Gustoume moito a
historia porque mestura a realidade coa fantasía. Mestura o mundo real da vida
nunha aldea de Galicia e a busca do santo Graal, que foi moi importante na
corte do rei Artur na Bretaña.
A historia é moi
interesante e mestura a guerra contra os cabaleiros co amor de Galván por
Silvania, e os personaxes son moi pintorescos (cabaleiros, ananos, escravos…).
Dentro da fantasía
atopamos a realidade de Galván que vive na pousada e ás veces colle a moto para
ir visitar a Silvia, a rapaza da que se namora e viven moitas aventuras.
O que máis me
gustou deste relato foi o final, porque ten pinta de ser un final de película de
fantasía e de grandes cabaleiros da Idade Media que morren loitando nunha gran
loita para salvar o mundo e cousas así.
Este libro recomendaríallo a calquera
persoa que lle gusten os contos de aventuras e o amor, porque nesta novela abondan.
Diego Gutiérrez
Castiñeiras (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario