Esta obra Animaliños gustoume moito xa que para o meu parecer é unha
especie de burla dos ricos que normalmente son os propietarios dos adosados xa
que o seu custo é elevado. Parécemo porque os ricos teñen fama de ser moi finos
e non saben desfacerse duns poucos caracois. Tamén me gustou o rexistro
lingüístico que empregan porque lle dá un ton humorístico á obra.
Eu metería máis intervencións dos caracois, contando dende dous puntos de
vista a historia; por unha parte dende os caracois que expresarían como están a
vivir a situación e o que lle fan os humanos, e outro dende os propietarios
como xa se fai.
E por último ampliaría o final contando o proceso que empregarán para
acabar coa praga con fumigadores, quitándoos un a un, ou como o fixeran, e o
resultado final contando como continuarían as vidas dos propietarios e sabendo
se El e Ela definitivamente terían un fillo ou non.
Damián Muíño Bello (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario