Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 4 de abril de 2014

«Carta aos nenos do mundo» de Siobhán Parkinson, a mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2014 traducida por Concha Blanco


A fermosa «Carta aos nenos do mundo» de Siobhán Parkinson foi a mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2014 e Concha Blanco foi a escritora galega convidada pola OEPLI para versionar na nosa lingua o texto orixinal.

A mensaxe asinada pola escritora irlandesa Siobhán Parkinson foi divulgada polo Consello Internacional sobre Literatura para as/os Xoves (IBBY) para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, coincidindo co día do aniversario do escritor dinamarquês Hans Christian Andersen.

«Carta aos nenos do mundo» de Siobhán Parkinson

Os lectores, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias – De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?

Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e brisas e palabras. Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza.

Por suposto que todo o mundo ten imaxinación: sen ela, non seriamos capaces de soñar. Porén, non toda imaxinación ten as mesmas cousas dentro dela. Probablemente, a imaxinación dos cociñeiros conteña na súa maioría sabores, da mesma maneira que a imaxinación dos artistas conterá sobre todo cores e formas. A imaxinación dos escritores está principalmente chea de palabras.

Para os lectores oíntes de historias, as súas imaxinacións tamén se nutren de palabras. A imaxinación dun escritor traballa, dá voltas e dá forma ás ideas, aos sons, ás voces, aos personaxes e aos acontecementos ata convertelos nunha historia; esta historia non está composta doutra cousa que non sexan palabras, batallóns de garabatos desfilando polas páxinas. Entón ocorre que, de pronto, chega un lector e eses garabatos cobran vida. Seguen estando na páxina, seguen parecendo garabatos pero tamén están choutando na imaxinación do lector, e este dá forma e fía as palabras para que a historia agora teña lugar na súa cabeza, como tivo lugar na cabeza do escritor.

Este é o motivo polo que o lector é tan importante para unha historia como o é o escritor. Só hai un escritor para cada unha delas, pero hai centos ou miles ou incluso ás veces millóns de lectores de historias, que len no mesmo idioma que o do escritor ou que quizais ata lean traducións en moitos outros idiomas diferentes. Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir.

Todo lector dunha historia ten algo en común cos outros lectores desa mesma historia. Separadamente, aínda que tamén dalgunha maneira xuntos, eles recrearon a historia na súa propia imaxinación: unha acción que é tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.

É, posiblemente, o que os humanos fan mellor.

Seguide lendo!

xoves, 3 de abril de 2014

Igualdade entre mulleres e homes: pasos adiante

Empresarios nórdicos no entrarán a las juntas y consejos si no hay mujeres

En Suecia, la campaña fue lanzada en noviembre del año pasado por tres hombres, apoyados por la organización Equalisters

 Un grupo de empresarios escandinavos han decidido decir “no gracias” cuando los invitan a reuniones en las que no hay presencia de mujeres, como una forma de protesta contra el sexismo.

En Suecia, la campaña fue lanzada en noviembre del año pasado por tres hombres , apoyados por la organización Equalisters con el hashtag #tackanej. Han logrado más de 200 firmas, que van desde personalidades de los medios más populares, incluso académicos y empresarios de éxito. En Noruega la campaña, incluye el hashtag #TakkNei. La lista de los firmantes de Noruega está creciendo, hasta ahora han firmado abogados, consejeros delegados de escritores y políticos. (...)

“Es hora de que nosotros, los hombres demos un paso atrás y que las compañías se den cuenta de cómo los beneficios de la igualdad no sólo por la justicia, sino como una ventaja competitiva real para las empresas y organizaciones. Se habla mucho de la igualdad de género, pero nosotros decidimos hacer algo al respecto”, dijo Fredrik Wass , cofundador #TackaNej .



Aquí o artigo completo

xoves, 27 de marzo de 2014

Día mundial do teatro: revisando a "utilidade" das artes escénicas

En este mundo de poder desigual, en el que distintos órdenes hegemónicos intentan convencernos
de que una nación, una raza, un género, una preferencia sexual, una religión, una ideología, un marco
cultural es superior al resto, ¿se puede realmente defender la idea de que las artes deberían apartarse
de las agendas sociales?

Nosotros, los artistas de escenarios y ágoras, ¿nos conformamos con las demandas asépticas del
mercado, o utilizamos el poder que tenemos: para abrir un espacio en los corazones y las mentes de la
sociedad, para reunir gente a nuestro alrededor, para inspirar, maravillar e informar, y para crear un
mundo de esperanza y colaboración sincera?


Brett Bailey.

Fragmento do Manifesto no Día Mundial do teatro de 2014.  

(Aquí o texto completo e máis información sobre o autor)

Dúas caras da igualdade

Debido a un exceso de traballo, exámenes por poñer, corrixir.... a semana pasada non colgamos a habitual noticia dos xoves igualitarios, así que hoxe, imos con dúas por unha.

En primeiro lugar, queremos invitarvos a coñecer a historia de Mercedes, unha muller traballando nun mundo de homes, unha mostra de que aínda que sexa paseniñamente, a desigualdades están a mudar:

 Mercedes Quispe tiene 40 años y actualmente vive en Alto Sopocachi. Aprendió a conducir a los 15 años. "Siempre quise ser conductora”, reconoce la trabajadora que ha dedicado los últimos seis años a manejar un taxi. 
Por eso conoce a la perfección las principales carreteras, así como las dificultades que se presentan en las vías de circulación de la ciudad. "Conducir el PumaKatari es casi igual que manejar un taxi, aunque por las dimensiones del bus lo más complicado es cuando me encuentro con vehículos mal aparcados en las esquinas”, cuenta.
Aquí a historia completa


En segundo lugar, a demostración visible de que a loita continúa, as mulleres seguen a ser minusvaloradas, e de xeito violento e visible, cada día.

Aquí a historia de Nadia:

“Cuando tenía 8 años vivía tranquila con mi familia. Pero cuando empezó la guerra una bomba explotó en nuestra casa y quedé herida. Durante dos años estuve hospitalizada y, en ese tiempo, se instauró el régimen talibán. Al salir del hospital me enteré de que las mujeres no podíamos trabajar. Un día, mi hermano salió a comprar comida pero no regresó, lo mataron en la calle las fuerzas militares. Fue entonces cuando compré ropa de hombre y empecé a buscar trabajo.”

Quien habla es Nadia Ghulan Dastgeer, una joven afgana de 21 años que, desde que los talibanes llegaron al poder en 1996, se ha visto obligada a vestir de chico para poder trabajar y ganar el dinero con el que mantener a sus padres enfermos y a sus hermanos pequeños. En todo este tiempo, Nadia ha trabajado en una granja, ha cavado pozos y ha reparado bicicletas, pero siempre vestida de chico y con una identidad que no era la suya.

Aunque hace algunos años que cayó el régimen talibán, la realidad para las mujeres en Afganistán no ha mejorado demasiado. En todos estos años, Nadia ha querido recuperar su identidad pero no lo ha hecho por temor a que la gente la reconozca debido a las cicatrices y su cara desfigurada, provocadas por la bomba que cayó en su casa cuando era pequeña.

martes, 25 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLVII): A desaparición de Evelyn, de Xulio Ricardo Trigo



O libro en xeral gustoume, pero fíxoseme un pouco difícil de ler, porque hai saltos no tempo grandes. Tamén porque corta a historia e a remata máis adiante o que fai que se confundan cousas. É un libro que ten moitas descricións, e é algo que non me gusta demasiado. 

A parte que máis me gustou foi o final porque te ten en tensión ata que sabes o que acontece con Evelyn. 

É un libro fácil de ler con respecto ao vocabulario, xa que non hai moitas palabras que descoñecera. 
Cambiaría a maneira na que contan a historia porque se fai algo liosa. Recomendaríao pero léndoo con calma para non mesturar datos.

Marta Otero Ramas (4º ESO)

Balda de Libros (XLVI): Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo



Este libro pareceume moi interesante, xa que fala dos autores da Xeración Nós. Sempre é bo saber sobre aqueles homes que defenderon a súa lingua con moita honra.

O final está moi ben por min non llo cambiaría, é un libro moi dificil de ler, xa que tes que tes que estar moi concentrado para poder comprendelo.

Non me gustou moito cando Adrián está en Francia porque fala moito da cultura,da arquitectura e dos lugares que percorre coa Marquesa.

Tiven que poñer moita atención porque senon liábame pero encántame afrontar estos retos porque me enriquecen moito o dominio da lingua galega e sobre todo interésame moito pola crise que pasou esta lingua materna de Galicia.

Luisa Fernanda Marin Echeverri (4º ESO)

Balda de Libros (XLV): Pacto de sangre, de James M. Cain


A min persoalmente este libro gustoume, aínda que ao principio as cousas non cadran, e dan ganas de deixar de lelo, pero en canto empezan as sorpresas veñen todas xuntas. 

O que non me gustou moito foron os diálogos, porque son moi longos ou moi curtos, e ademais a maioria das veces non te enteras de quen está falando xa que non pon o autor cousas coma "E díxome" ou expresións que che indiquen quen poida tar a falar. 

Polo resto a mín o linro gustoume e recoméndollo a quen lle guste o suspense.

Brais Rey Calviño (4º PDC)

Balda de Libros (XLIV): Amigos robots, de Isaac Asimov



Este relato está muy bien porque es corto, fácil de leer, es un cuento de ciencia ficción, habla de robots y de coches que se valen por si sólos.

A mi me gusta mucho porque habla de coches que andan sólos y eso en mi mente es el futuro. El primer relato cuenta la historia de un robot que es amigo de una niña y eso es muy bonito porque la amistad es algo muy serio y esa niña era muy amiga del robot.

No me gustó nada que la niña no tuviera más amigos que el robot porque hay que relacionarse con otros niños.

Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)

venres, 21 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLIII): Os escuros soños de Clío, de Carlos Casares


Os escuros soños de Clío, Carlos Casares, Galaxia

Os escuros soños de Clío é un libro que contén unha historia diferente en cada capítulo. Son curtos. E creo que están relacionados en que todas as historias son de tempos medievais e pretéritos. De feito, na maioría deles, están falando sobre o reinado de Fernando VII e o absolutismo. Das batallas entre os liberais e os absolutistas, que case sempre acababan gañando os absolutistas, é dicir, o rei Fernando VII.

Hai relatos que o tema está moi interesante e que é fácil de ler. En cambio outros, é moi difícil seguir o tema, xa que non se entende gran cousa. De feito, había veces que me daba a sensación que o relato tiña vinte páxinas, tendo cinco ou catro.

Aínda así, o meu profesor de lingua galega afirmoume que este libro era moi fácil de ler, pero xa sabedes, para gustos, cores.

Belén García Lijó (4º ESO)

Balda de Libros (XLII): Papaventos, de Xavier Queipo



Este libro pareceume bastante bo, aínda que senón tivera tantas descricións estaría moitísimo mellor, pero do longas que eran as descricións, había veces que non dabas seguido a lectura.

Na miña opinión é un pouco exótico este libro, porque a min non me interesan os detalles de cómo fan o amor o noso protagonista Francis coa súa noiva Rose. Porque o comezo do libro contén varias páxinas que son todas así, da noite que pasaron no piso de Francis que está á beira do mar.

O que máis me gustou foi o final, porque non te esperabas que Francis morrera afogado nunha praia da súa terra natal, Galicia, e moito menos estando o mar calmo. O libro é bastante fácil de ler pero tamén é algo longo.

Belén García Lijó (4º ESO)

xoves, 20 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLI): Ciclo Bis, de David Duran



Este libro en general me gustó mucho, ya que refleja muy bien los problemas de l@s jóvenes adolescentes, la menstruación, el aspecto físico y muchos temas más.

La parte que más me gustó fue en la que aparece la genia por segunda vez y ella duda de ser o no chica, duda de ella,  para mi que no tiene seguridad de si misma y eso es una parte de la personalidad que la debería tener todo el mundo. Ella no se siente segura de si misma, de su cuerpo, está siempre pensando en lo que dirán de ella, de como reaccionará la gente frente a lo que ella haga, pero al final si parece que si sabe lo que quiere, que se equivocó en lo que dijo, y que debería pensar más antes de decir las cosas.

Tal vez lo que criticaría de este libro es que le falta intriga, algo que te lleve a empezar a leer y leer y no parar, creo que el escritor lo tuvo presente pero no terminó de conseguirlo.

Es un libro que recomiendo, especialmente a los del primer ciclo de ESO, ya que les hará reflexionar y quererse tal y como son y aprender a mirar el lado positivo de las cosas.

Alba Docampo Noya (4º PDC)

A mí este libro al principio no me gustó mucho, pero después me enganchó porque contaba cosas muy chulas que le pueden pasar a una persona teniendo los dos sexos, o sea, pudiendo cambiar cuando uno quiera porque de eso va el relato, de una niña que desea ser chico y se le aparece una hada que le cumple el Ciclo Bis, que es que puede cambiar de sexo todas las veces que quiera.

Yo lo leí muy rápido, porque al ser un libro muy cortito la lectura se entiende muy bien, lo que sí me gustó mucho es que las mujeres hablan en el cuento como los hombres. Hablan del sexo y de esas cosas porque es algo natural y no pasa nada porque las mujeres hablen de esas cosas.

Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)

Balda de Libros (XL): Matar a un ruiseñor, de Nell Harper Lee



Me gusta mucho como muestra la situación en la que vivían y hace ver como trataban a los negros por ser negros.
También me ha gustado mucho que mostrase a Hitler en el libro y que a los estadounidense les molestase lo inhumano que era Hitler cuando ellos hacían "lo mismo" con los negros. 
El final es la parte que más me gusta porque es cuando muestra a Boo y por fin  Scout pudo hablar con él y comprender porque tenía ese modo de vida.
Es un libro fácil de leer. El vocabulario no tiene ninguna dificultad.
Recomiendo leer este libro a todo el mundo porque es bonito y te enseña la situación en que vivían las niñas, y como se tenían que comportar por el hecho de ser mujer, también porque muestra lo injusta que eran las personas con los negros.

Iria Fajín Casas (4º PDC)

Balda de Libros (XXXIX): La guerra de mi hermano, de Jordi Sierra i Fabra


La guerra de mi hermanoJordi Sierra i Fabra, SM

Este libro titulado La guerra de mi hermano está bien para leerlo, ya que trata de una guerra y porque te enseña a vivir como son las guerras desde otro  punto de vista.
Esta guerra comprendida entre dos hermanos está bien porque si tienes  hermanos te puedes poner en la piel de los personajes del libro y pensar lo que sucede y también lo que te podría suceder a ti.
Alguna cosa importante que sucede es que los dos hermanos van a comprobar cómo las guerras también estallan dentro de la familia.
Una escena que está bien es cuando Gabriel participa en manifestaciones contra la guerra en la que se va a ver envuelto Marcos.
Es fácil de leer porque empiezas a leerlo y luego te enganchas  a el, para ver lo que  puede suceder, etc.
Tiene  un lenguaje comprensible  ya que  casi no hay palabras  desconocidas.
Lo recomendaría leer porque trata  de hermanos de padres etc y uno se puede poner en el lugar de ellos para ver las cosas como suceden.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Balda de Libros (XXXVIII): A rutina corsaria, de Jaureguizar



Este libro a min persoalmente non me gustou moito dado que é un libro de ficción combinado cun libro de piratas e a min isto paréceme una mala combinación que non se debe facer. Tamén ten un final aberto, cousa que tampouco me gusta. Pero polo resto é bastante entretido.
A parte que máis me gustou é cando João se enfada co dono das mil mulleres dado que nunca as tocaba, foi una parte moi graciosa.
O libro non ten ninguna dificultade para lelo e a linguaxe é fácil de entender.
Eu recomendo este libro a persoas ás que lle gusten as historias polo entretidas que son e non porque teñan lóxica, porque se lle buscas a lóxica non lla encontras.

Tomás Beiras Rivas (3º ESO)