Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book
tráiler da novela Cartas de inverno,
de Agustín Fernández Paz
(col. Fóra de Xogo, Xerais, 1995, 1ª ed). Realización youtubeira:
Valeria
Vásquez Fernández,
2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 9 de xuño de 2020
Book tráiler (LXVII): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Lúa Edreira Martínez
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela FredQuincalla, o nómade do mar,
de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col.
Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Lúa Edreira
Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
luns, 8 de xuño de 2020
Conta de Libros (XXXVI): Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira Castro
Trescatorcedezaseis. Rocío Leira Castro. Xerais
Este
libro encantoume engancha moito porque queres saber xa quen é o
asesino.
É
moi intrigante e interesante, o final déixate alucinado, non pensas
que vai pasar iso. Ao principio non te decatas de nada porque hai
moitos nomes e non sabes quen son e tampouco sabes que vai ocurrer.
Pero cando les un pouco máis xa sabes de que vai e como se chaman
cada personaxe.
O
meu momento máis especial é o final porque é moi chocante, non
pensabas que ía pasar iso. Cando acabas o libro entendes moitas
cousas sobre as primeiras páxinas.
O
meu personaxe favorito é Silvia porque é moi lista e moi astuta e
porque é moi sorprendente o que fai pola súa familia.
O
final encantoume porque non esperaba ese desenlace é moi
sorprendente.
O
libro é moi intrigante e sorprendente, por iso eu recomendo a
lectura.
Nerea
González Rey (3° B)
O momento que me pareceu máis importante é cando Silvia conta toda a súa idea e todo o que amañou para poder vingarse de Benavides, polo que lle fixo ao seu pai, porque non me esperaba que fose ela a asasina e porque demostrou ser a máis intelixente de todos, conseguiu vingarse de seu pai e darlle unha lección a Benavides por querer ser o centro de atención de todos a costa do esforzo dos demais.

A
min paréceme un tema interesante e entretido porque se le rápido e
porque é un tema que engancha, ademais intrigábame saber que é o
seguinte que ía facer o asasino e porque o pai de Silvia se atopaba
así mais quen era o asasino e a relación que tiña con Benavides.
Non
faria ningún cambio porque o libro é intrigante e engancha moito,
paréceme que está ben como está. Non cambiaria o final porque a
min gústame como conta Silvia todo o seu plan e como conseguiu
vingarse. A lingua pareceume fácil de entender porque o vocabulario
é sinxelo e lese rápido.
Gloria Bello Fraga (3º ESO)
Gloria Bello Fraga (3º ESO)
Este libro é un relato
moi bo para todos os lectores aos que lles guste o misterio, porque
hai que ir resolvendo o ritmo do libro para descubrir o misterioso
asasino, iso dálle curiosidade a esta narración.
Falando dos personaxes,
tamén podemos ver curiosidade neles, por exemplo, Silvia de entrada
no libro que parece unha aliada pero en realidade xa se viu que era
moi intelixente, tíñao todo controlado e planeado para a súa
vinganza contra o profesor, como dixen paréceme unha persoaxe
bastante intelixente e ao mesmo tempo coa suficiente frialdade como
para cometer eses crimes como se nada.
Pola contra Benavides, o
profesor, este personaxe, ten a súa imaxe de loitador porque loita e
loita en buscar o asasino sen parada, pero isto facíao para ser un
heroe, parece un busca famas, e deixado este carisma de policía,
Benavides fora o que lle roubara a gran idea ao pai de Silvia, o cal
non puido facer xustiza pola seu problema de saúde mental.
O pai de Silvia, este
personaxe está cheo de rabia pese a ter enfermidade da cabeza, unha
rabia que ten con razón todo hai dicilo.
Eu recomendo este relato
polo misterio e curiosidade que conten nel.
Daniel Martínez Calvo
(3º ESO)
Esta novela gustoume moito pero non me esperaba que Silvia fora a asasina, porque eu pensaba que o axudaba para ganar algo, por iso non me esperaba que fora ela.
Esta novela gustoume moito pero non me esperaba que Silvia fora a asasina, porque eu pensaba que o axudaba para ganar algo, por iso non me esperaba que fora ela.
O
momento máis importante pareceume cando os policías arrestan a
Benavides, e Silvai declara para metelo no cárcere. O que menos me
gustou foi que Silvia fora a asasina.
Cambiaría
o final para que Silvia lle fixera un trato a Benavides, para que o
seu pai recibira os méritos do que fixo aínda que non o recordara
pola enfermidade.
Silvia
pareceume unha rapaza pensadora, moi lista e moi boa matemática.
Benavides pareceume que non debía facerlle caso ao correo que lle
mandaron, e non debía apoderarse dos méritos que non merecía por
iso paréceme que merece ir ao cárcere aínda que non matara os
rapaces.
Recoméndoo
porque un libro moi interesante, cando empezas ata que acabas non
podes paralo de ler ou polo menos a min pasoume iso.
David Louro Rey (3º ESO)
Este libro gustoume moitísimo, pareceume un relato moi chulo e interesante, é un libro moi facil de ler, e que engancha moito. Ao principio non se sabe moi ben de que trata, se vai ser todo o tempo así, nin sequera quen son os personaxes pero logo de ler 2 ou 3 capítulos xa se entende mellor e lese moi rápido.

momento máis importante do libro paréceme que é cando Silvia conta
a historia de seu pai con Benavides, e cando levan detido a
Benavides, por atopar imaxes de cadáveres no seu despacho.
O
meu personaxe favorito era Silvia porque era moi lista e rápida
pensando, para que Benavides non a pillara.
O
final encantoume, tan só cambiaría unha cousa e é que Benavides ao
final case lle dera tempo de saber quen era o asasino pero non lle
dera tempo, e aínda que el dixese que el non era, pois que ninguén
o crese e fose ao cárcere, e que un día Silvia fose visitalo e que
lle dixese que fora ela, para vingarse polo de seu pai.
Recomendaría este libro a todo o mundo porque é moi chulo.
Pablo Couselo Noya (3º ESO)
O libro gustoume bastante porque ten unha historia entretida e causa moita intriga e interese. O máis emocionante é cando loitan por saber o misterio que ocultan os cadáveres. Como cando se dan conta de que un cadáver está colocado na postura do Home de Vitruvio, e con iso saben que ao asasino lle gustan as matemáticas.

momento máis importante do libro foi cando descubriron a primeira
pista, porque a pesar do que tardaron, non se renderon e seguiron
adiante. Fíxoseme un pouco aburrido no momento no que hai
descricións moi longas pero gustoume como usan as matemáticas no
libro.
Non
lle faría ningún cambio porque todo o que ocorre está xustificado
na historia do libro. O final da novela foi inesperado porque non
pensei que o asasino fose o profesor e sorprendeume.
A lingua do
libro é moi sinxela xa que non ten moitas palabras difíciles nin
malas de entender prestando atención ao contexto.
Adrián
Gándara Reboredo (3º B)
Book tráiler (LXVI): "Xelís, o guieiro das botellas de mar", de Rosa Aneiros. Realizado por Érika Grela Bello
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Xelís,o guieiro das botellas de mar,
de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide (col. Merlín.
Xerais, 2019). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 1º ESO,
CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (LXV): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Alfredo Martínez Costa
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Fred
Quincalla, o nómade do mar,
de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col.
Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Alfredo
Martínez Costa, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
mércores, 3 de xuño de 2020
Book tráiler (LXIV): “Vampira de biblioteca", de Ledicia Costas. Realizado por Román Otero Sande
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Vampirade biblioteca,
de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín.
Xerais, 2020). Realización youtubeira: Román Otero Sande, 1º ESO,
CPI Viaño Pequeno (Trazo)
luns, 1 de xuño de 2020
Book tráiler (LXIII): "Xelís, o guieiro das botellas de mar", de Rosa Aneiros. Realizado por Brais Montaos Dubra
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Xelís,o guieiro das botellas de mar,
de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide (col. Merlín.
Xerais, 2019). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra, 1º ESO,
CPI Viaño Pequeno (Trazo)
luns, 25 de maio de 2020
Conta de Libros (XXXV): Lección de teatro case sen pernas (Comedia tal vez macabra), de Xavier Lama
Lección de teatro case sen pernas (Comedia tal vez macabra). Xavier Lama. eDixital, 2013.
Dende a miña opinión esta obra
pareceume moi estraña, pero aínda así recomendaría lela, xa que é
entretida e bastante graciosa ás veces.
Para min o momento máis importante da
obra, e creo que o será para todos, é cando o actor descobre que
realmente non lle están amputando nada, senón que só estaba
soñando, que todo fora irreal, porque sinceramente non mo esperaba.
Esperábame un final moi tráxico, no que o actor acabase morto, ou
sen extremidades.
Como xa comentei o tema é moi estraño,
un actor que intenta mellorar. Para iso o profesor, o que fai é
cortarlle partes do corpo, para que a interpretación lle saia de
dentro.
Non lle faría ningún cambio a verdade
está moi ben, como moito engadir algo máis de historia, porque é
moi curta, bastante, cousa que tamén a fai máis levadeira a hora de
lela.
O final paréceme moi axeitado, xa que
ademais de non esperalo, é un bo final, e dicir é un final feliz, e
normalmente sempre son os mellores.
A linguaxe da obra non é para nada
complicada de ler, é moi normal, ademais empregan insultos e fai que
sexa máis graciosa a hora de ler.
Persoalmente esta obra non é das que
máis me gusta, pero cabe dicir, que está bastante ben, tendo en
conta que ten un tema graciosa, e é moi curta.
Ahinoa Rodríguez Antelo (4º ESO)
Book tráiler (LXII): "Leonardo e os fontaneiros", de María Victoria Moreno. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Leonardo e os fontaneiros,
de María Victoria Moreno (col. Árbore. Galaxia, 2017, 2ª ed.).
Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
Book tráiler (LXI): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Fred Quincalla, o nómade do mar,
de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col.
Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Jorge
Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 19 de maio de 2020
Book tráiler (LX): “Vampira de biblioteca", de Ledicia Costas. Realizado por Érika Grela Bello
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book tráiler da novela Vampira de biblioteca,
de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín.
Xerais, 2020). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 1º ESO,
CPI Viaño Pequeno (Trazo)
luns, 4 de maio de 2020
Conta de Libros (XXXIV): Historia de María atrapada. Pequeno tratado de amor precipitado, de Roberto Salgueiro
Historia de María atrapada. Pequeno tratado de amor precipitado. RobertoSalgueiro. Cadernos de Teatro. eDixital.
Esta
obra de Roberto Salgueiro conta unha historia onde, os protagonistas,
o único que desexan é atopar o amor. Non obstante, non todos
entenden o mesmo por esta palabra, o que dá lugar a un tráxico
final. A acción sucede na parada dun autobús en menos dunha noite,
unha xenial escena para cometer un crime.
Os
personaxes deste libro son tres: unha muller e dous homes. Tres
personaxes moi antagónicos cun mesmo obxectivo, viaxar a París, a
cidade do amor.
En
canto ao desenvolvemento da obra, non faría ningún cambio. Ao
primeiro é difícil asimilar o que les, xa que o tema non é cotián
e esaxérase todo para facer unha crítica. Non obstante a súa
lectura é moi amena, sinxela e mesmo divertida.
Persoalmente
gustoume o final e non lle faría ningún cambio, sendo, para min, o
momento máis importante da obra.
Os
diálogos desenvólvense cun vocabulario sinxelo e coloquial moi
comprensible.
Recomendaría
esta lectura porque é moi rápida e sinxela e, sempre é bo ler
cousas novas, coma unha peza de teatro.
Paula
Noya Redondo (4ºESO)
Esta obra non me gustou tanto coma outras que lin. Creo que é moi monótona, xa que sempre é o mesmo e fíxoseme aburrida. É entretida pero non divertida.
O momento máis importante para min, foi cando estaban na cabina ao final, facendo o amor e ao mesmo tempo María estaba chamando a outra persoa, poida que fose o seu ex. O momento con máis interese foi cando o primeiro home contou a súa historia amorosa con Benedicte.
Os personaxes están ben, María é o meu preferido aínda que os homes tamén me gustaron. Non é unha obra con moito interese, xa que sempre fala do mesmo tema, mesmo ás veces chega a ser pesada e repetitiva.
O final gustoume e non o cambiaría porque é un final tráxico, sen dúbida o mellor desta obra. A lingua é fácil.
É unha obra, en xeral, fácil e rápida de ler. Non a recomendo, polo que dixen anteriormente, algunhas veces fáiseme repetitiva e pesada.
Alba Rey Brea (4º ESO)

Conta de Libros (XXXIII): Matanza, de Roberto Salgueiro
Matanza. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña
Persoalmente
gustoume este libro porque me pareceu moi entretido e mesmo
divertido. Trata un tema interesante e fai reflexo dunha sociedade
consumista e chauvinista, na que a xente só mira a súa xenialidade
para sobrevivir por enriba dos demais.
Os personaxes descríbense
coma porcos, ao igual que falan da realidade que os rodea con
símiles dos costumes destes animais. As personalidades dos dous
irmáns son antitéticas e, na miña opinión, están moi ben
caracterizados.
No
desenvolvemento non faría ningún cambio, pero tería máis en conta
unha pequena escena que se ve ao final onde o pai dos protagonistas
lles berra por durmir coa luz acesa e acaba pegándolle á nai. Paréceme unha escena moi
importante porque, á parte de darlle portada ao libro, tamén é unha gran crítica.
O
momento máis importante pareceume o final, o cal me gustou moito xa
que dá un xiro drástico. Vemos como á hora da verdade o sensible
se mantén forte e orgulloso mentres que o que non tiña medo remata chorando.
O libro emprega unha
linguaxe moi coloquial e sinxela de comprender.
Paula Noya Redondo (4º ESO)
Persoalmente teño que admitir que me gustou moito esta obra de teatro, pareceume moi graciosa e orixinal. Trata un tema interesante e creo que non hai moitas obras máis cun tema así. Que os personaxes sexan só dous porcos engádelle algo de curiosidade para o lector, e dan ganas de lela.
O desenvolvemento da obra paréceme interesante e ao fin acabase facendo moi curta, dá a sensación de que realmente non está contando nada do corta que é, a isto tamén axuda que sexa unha obra de teatro, xa que son máis fáciles de ler. Non lle faría ningún cambio á obra en si, como moito utilizaría unha linguaxe menos bruta, xa que non soe aparecer ese tipo de linguaxe en moitas obras, aínda así, isto dálle un toque atraínte, e ademais é moi fácil de entender, xa que todo o mundo emprega esas palabras.
Creo que a obra non ten un momento que destaca máis, todo me gusta por igual. Recalcaría como máis importante as charlas profundas entre só os dous porcos, xa que me parece moi interesante ver a percepción que teñen da vida, que é moi distinta.
O final creo que é moi esperado tendo en conta que a obra transcorre nun matadoiro, e que os personaxes principais son dous porcos e un matachín. Estaría ben que fose algo menos esperado, que tivera un xiro dramático que ninguén esperase, creo que ese é o único fallo que lle encontro, dende a miña opinión a esta obra.
Recoméndoa un montón, porque ademais de ser interesante e entretida lese moi moi rápido, e normalmente iso atrae a xente a ler.
Ahinoa Rodríguez Antelo (4º ESO)
Paréceme un bo libro, non é dos meus favoritos máis aínda así gustoume bastante.

O momento máis
importante do libro na miña opinión foi cando os dous irmáns nunha das escenas finais se
confesan as súas debilidades e os seus temores á morte. Debido a
que nese intre é cando conectan amizosamente, chegan ao punto de
encontro onde por fin deixan de rifar un co outro e se entenden.
A
dicir verdade pareceume un tema do máis curioso e á súa vez interesante xa que non comprendín ao cen por cen o dos
sacrificios, máis aínda así estivo entretido.
De seguro cambiaría
un pouco o tema dos personaxes, persoalmente creo que nesta historia
se deberían ver máis personaxes, coma os homes que agarran a un
irmán cando é sacrificado ou incluso ao organizador da matanza,
cando a matachín di: “Son ordes e nas podo cuestionar”, quedei
con esa intriga mais deduzo
que sería o xefe de goberno posiblemente.
Non cambiaría o
final, de feito eu tamén xa os deixaría morrer.
A lingua non foi difícil, obviamente algunhas das palabras non as comprendín mais si que entendín perfectamente o resto.
Mirian Otero Sande
(4º ESO)
Esta obra do autor Roberto Salgueiro gustoume moito. É a primeira vez que leo unha obra de teatro súa mais penso que non vai ser a última. Normalmente non me soen gustar este tipo de obras, mais esta sen dúbida encantoume.
O momento máis importante do libro creo que foi cando os dous porcos intentan negociar co matachín xa que esa parte pareceume surrealista, é dicir, polo porco 2 xa que o primeiro porco pide que o deixe marchar pero o 2 pide unha “puta”, unha botella de viño, música… e quedei asombrada.

Matanza
ten un vocabulario moi fácil de comprender, pero iso non é o que
máis chama a atención, non, o que máis chama a atención é a súa
maneira de falar, tan vulgar e picante, sobre todo o falar do Porco
2, e iso gústame, gústame este tipo de vocabulario xa que non é
moi común na literatura, fai que o lea máis rápido e iso é bo.
Tamén me gusta porque os adolescentes adoitamos empregar este tipo
de vocabulario, ó mellor non tan bruto pero si parecido.
É
un libro que te engancha e te fai rir, ademais de ser moi curto.
Malia
que só hai 3 personaxes, esta obra non é nada aburrida, cada un ten
un papel importante e que achega diversión e tristeza á vez.
O
meu personaxe preferido dos 3 é o Porco 1, non é como os demais
porcos, ten outra maneira de pensar e de actuar e iso gústame, o
diferente está ben.
Este
é un libro de teatro que sen dúbida recomendo e que non te
arrepentirás de lelo. Recoméndoo se queres pasar un bo momento e
rir un pouco coa historia destes porcos.
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
Leticia Añón Guerra (4º ESO)
O momento máis importante do libro creo que foi cando os dous porcos intentan negociar co matachín xa que esa parte pareceume surrealista, é dicir, polo porco 2 xa que o primeiro porco pide que o deixe marchar pero o 2 pide unha “puta”, unha botella de viño, música… e quedei asombrada.
Creo
que o tema estaba moi ben, era divertido e ao mesmo tempo dramático,
porque o que acontecia era algo dramático, pero os personaxes como
que lle daban un toque gracioso cos comentarios que estes facían
nalgunhas ocasión.
A
acción dramática que transcorre considero que está moi ben, só
que creo que tería que estar explicado dunha maneira que enganchara
igual pero sen empregar tantos palabróns como usan.
O
final considero que está ben pero creo que lle metería máis
cousas, é dicir, que se apreciara ben que ao porco o mataron, pero
considero que está ben.
E
a lingua é sinxela de comprender, hai algunas palabras que ao mellor
non se entenden pero se lle dás algunha volta creo que lle sacas o
significado ben polo contexto.
Gloria
Pena Gutiérrez (4º ESO)
Esta obra teatral gustoume, pareceume entretida e divertida. É difícil parar de ler, a min enganchoume bastante. Como xa dixen, é entretida e divertida pero á vez é interesante.
Esta obra teatral gustoume, pareceume entretida e divertida. É difícil parar de ler, a min enganchoume bastante. Como xa dixen, é entretida e divertida pero á vez é interesante.
Para
min o momento máis importante é ao final cando volve o matachín
despois de matar ao porco 2. Este era un porco que non lle tiña medo
ningún á morte, tiña xa moi interiorizado que o final dos porcos é
que os maten, ao contrario que o porco 1, que quería morrer de
vello.
Na
miña opinión os diálogos máis graciosos son cando o porco 2 lle
pide ao matachín unha botella de alcol, unha puta e a canción Love
me. O momento máis interesante foi cando o porco 1 contou como
fora o día no que se inscribiu ao Conservatorio, que á súa vez foi
gracioso.
Os
personaxes gustáronme moito, sobre todo o porco 1, era serio e
sensato. O único cambio que faría é o final, non me gustou moito.
A linguaxe foi bastante fácil. A obra en si foi fácil e rápida de
ler. Recoméndovola!
Alba Rey Brea (4º ESO)
Alba Rey Brea (4º ESO)
luns, 23 de marzo de 2020
Conta de Libros (XXXII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo
O momento máis interesante foi cando na historia a Loba, ao final, que arderan os tres queimados porque é chocante que un bebé pequeniño morra queimado.
A mellor perxonase para min foi a vella porque era o demo e tamen parecía unha bruxa porque quitaba órganos e todo.
O tema é variado, porque este libro narra catro historias totalmente distintas, entón á lora de ler é un pouco enredante, pero en xeral todas as historias son interesantes, gustáronme ben.
Está ben desenvolvido porque conta o que vai pasando, non cambiaria nada porque a verdade gustame como está estruturado.
O desenlace estivo ben nas catro historias, pero o da Loba cambiaríao porque é moi drástico para o meu gusto.
O vocabulario destes relatos está ben porque se entende todo a perfeccion.
Recomendaría o libro para a xente que lle guste ler contos breves e tamén está moi ben para as persoas ás que lle guste o misterio, pois tamén é de medo.
Daniel Martínez Calvo (3º ESO)
Daniel Martínez Calvo (3º ESO)
venres, 20 de marzo de 2020
Conta de Libros (XXXI): Recinto gris, de Ledicia Costas
A
min o libro gustoume moito, pois é entretido de ler. A parte da
historia que máis me gustou é cando planearon saír do recinto
porque lles custaba facelo xa que o recinto gris estaba ben protexido
polos lobos que sempre os vixiaban.
O
meu personaxe favorito foi Nube porque é quen lle oculta cousas aos
lobos. E os personaxes que menos me gustaron foron os lobos xa que
eran personaxes planos.
Non
faría ningún cambio porque o relato estivo moi ben organizado, non
se me fixo nada repetitivo.
O
principio do libro é unha parte moi importante porque introduce a
historia e o final gustoume porque é cando os diferentes personaxes
intentan saír do recinto.
O
vocabulario non é difícil de entender e sempre se sabe polo
contexto o que pasa na historia.
Recomendaría
o libro porque é fácil de entender, é divertido e sempre estás
enganchado á historia e non se che fai moi longo.
Andrés
Dafonte Varela (3º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)