A sombra descalza. An Alfaya. Xerais.
O momento máis importante paréceme a
parte final porque se descobre o romance de Xuliano e Sagrario co consentimento
da avoa de Elsa que desvela todo o romance no intre da morte de Xuliano sobre
a súa cama.
Resulta emocionante, polo drama familiar e pola
tensión da guerra na casa dos avós de Elsa.
O único que cambiaría do libro é que non
cambie a historia de capítulo en capitulo porque dificulta a lectura e faiche
perder interese na verdadeira historia polo que non é bo.
O final é un pouco estraño pero concorda
a perfección co resto da historia aínda que cando leo o desenlace quedáseme corto e
sinto como se aínda quedara máis historia por diante, aínda así penso que é un
final axeitado
Sobre a lingua, non está mal,
como todo é mellorable pero non é difícil de entender.
Recomendo este libro para ler para pasar o tempo de lecer, debido a que o libro proporciona a intriga capaz de
matar os teus tempos libres.
Daniel Balsa Balsa (3º ESO)
O libro gustoume moito, é o primeiro libro que leo desta autora (An Alfaya) e está nunha colección de xénero literario infantil e xuvenil.
O que máis
me gustou deste libro foi cando a rapaza da casa, que se chamaba Elsa, empezou
a descubrir segredos que ninguén sabía, só algún familiar da casa. Eran uns
segredos ocultos na familia. Como por exemplo o segredo de Florinda das cartas, que estaban agochadas nas
solas dos zapatos de Sagrario que gardaba ela no seu cuarto.
Cando morreu
Sagrario non querían calzala estando defunta. E cando Elsa cumpriu 16 anos
decidiu preguntar e preguntar e saber a verdade, cousas que pasaban e pasaron
na casa.
Se tivera que facer un cambio sería que non morrera Rafael Xunqueira, e que Florinda fora a vivir con el.
A lingua non me foi difícil, pareceume bastante fácil, aínda que á hora de ler había algunha palabra que non entendía.
Lydia Rey
Varela (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario