A min este
libro gustoume moito, foi un dos mellores que lin ultimamente. Ó principio
pensei que non me ía gustar, porque polo título parecíame que ía sobre un neno
pequeno, pero ao comezar a lelo xa vin que non era así para nada, e enganchoume
dende o primeiro momento.
A escena
máis importante de todo o libro penso que foi cando Berta se puxo a falar
seriamente con Elia, porque se iso non sucedera, a rapaza non a aceptaría como
unha máis na familia, e vemos que ó final xa lle da igual que case con seu pai.
O tema penso
que é triste por unha banda, pero pola outra que é feliz. Penso que é triste
porque se fala moito da morte da nai de Elia, pero tamén penso que é feliz
porque dan o aspecto dunha familia feliz, onde predomina o amor fronte ás
desgrazas.
Non faría
ningún cambio, penso que está moi ben como está, e en canto ó novo final,
deixaría o que ten o libro, porque o meu é moi triste.
A lingua
pareceume moi fácil de entender, e aínda que había palabras que non sabía o
significado, sacábanse facilmente polo contexto no que estaban.
Ningún comentario:
Publicar un comentario