![]() |
| Visto en Facebook Delirio librería y comics |
venres, 2 de outubro de 2015
xoves, 24 de setembro de 2015
venres, 18 de setembro de 2015
Libros da nosa infancia e pre - adolescencia
| www.mundoprimaria.com |
Relatos sobre la amistad, las emociones, la fantasía o simplemente divertidas que les acompañarán desde sus primeros años y que releerán y recordarán incluso de adultos. ¿Cuál es tu favorito?
Pincha no enlace para velos
luns, 14 de setembro de 2015
Reflexións a piques de comezar
" Cada año, cuando comenzaba el curso escolar, nos preguntábamos cómo serían nuestros nuevos profesores, si responderían a lo que nos habían contado de ellos, para bien o para mal, o cuánto de aburridas o interesantes serían sus clases.
De una forma u otra dejaron su impronta: desataron vocaciones, provocaron fobias, demostraron su vocación educadora o dejaron constancia de su incompetencia. Seguramente también nosotros dejamos nuestra huella en ellos en forma de nostalgia, de fracaso o de satisfacción por un trabajo bien hecho.
| www.fotolog.com |
La labor de un educador va mucho más allá de impartir unas determinadas materias o exigir unos resultados académicos. Cumplir con un temario permanentemente sometido a las veleidades del gobierno de turno es un mínimo no un fin en sí mismo. El objetivo es conseguir que los educandos se conviertan en personas libres e independientes, con capacidad de analizar, juzgar y concluir con criterio y espíritu crítico, a salvo de manipulaciones, seguidismos o modas.
Cierto es que la realidad y la ficción no están necesariamente unidas; pero no por ello debemos dejar de aspirar a la excelencia que nos ha mostrado la literatura o el cine.
Pincha no enlace para ver estes profes "de cine" no artigo completo
sábado, 18 de xullo de 2015
venres, 19 de xuño de 2015
Deberes para o verán
![]() |
| Vista no Facebook de Cesare Cata |
Canto nos gusta esta LISTA DE DEBERES para o verán de Cesare Cata (profesor de secundaria del Instituto de Ciencias Humanas 'Don Bosco' en Le Marche (Italia). A súa mensaxe está rulando polas redes sociais estes días... Facémola nosa dende XA !!!
1. Por la mañana, cuando vayas caminando por la playa ,fíjate en el reflejo del sol en el agua, piensa en lo que más te guste en la vida y siéntete feliz.
2. Intenta usar todos los nuevos términos aprendidos este año: cuantas más cosas digas, más cosas puedas imaginar y más cosas puedas pensar, más libre te sentirás.
3. Lee todo lo que puedas. Pero no porque tienes que hacerlo. Lee porque el verano inspira sueños y aventuras y leyendo te sentirás como las golondrinas al vuelo. Lee porque es la mejor forma de rebelión que tienes. (Si queréis una lectura sugerida, preguntadme).
4. Evita todas las cosas, situaciones y personas que te influyan negativamente. Busca las situaciones y la buena compañía de los amigos que te enriquezcan, que te entiendan y que te aprecien por lo que eres.
5. Si te sientes triste o asustado, no te preocupes: el verano, como todas las cosas maravillosas, nos puede dar algún que otro problema. Intenta escribir un diario donde plasmes tus sentimientos (en septiembre, si te apetece, lo leemos juntos).
6. Baila. Quítate la vergüenza. En la pista de baile o en tu habitación. El verano es un festival y sería absurdo no formar parte de él.
7. Al menos una vez en tu vida tienes que ver el amanecer de un nuevo día. Permanece en silencio y respira. Cierra los ojos y siéntete agradecido.
8. Haz un montón de deporte.
9. Si encuentras a una persona que te gusta mucho, díselo con total sinceridad. No importa si él/ella termina por no entenderte. Si no lo hace es que él/ella no iba a formar parte de tu destino. De lo contrario, el verano 2015 será la gran oportunidad para caminar juntos. (Si esto sale mal, vuelve al paso 8).
10. Recuerda los apuntes de nuestras clases.
11. Sé alegre como el sol e indomable como el mar.
12. No digas palabras malsonantes y sé siempre educado y amable.
13. Si vas a ver películas, hazlo en versión original para mejorar tus habilidades lingüísticas y tu capacidad de soñar. No dejes que la película acabe con los créditos; re-vívela mientras dure el verano.
14. Durante el día o en la noche, sueña en cómo puede y debe ser tu vida. Mientras dure el verano, reúne toda la fuerza que necesites para no renunciar a eso que quieres y haz todo lo posible para perseguir ese sueño.
15. Sé bueno.
![]() |
| Vista no Facebook de Cesare Cata |
venres, 12 de xuño de 2015
Andel de Libros (XLV): Váter (comedia claustrofóbica), de Roberto Salgueiro
(Con este comentario pechamos neste curso 2014/2015 a sección de lecturas de Lingua e Literatura Galega que
se chamou Andel de Libros. Foron un total de 45 títulos diferentes de narrativa
e teatro, aínda que moitos deles foron lidos por varias persoas.
Boas lecturas de verán, e que sexan sempre por pracer e non por obriga!!!)
Váter (comedia claustrofóbica). Roberto Salgueiro. Noitarenga.
A min este libro
gustoume moito, é moi entretido e moi
fácil de ler. Ten un vocabulario moi fácil de entender, moi coloquial e sen
expresións difíciles de entender.
A escena que máis
me gustou foi cando o crego estoupa e lle di que todo ao fontaneiro se lle
importar estar na casa de deus porque o fontaneiro lle gañou un pulso e entón
gañou un váter para el.
A escena que menos
me gustou foi cando o fontaneiro comeza a falar sobre a morte sen descanso xa
que se fai moi aburrido e pesado e danche gañas de parar de ler pero se segues
merece a pena.
Váter é un libro
moi cómico e moi entretido, eu recomendaríalle a calquera persoa que o lera xa que lle ía gustar sen ningunha dúbida.
Eu a este libro non lle cambiaría nada xa que desa maneira engánchache e faite seguir ata o final todo dun tirón sen parar e con ese final tan inesperado que aínda que non é feliz está moi ben.
Miriam Baleato Fraga (4º ESO)
xoves, 11 de xuño de 2015
Andel de Libros (XLIV): Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro
A min este libro gustoume moito, aínda que ao principio me pareceu un pouco
aburrido logo foime empezando a gustar. Ao principio perdinme un pouco xa que
mesturaba a historia coa película de Colombo.
Unha das cousas que máis me
gustou cando a vella Rosa se mete no corpo de Rosiña para poder vingarse dos
seus sobriños e así facer toda clase de barabaridades.
O final cambiaríallo por un que fixen eu, xa que penso que está mellor que
o que ten o libro, o meu é máis romántico xa que Borja e Rosiña acaban
namorados. A min persoalmente gústanme os finais felices.
Foime fácil de entender, xa que ten unha linguaxe apropiada.
Sinceramente o teatro é o que máis me gusta ler, xa que o podes ler en alto
cos teus amigos e interpretar a voz aínda que non interpretes os xestos.
Sonia
Pumar Muíño (4º ESO)
Este libro gustoume moito, xa que non ten moitos
personaxes, e tamén me gustou a historia e como ía acontecendo paralelamente á da televisió , ao programa de detectives do señor Colombo.
As escenas que máis
me gustaron foron cando Rosa (a vella) se mete no corpo de Rosiña. A que menos
me gustou foi cando aparece o detective, e despois morre xunto aos demais.
Non lle faría
ningún cambio, xa que me parece perfecto
tal e como está. Gústame moito o final
xa que dá a entender que como Rosiña era moi inocente todo lle acaba saíndo
ben, pero aos outros como a queren manipular para quedarse coa súa parte da
herenza morren. O único que cambiaría sería a portada, xa que non me ten
relación co interior do libro, debido a que é moi abstracta.
O personaxe que
máis me gustou foi o de Rosiña, xa que aínda que ao principio é moi inocente ao
final vólvese pícara, e sabe defenderse moi ben ela soa.
Sería un libro que
recomendaría xa que me parece divertido, e sobre todo recomendaríallo a xente
da miña idade.
Sandra Noya Redondo (4º ESO)
Andel de Libros (XLIII): Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo
A min persoalmente
paréceme unha obra moi interesante onde se mesturan moitos sentimentos e
valores. Mostra especial interese na conciencia humana nos últimos momentos da
vida.
Esta obra fala da loita dos ser humano polo poder e como calquera que
consiga o poder acaba deixando atrás outras cousas. Aínda que aparece a
importancia da lealdade que deixan atrás pola ansia do poder.
Os protagonistas
teñen moitos sentimentos, contrapostos, aínda así todos chegan ao momento da
morte que é cando se dan conta e reflexionan sobre o que foi a vida.
Eu recomendaríalle
este libro as persoas que pensen que os sentimentos non son importantes nos
libros de teatro para facerlle ver todo o contrario. O autor utiliza un
vocabulario culto por exemplo (hoste, rebento, arriar, cetro, abafar……) con gran abundancia e moitos adxectivos.
Iván Señarís Veiras (4º ESO)
Andel de Libros (XLII): O heroe, de Manuel Rivas
O libro gustoume xa que é divertido, sobre todo cando
intenta matar a Lanzarote coa navalla antes de que Gloria o tranquilizara e lle
impedira facelo. Tamén me gustou a parte en que se quería queimar xa que hai que
ser valente para facelo e arriesgar a vida por unha cousa que se cadra non
consegues.
A parte que máis me gustou do libro foi cando se decide
queimar para intentar cambiar a sociedade e quedar coma un heroe, aínda que houbo unha tormenta e
impediulle queimarse.
A linguaxe pareceume sinxela xa que se entendía moi ben a
maioría das palabras, aínda que tamen hai algunhas palabras que non entendías
pero sacabalas polo contexto.
Recomendaríalle este libro a todas aquelas persoas quer
lle gusten os libros de entretemento e que non queiran perder moito tempo lendo
xa que é rápido de ler.
Álvaro Noya Rey (4º ESO)
A min este libro
gustoume bastante, porque me gustan moito os libros que teñen personaxes
deportistas como Caronte. Ademais gústame moito o personaxe de Ana, a moza de
Caronte xa que é cantante e me gusta moito a música.
Gustoume moito que falase da festa dos Caneiros, porque é unha festa que hai en
Betanzos á que acostumo a ir todos os anos coa miña familia.
Para min a escena
que máis me gustou foi cando Caronte se ía queimar na torre de Hércules.
O personaxe que máis
me gustou foi Caronte porque é un boxeador e o que menos Lanzarote porque
andaba buscando un heroe para que cambiara España pero el non se atrevía.
Para min este libro
non ten unha linguaxe moi difícil e lese bastante rápido.
Recomendo este
libro para todas as idades porque non é complicado de ler e considero que é
axeitado para todas as idades.
Adrián Recouso Pena (4º ESO)
Andel de Libros (XLI): Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala
Este libro
recomendaríallo a todas as persoas que fan uso da diglosia, así como aos que
pese a falar galego diariamente o desprezan e din que "soamente vale para a
aldea".
Tamén llo
recomendaría ás persoas que lles gusten os libros de teatro cómicos, porque con
este non podes parar de rir. Por exemplo, cando
as siamesas Lana e Lina din que unha naceu na Coruña e outra naceu en Vigo.
Outro momento das siamesas que me pareceu moi divertido foi cando se puxeron a
discutir sobre fútbol: unha do Deportivo (a da Coruña) e outra do Celta (a de
Vigo) e despois o mesmo co Barcelona e co Real Madrid.
Quedaríame tamén co
momento no que xulgan ao señor Eliseu, cando lle mandan xurar e di: "Si,
mecagonatós’".
Un dos personaxes que
máis me gusta é o do Arcanxo, porque o pobre era un pouco torpe e facía rir.
Noelia Casas García (4º ESO)
Este libro gustoume moito, pensei que
ía ser moi aburrido xa que a min os libros de
teatro non me gustan para nada, pero este non me desagradou xa que ten a
súa parte de gracia nalgúns anacos da obra que lle dan moita vida a esta historia.
Tamén me gustou que fose pequeno e ademais moi fácil de ler. E tamén
me gustou o tipo de libro, non sei que tema é, pero xa estou canso de tanto medo e de tantas aventuras, e este libro trata varios temas á vez (comedia, intriga, acción)
e está moi ben.
Os personaxes gustaronme moito, sobre todo as siamesas xa que cada unha era o contrario da outra, pero a mellor foi Lina xa que era do Real Madrid e do Celta de Vigo.
O final non me gustou para nada, pareceume moi aburrido e gústame
moito máis o final que inventei eu.
O seu vocabulario non é moi difícil e é moi facil de ler, moi recomendable para todos.
Adrián Ríos González (4º ESO)
Andel de Libros (XL): O paso, de Raúl Dans
Esta historia gustoume moito, pero non acabo de
entender ben o final, xa que é moi aberto. Eu creo que a muller que senta ao
lado do home ten algo de relación con el, pero é unha relación do pasado. porque senón o autor non lle poñería ese final a esta historia.
Para a miña opinión, esta historia non lla
recomendaría a ninguén, porque o final é moi estraño e raro, se non tivese un
final tan aberto, recomendaríallo a calquera persoa que se quixese rir, porque
o diálogo do bocadillo de queixo con marmelo é moi gracioso.
O que lle engadiría a esta historia, para a miña
opinión, serían máis personaxes. Unha obra de teatro, para o meu gusto necesita
máis de dous personaxes. Á parte disto, non lle engadiría máis nada.
O vocabulario deste libro foi moi fácil de entender, xa que non utiliza palabras moi difíciles ou expresións non habituais.
Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)
Andel de Libros (XXXIX): Integral, de Roberto Vidal Bolaño
Esta historia gustoume moito e resultoume moi
entretida, porque era moi graciosos cando os cuñados entraron no cabaré, e
foron pedir algo e non lle traían nada. Os personaxes do cabaré resultaban un
tanto estraños, pero á vez eran moi graciosos. Ademais resultou moi divertido que os timaran co do
Integral.
A escena que máis me gustou foi cando os homes foron
pedir algo para tomar e a muller do local, non lle traía nada. Tamén me gustou
moito cando os homes lle fixeron o “Integral” a muller, xa que así non se
marchaban de balde.
Eu con esta historia, non pensaba que o final acabase así, pensaba que os dous cuñados ían marchar para a casa de balde.
Esta historia recomendaríalla a calquera persoa que se quixese rir un bo anaco, xa que resulta moi graciosa. Ademais o vocabulario é moi fácil de entender.
Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)
A min este libro non me gustou moito porque é un libro moi enredoso e con pouco sentido na miña opinión. Non me gustan os libros que se enredan tanto en crear un gran final a pesar de que isto poida perxudicar á historia facéndoa máis aburrida e lenta. Ademais non me parece unha obra que cumpra o seu fin porque paréceme que é moi difícil representala polo de ter que espirse en público ou ter que darlle unha labazada a un compañeiro o reparto.
Non por isto quero dicir que sexa unha mala obra, todo o contrario, sen embargo esta obra a min non me gusta polo seu carácter lento e sen momentos de acción. Tamén é verdade que o final é un gran final e é moi inesperado polo cal enriquece a obra.
Os personaxes desta obra son moi variados e son todos personaxes redondos con historias propias e que evolucionan no final.
Tomás Beiras Rivas (4º ESO)
Andel de Libros (XXXVIII): Gárgola, de Carlos Vila Sexto
Este libro gustoume moito e chamoume a atención
dende o principio, porque a min persoalmente gústame moito os libros de medo e
de tensión.
Chamoume a
atención que Carlos Vila Sexto escribise este libro con tan só quice anos,
porque está moi ben planteado e redactado, aínda que é algo rebuscado co
vocabulario.
Recomendaríalle este libro a todo aquel que lle
gusten as historias inquedantes e de medo, xa que este libro crea grandes
tensións en varios momentos da historia.
Para min un dos momentos máis importantes do relato é
cando limpando o faiado con seu pai atopa un trofeo con catro nomes, porque
grazas a iso descobre que un deles era moi importante na súa vida e el non o
sabia.
O final do libro non está mal, aínda que non é un
final feliz, pero todo remata como debería rematar, xa que finalmente pode
reunirse con súa irmán e co resto da súa familia.
Adrián Landeira Pose (3º ESO)
Andel de Libros (XXXVII): Formigas, de Tucho Calvo
A min este libro
gustoume moito xa que é un libro de medo
e gústanme ese tipo de libros. Tamén me gustou moito porque é un libro fácil de
entender e ten un vocabulario doado de comprender, non o ten rebuscado como
outros libros. Tamén me gustou porque se le moi rápido e ten moi poucas
páxinas.
A escena que máis me
gusta foi a do final, cando deciden acabar con todas as formigas con gasolina
para que non houbera máis mortes. Non houbo escenas que non me gustasen, xa que
é un libro moi curto, gustoume todo o seu contido, o comezo o final,e o único
que faría sería aumentarlle os personaxes xa que me parece que ten moi poucos.
Recomendaríalle
este libro a xente de máis ou msnos 15 anos e que lle gusten as historias de
medo porque este libro pódese considerar dese estilo.
Manuel Vázquez Noya (3º ESO)
A min este libro non me gustou, porque esperaba que
en certos momentos da trama houbese máis tensión e que pasase algo máis de
medo. Outra cousa que non me gustou do libro é que me resultou bastante difícil
de entender tanto polo vocabulario que en como a forma de relatar as cousas.
Aínda así é
un libro que se pode ler en pouco tempo, e recoméndollo á xente que lle guste
ler en xeral, pero sobre todo a quen lle gusten os libros de fantasía.
Para min un dos momentos máis importantes do libro
foi cando Lola atopou ó Maragato morto na casa, que era o home que lle falaba
do problema que lles estaban a supoñer as formigas, porque aí déronse conta de
que non lles estaban a mentir e que tiñan que facer algo urxentemente.
O final que ten non me gustou porque é bastante difícil
de entender. A min gustaríame máis que Lola e máis o protagonista se tivesesn
que enfrontar ás formigas doutro xeito, e que non tivesen que queimar o monte.
O bo do final é que todo volveu á normalidade e todos volveron a ser felices na
súa aldea que xa non estaba tan asolagada.
Adrián Landeira Pose (3º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












