Ola, chámome Ana
Cebey e hoxe vou falar sobre o libro A Cabeza de Medusa. O momento máis importante do libro pareceume
cando ocorre o de Mauricio e a pintada, para min foi moi emocionante e sempre
estaba en intriga.
En canto aos
personaxes, o que máis me gustou foi Sofía, xa que para min é unha persoa moi
valente. O que menos me gustou foi Vicenzo, o xinecólogo, porque non me deu moi
boa espiña cando convidou a Lupe a cear. Os pais de Lupe tampouco me gustaron
nada, deume a impresión de que non apoian á rapaza, cando debería ser ao revés,
xa que acaba de ser vítima dunha violación, mais sempre teñen medo de poñer a
denuncia. Cambiaría o final,
xa que acaba moi raro e non conta nada.
Recoméndolle este libro a todas e a todos, pois ten poucas páxinas e lese nun día ou dous. Ao principio é moi aburrido na miña opinión,
xa que falan moito do mito.
Considero que é un libro moi característico na
época na que estamos e na cal as mulleres sofren tantas violacións día a día.
Ana Cebey de la Torre (3º ESO)
A min este libro
gustoume porque a historia é moi entretida e porque fala dun tema moi importante,
as violacións que son cousas que pasan moi frecuentemente e moitas mulleres non
se atreven a denunciar por medo a que non as crean e que lle digan que son unhas
porcas como lle fixo Mauricio a Sofía e Lupe no baño das rapazas poñendo unha
pintada na que dicía que eran putas.
O momento máis
importante é cando despois de saír de festa as violen eses dous rapaces porque
a partir de aí é cando comeza toda a
historia e porque a maioría das
violacións ocorren así.
Eu cambiaría que aparecesen
máis veces os violadores e se falase máis do tema porque só se fala ao principio
e un poucoa o final, despois e todo da vida das rapazas sobre todo da de Sofía e
dos pais de Lupe.
Daríalle outro
final porque non se sabe se os violadores resultaron culpables ou os deixaron
libres, tampouco se sabe que pasou con Lupe oo volver a poñer a denuncia contra
eles e se Mauricio foi expulsado por facer a pintada contra Sofía e Lupe
Eu recomendo este
libro porque é interesante e entretido.
Gloria Bello Fraga (3º ESO)
O momento que máis me gusta foi cando
Sofía os quere levar ao xulgado porque sendo outros non o farían. Outro momento moi importante do relato foi cando Sofía e Lupe non quixo ir con Rubén e despois tiveron que ir obrigadas cos outros rapaces.
A personaxe que máis me gustou foi Sofía porque é a que fai todo o posible para defenderse da xente, e é moi atrevida, por iso me gusta moito.
Este libro é
moi interesante porque queres saber sempre o que lle vai pasar aos rapaces
.Cambiaría o final porque Sofía quita a denuncia e non tería que quitala, tería
que caer todo o peso da lei sobre eles.
Foi un final axeitado porque acabaron
todos ben, non houbo ningún que acabara mal.
Está escrito nunha lingua fácil de entender
porque non había case ningunha palabra que non se entendera. Recomendo
este libro porque é moi divertido pero triste á vez.
Martín Rivas Suárez (3º ESO)
Anxo Lamas Liste (3º ESO)
O libro A cabeza de Medusa gustoume moito xa que é un relato que é moi facil de ler e ademais é moi
intrigante e sempre tes ganas de seguir lendo o libro.
Esta narración ten un moi interesante contido porque nos axuda a reflexionar sobre o tema do maltrato e por se non o
sabiamos dámonos conta que o maltrato é unha cousa moi fea e absurda.
O personaxe de Lupe
non me gustou moito porque á hora de denunciar o sucedido dubidouno moito, en
cambio Sofía fixo todo o contrario e gustoume moito.
O final non me acabou de convencer, entón eu escollería un desenlace no que Sofía e Lupe se pensaran moito o da denuncia e ao final, como non, acabaran denunciando o sucedido.
Anxo Lamas Liste (3º ESO)
1 comentario:
Grazas Ana e Gloria! No meu twitter explico un pouco máis por que o libro é como é. Alégrome que vos gustase
Marilar
Publicar un comentario