A min este libro gustoume moito porque era moi entretido, o
vocabulario era moi fácil de entender e está dividido en varios contos curtos.
O conto que máis me gustou foi "A carapuchiña e o pobo feroz", xa que lle dá unha volta ao que é o
conto popular, e tamén me gusta porque mostra como as persoas cambian
rapidamente para mal, e lle botan a culpa aos demais sen arrepentirse.
O conto que menos me gustou foi o de "Desviación de chamada", xa que me parece moi ridícula a discusión
que mantiveron, que tratou sobre que idioma van ter a conversa, xa que se
entendían dende un primeiro momento.
En xeral as historias eran entretidas. Outras das que me
gustaron son "Como o pato Donald" e "Os aforros da vella".
Este libro recomendaríallo a todas as persoas. Xa que á maioría das persoas lles pasou algo do que conta algunha destas historias.
Non lle faría ningún cambio xa que gustaron en xeral todos os contos.
Sandra Noya Redondo (4º ESO)
Este libro gustoume
moito xa que é o primeiro libro que leo deste autor, (Fran Alonso) e tamén me
pareceu moi interesante. Gustoume moito xa que en todos os contos deste libro
hai algunha persoa que non está ben da cabeza, diso penso que ben o título de Males de cabeza.
O relato que máis
me gustou foi “Desviación de chamada”, xa que ao principio a muller e o home
non se poñían de acordo para falar o mesmo idioma, ao final acabaron poñéndose
de acordo e resultou que a muller tamen sabía falar o galego, xa que a súa nai
era galega.
Neste libro non
faría ningún cambio xa que penso que está ben así sen necesidade deles.
A lingua é bastante fácil de entender xa que o vocabulario é coloquial
Sonia Pumar Muíño (4º ESO)
Este libro paréceme
un libro moi fácil de entender e rápido de ler, xa que cada historia ten
aproximadamente dúas páxinas ou máis. Aínda que ao principio non me gustaba
moito porque o contido de cada historia ten una serie de contradicións e non
acababas de entender a historia, pero seguino lendo e enganchoume bastante
porque moitas das historias son de humor.
Ten moita variedades de temas. Hai
historias de humor, de ficción, filosofía de vida e ata a morriña que sente o
protagonista de "Estou Tolo" por
Galicia. A historia que me pareceu máis humorística é a historia "Desviación de chamada", porque o
protagonista fai una chamada a una muller para facerlle unha entrevista pero a
muller contestalle cousas sen sentido ata que chegan a cambiar o idioma no que
falan. A que máis me gustou foi "Carapuchiña
e o pobo feroz" porque é una historia que mestura a fantasía coa realidade.
Recomendo este libro porque aínda que non che guste ler, coma min, engánchate e
pasáseche o tempo rápido.
Daniel González Iglesias (4º ESO)
1 comentario:
Ola:)
Este libro a min tamén me encantara! Sobre todo a historia da velliña que gardaba os cartos debaixo do seu colchón ou a historia da carapuchiña... nunca me imaxinaba que ía acabar así!!!
jajajaja
Publicar un comentario