Este libro
gustoume. Pareceume gracioso nalgunhas escenas coma a do restaurante italiano
(entre outras).
Polo xeral é un tema normal, dous amigos que un día deciden ir
xuntos facer unha visita pola Coruña. Creo que o momento máis importante do
libro é cando morre un dos dous protagonistas, xa que era moi inesperado que morrera
na costa abaixo antes de chegar ao seu pobo (Nebia).
Eu non faría ningún cambio
demasiado importante, probablemente cambiaría a última visita a aquel bar de
estrada o “Maika”.
E a Fandiño (amigo
do falecido e o outro protagonista), que non fose tan serio que só lle avisaba
ao seu amigo do mal que lle podería pasar. Pero o final do libro estivo
bastante ben engadindo tamén a morte e a chea que levaba Fandiño.
Os personaxes
estiveron ben, o meu favorito é Fandiño por ser tan precavido e pensar as
cousas antes de facelas, aínda que Pacho é un personaxe moi sinxelo,
compleméntase moi ben co seu amigo, sendo tan contrarios e á súa vez tan
iguais.
A linguaxe é
sinxela e comprensible, lese rápido e ademán é entretido.
Eu recomendaría ler
este libro, porque hai poucos que sexan tan abertos en temas que trata.
Mirian Otero Sande (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario