A min este libro gustoume bastante por varias razóns. Unha delas foi porque una muller nos tempos de antes, tamén podían facer o mesmo que os homes dentro dun barco. Tamén porque relata moi ben a historia e caracteriza moi ben aos personaxes.
O momento máis importante da historia para min foi cando Emilia foi co seu irmán a onde o comandante e el lle dixo que se súa irmá podía quedar no barco e o comandante lle deixou quedar no barco, porque sen ela non poderían levar a cabo a Expedición.
Eu non faría ningún cambio paréceme que a historia está moi ben así.
A lingua pareceume bastante fácil de entender aínda que había algunhas palabras que non entendía.
A min o libro pareceume un libro interesante no que se refire ao tema principal, é dicir a idea que a autora pensou para facelo. A verdade é que o libro che me gustou dabondo e a súa lectura era amena pero con momentos de máis interese que outros momentos.
O libro contén 3 partes que están ben difrenciadas que son: Introdución, Nó
e Desenlace. A parte que máis me gustou foi cando deciden converter a Emilia en
rapaz para que puidese ir á expedición, debido a que foi un momento no que pasa
de ser Emilia a ser Marcos.
O libro ten un vocabulario moi fácil de entender pero co transcurso do
libro van cada vez aparecendo palabras referidas a nomes de animais ou de
plantas que eu non entendía moi ben o seu significado, polo demais o libro ten
un vocabulario sinxelo.
Tamén me parece que se pode mellorar no sentido de que hai moitos persoaxes
e ás veces cando os nomean non sabes cal e a función de cada quen na historia.
Este libro recomendaríallo ás persoas que lle gusten os libros de aventuras
pero á súa vez libros fáciles, pero non por ser fáciles son peores que os
outros.
Iván Señarís Veiras (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario