que como eu quería Iris acaba con Mario
Para
min a lingua foi moi sinxela de entender xa que está escrito teoricamente por
unha rapaza que é da nosa idade e por iso resulta máis fácil de entender todo.
Recomendo
moitisimo este libro a todas as persoas que lle guste ler por suposto pero
principalmente as persoas que lle guste entender os problemas doutras persoas,
xa que neste libro en varias ocasións a rapaza explica como se sente cando a
tratan como a alguén diferente.
Gloria Pena Gutiérrez (3º ESO)
Para min o momento máis importante foi o final, dende a loita na festa ata que están na casa de Mario. Este libro gustoume moito, lese moi rápido e engancha moito.
Boas, son Ana Cebey,
e escollín o libro de Iridium, de Francisco Castro.
Para min o momento máis importante foi o final, dende a loita na festa ata que están na casa de Mario. Este libro gustoume moito, lese moi rápido e engancha moito.
O personaxe que
máis me gustou foi Iris, xa que ten “heterecromía Iridium”, que é algo que fai
que teña un ollo de cada cor, e que só o teñen 1 de cada 10 persoas. Tamén ten
DCA, que é Dano Cerebral Adquirido, por culpa dun accidente, xa que un borracho
a atropelou nun fatídico día. E malia iso, segue sendo a raíña de Instagram.
Cambiaríalle o
final, gustaríame que contase máis a súa relación con Mario. E non lle faría ningún outro cambio ao libro.
Polo demais é un libro de
fácil compresión, xa que usa un vocabulario axeitado para a nosa idade, con
palabras fáciles.
Este libro foi dos mellores que lin ata hoxe.
En xeral,
recoméndolle a todos este fantástico libro cheo de maxia.
Ana Cebey De la Torre (3º ESO)
Iria Boquete Sánchez (3º ESO)
Pareceume un libro
moi interesante, para reflexionar, porque é unha historia diferente. É dicir,
tamén hai unha historia de amor e esas cousas, pero non de príncipes e
princesas, senón de dous rapaces que son a mesma cousa por culpa da sociedade;
marxinados.
A enfermidade de Iris é complicada, e faiche
ver como che cambia a vida nun momento a outro. Non é fácil vivir da maneira na
que ela o fai, e por iso, velo desde ti mesmo, axúdache a ver a realidade doutra forma. Non faría ningún cambio.
A miña escena
preferida foi ao final, cando se axustan as cordas e Iris volve a ser feliz,
pero para coñecela, teredes que ler o libro, eu non vos vou dicir nada.
O meu personaxe
favorito é Iris, xa que é unha gran loitadora que sae adiante a pesar de todo. Paréceme un gran exemplo a seguir, e ademais ten uns ollos preciosos. En cambio, o
personaxe que máis odio é Chechu, porque sinceramente é un malcriado e pórtase
como tal.
Recomendo este
libro moito, eu lino nun día, así que as páxinas non son escusa. De verdade que
é un dos libros que máis me gustou, e ten un final feliz. Pero non vos digo
nada máis, agora toca que o leades vós... Por certo, a lingua é facilísima de
entender.
Boas, chámome Marcos o Spider-Man Negro, hoxe dentro das miñas
negruras vouvos relatar o que me pareceu este libro, un relato cheo de luz.
O tema pareceume moi interesante e ten unha boa historia centrada no dano
cerebral de Iris, a protagonista do libro, que tivo un accidente de coche por
culpa dunha persoa ebria e a partir de aí lle diagnostican un dano cerebral
adquirido e a partir de aí seu mozo a deixa por culpa de que lle fixeran esa diagnose do dano cerebral e el pensaba que ía morrer, entón foise con Martha.
O momento
que máis importante me pareceu foi cando ela relatou o seu accidente.
Os seus personaxes son diversos, intelixentes (coa excepción de Chechu que é un “cabrón”, así o di no libro).
Non
cambiaría nada do desenvolvemento do relato nin do final, e o vocabulario non é difícil de entender excepto algunhas palabras.
Recoméndolle este libro a todos os públicos, porque é interesante e
emocionante.
Marcos Conde Delgado (3º ESO)
Adrián Esmorís Noya (3º ESO)
A min gustoume moito este libro, fai pensar moitas cousas
sobre a realidade, para ter a ilusión de sobrevivir dun accidente algo grave.
O tema pareceume moi interesante porque contaba moitas
cousas que che poden interesar para a vida cotiá, xa que vai dunha rapariga
chamada Iris que tivera un accidente cun condutor que ía borracho e chocou
contra ela.
O momento mais importante do libro é cando esperta Iris
do coma porque foi unha ilusión de que espertara despois do accidente, como
todos os doutores dixeran que ía morrer despois daquilo.
Eu non faría ningún cambio do libro porque pareceume moi
interesante.
Para min o final é axeitado como esta, mesmo o desenlace
de cando pelexaron está xenial.
A lingua non é moi difícil de entender porque non hai
palabras moi raras como noutros libros.
Eu recoméndovos ler este libro porque trata sobre un tema
dun accidente moi grave e pódevos axudar en algo.
Adrián Esmorís Noya (3º ESO)
1 comentario:
Grazas a todas e a todos polos vosos comentarios!!!
Publicar un comentario