O libro non estivo nada mal, pensei que ía ser peor
porque ao primeiro non me tiña moi boa pinta, xa que empezaba cunha historia e
acababa con outra, e pensei que non o ía entender.
Ás veces deixábate
con algo de intriga, polas cousas que pasaban.
O momento que máis me gustou foi cando era a noite de reis
e o Susinho lle petou na ventá para que saíra e el díxolle que non, porque se
os reis os vían non lle ían deixar nada, ben si, carbón. Ao final o Susinho
convenceuno, foron para fóra e miraron para aló ao lonxe e xa viron aos reis e
marcharon correndo para que non os pillaran, e agocháronse detrás dunha
silveira.
A lingua non foi difícil de ler, había algunha palabra que non
entendía pero a maioría xa as sacaba polo contexto.
O único cambio que lle faría é
que en vez de ser varias historias diferentes que foran algunhas menos e que a
terceira historia non fose tan longa.
Lydia Rey
Varela (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario