Neve en abril. / O grelo mecánico, Inma López Silva / Xoán Fernández García, Fundación Caixa Galicia
A dicir
verdade, ningún dos relatos do libro me gustou. O primeiro fala moito das guerras, e
en ocasións, chegábame a perder, e non sabía que estaba pasando. E no segundo
relato, tamén me perdín moitas veces, e ademais é un relato de ciencia-ficción,
que nunca me gustaron.
A escena
máis importante de ''Neve en Abril", penso que foi cando Manolo confesou
todo sobre o asasinato, xa que nese momento Elixio quedou tranquilo, e atáronse
todos os cabos que estaban soltos.
A escena
máis importante do segundo relato, penso que foi ó final, cando Tertuliano se
encontrou con Tchulopocho e con Pakopp. Xa que nese momento soubose toda a
verdade.
O tema, creo
que é triste en ambos relatos ,porque nos dous hai moitas mortes, e digamos que
ese non é un tema moi alegre.
Por suposto
que faría cambios, no primeiro conto quitaría o tema das guerras e en canto ó
meu novo final, penso que está mellor que o que ten o relato. E no segundo
conto, cambiaría todo o argumento, e falaría de cousas que foran cribles.
Con respecto
á lingua, tampouco foi un dos libros máis fácil de entender, porque tiven que buscar
moitas palabras no dicionario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario