A min o libro gustoume xa que é fácil de ler e divertido.
A parte que máis me gustou da novela foi cando Laura Novo tivo pesadelos por
culpa da Gran Besta. A parte que menos me gustou do libro é o inicio xa que só describe e non pasa absolutamente
nada.
O personaxe que máis me gustou foi a Gran Besta, a pesar de que é un
personaxe psicolóxico e moi importante xa que é a antagonista da historia é sen
ese personaxe a historia non tendía sentido. A min pareceume que no libro hai
poucos personaxes principais e hai moitos personaxes secundarios.
O final podía
ser mellor xa que é un pouco sorprendente e os doutores da clínica non buscan a Laura Novo
cando desapareceu da clínica.
No libro non aparece un vocabulario difícil e é
fácil de comprender.
Eu recoméndolle este libro a todo o mundo sobre todo a quen lle
gusten as historias de misterio e terror.
Ningún comentario:
Publicar un comentario