A min o libro de
Arnoia, Arnoia pareceume interesante, pero algúns capítulos foron moi difíciles
de entender, como os dous últimos que tratan do final do libro, pero tamén
había capítulos moi bos e fáciles de entender, como o principio do libro.
O momento máis
interesante foi ó final aínda que era difícil de entender porque xuntaba moitas cousas. O final gustoume porque non me
espera que acabara desa maneira, foi moi inesperado, porque non cría que
Nmógadah ía a deixar de ser un príncipe segredo.
Recomendaríallo
ler a calquera persoa que lle guste ler, pero sobre todo ás persoas que lle
gusten ler libros de historias de príncipes e de aventuras.
En
xeral, o libro gustoume moito lelo, porque trata de aventuras e fantasía, e
gústanme moito as historias dese tipo.
Manuel Vázquez Noya (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario