Que
onda banda! Son Yago e vouvos falar do libro Os nenos da varíola, de María Solar.
Esta novela trata duns nenos de distintos orfanatos que teñen que axudar a levar
a vacina da varíola (daquela unha enfermidade moi grave e practicamente
imposible de curar) a América.
A min o libro gustoume moito, o tema pareceume
bastante interesante, posúe un final axeitado e non tes por que estar
licenciado en filoloxía para entender o vocabulario.
Os personaxes máis
importantes son a reitora dona Isabel (a reitora do orfanato da Coruña) e
Ezequiel (un rapaz do orfanato da Coruña tamén), aínda que ao principio parece
que Candela tamén vai ser importante pero queda reducida a un personaxe
secundario. Outro personaxe moi importante é o doutor Posse Roybannes (o doutor
do hospital do orfanato da Coruña).
Tras lelo o libro agradoume e recoméndollo
a calquera persoa que o queira ler ou que queira saber un pouco máis da
historia da medicina.
Yago Leis Ríos (3º ESO)
Ola, hoxe vouvos a dicir a miña valoración do libro de María Solar Os nenos da
varíola. A min gustoume bastante porque a historia era moi interesante e
curiosa.
O momento máis importante foi cando encontrou traballo Ezequiel e cando
descobren a vacina contra a varíola. Porque o traballo foi importante para o
transcurso da historia e a vacina porque foi importante para a humanidade.
O
tema pareceume apropiado e interesante porque ninguén ou moi poucos libros en
galego falan deste tema.
Eu faríalle un cambio sobre Tomás para ben, por exemplo que
fose un pouco menos rabudo e que lle deran máis tempo tanto no orfanato.
O
final pareceume perfecto menos porque nos conta nada desde despois de que
marche o barco e gustaríame saber que acontece en América e o que acontece con
Ezequiel.
A lingua era fácil de entender.
Eu recomendo este libro porque se
pode aprender moito sobre a varíola e Galicia nesa época.
Miguel Mariño Martínez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario