Ao profesorado encántanos a creatividade e a orixinalidade do noso alumnado, así que publicamos aquí o relato "Todo é posible", de Carlos Dafonte Rodríguez (1º ESO), co que participou nun certame literario, aínda que non foi premiado entre as numerosas creacións presentadas de toda Galicia.
O noso premio é compartir convosco ese relato que ten un final moi tremendista. Velaí vai.
TODO É POSIBLE
Un día
nunha vila chamada Resmón naceu un neno moreno de pelo loiro e ollos azuis. O
neno chamábase Román.
Román ó
cumprir os 8 anos, aínda moi pequeno, xa tiña decidido que quería ser de maior.
Seus pais pensaban que estaba tolo pero o neno non se botaba para atrás.
Ó comezar o curso o neno estaba moi decidido para aprobar
todo e cumprir o seu soño.
O segundo mes de escola o neno tiña sobresalientes en todas
as materias e a súa familia estaba moi contenta co seu traballo. O neno seguiu
sacando 10, 10 e mais 10 ata acabar o curso.
Ó acabar o curso o rapaz pediulles a seus pais deixar os
estudos e e cumprir o seu soño. Os pais non moi convencidos dixéronlle que si e
o rapaz o día seguinte fixo as maletas e marchou para Trazo, vivir con súa tía
María.
Alí xa instalado empezou a dar voltas pola casa e encontrou
un cuarto cunha mesa e uns andeis. Á hora de comer preguntoulle a súa tía de
que era esa habitación e ela díxolle que era de cando seu pai era pequeno, que
tamén lle gustaba facer cousas como a el. O neno pediulle se se podía instalar
e súa tía deixoulle estar. Aí fixo todo o que el quería, diseccionaba animais,
facía experimentos…
Cando a súa tía morreu el tiña 20 anos e herdou todas as
riquezas. Cos cartos que lle deixou comprou cousas novas para o laboratorio de
alto nivel e fixo uns estudos nos que ó final tamén sacou sobresalientes en
todo.
O mozo con 23 anos e moitos cartos quixo encontrar a cura
contra o cáncer e construíu un laboratorio de 100 km cadrados para o que
contratou 100 traballadores. El tiña unha sala á parte na que ía cumprir o seu
soño: crear vida. Nel traballaba día e noite, ata que un día se lle ocorreu
unha cousa para acabar antes.
1º) Xuntar dous bloques de cemento.
2º) Ós lados dos bloques cubrindo toda a mesa poñer bolsas
cheas de auga.
3º) Colocar o morto encima da mesa. E por último poñerlle
electricidade.
O día seguinte puxo en práctica o experimento científico.
Estaba moi emocionado polo experimento, pero algo fallou e
esbourou todo e morreron todos.
Desde iso Román saíu da tumba e foi dar a Castelo, onde
nunha pedra fixo a súa cama, unha cunca e un ouriñal.
Os de Castelo botárono de alí porque daba moi
mala impresión e foi dar a Trasmonte, ao outro lado do río Lengüelle, onde lle
fixeron unha capela na súa honra e desde esa data alí celébrase o San Román.Carlos Dafonte Rodríguez (1º ESO)
1 comentario:
Oes, Carlos...estás feito un artista! :P
Publicar un comentario