xoves, 6 de marzo de 2014
Balda de Libros (XXVII): Criminal, de Xurxo Borrazás
Criminal, Xurxo Borrazás, Sotelo Blanco
Este libro en xeral gustoume moito,é un libro que desde a primeira páxina engancha, é coma se ao ler unha páxina tiveras que ler outra, e outra, e outra.
Talvez o que menos me gustou foi que ás veces volvía para atrás no tempo e habíase que fixar moito para non mesturar as historias.
A escena que máis me gustou foi na que aparece Carme, no seu tractor e fala con Chucho e mándao a tomar por saco, gustoume o simple feito de que estivera unha muller no tractor e non un home, qué é o que nos ensinan de pequenos, nenas con carrozas, nenos con tractores, pas, etc.
En xeral foi un libro moi sinxelo de ler sacando pequenos detalles e expresións que melloraría do autor, pero recomendo lelo, e sobre todo nestas idades, xa que reflicte moi ben o que pasa na sociedade hoxe en día.
Alba Docampo Noya (4º PDC)
Balda de Libros (XXVI): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre
A banda sen futuro, Marilar Aleixandre, Xerais
A min este libro gustoume moito aínda
que non ten un final moi feliz.
O momento que máis me gustou foi cando
Carlota quitou o pano diante de Moncho porque foi capaz de superar a vergonza
que tiña a causa da enfermidade que padecía.
Por outra parte, un dos momentos que
menos me gustaron foi cando Miguel pasa de Carlota. Pero o momento que máis
odiei foi cando a avoa lle di ao final a enfermidade que padece porque eu xa
tiña a ilusión de que ía ser un libro que tería (na miña opinión) un final
feliz. Este sería o único cambio que faría.
A
linguaxe foi fácil de entender. O tema deste libro para min é un pouco triste.Marta Veiras Noya (3º ESO)
Balda de Libros (XXV): Chamábase Luís, de Marina Mayoral
Chamábase Luís, Marina Mayoral, Xerais
Este libro
por unha parte gustoume, e pola outra non. O contido e a historia en si
gustáronme, pero despois a forma na que está feita non, xa que se repite moitas
veces a mesma cousa.
A escena
máis importante penso que foi cando morreu Luís. porque despois de tanto
sufrir, de tantos intentos de deixar o mundo das drogas, morreu, deixando dous
fillos sen criar, e a toda unha familia que no fondo, aínda que no demostrase,
o quería.
O tema
pareceume triste, porque no relato reflíctese todo o sufrimento da familia e
ademais hai moitas mortes polo medio.
Como ben
dixen antes no relato non faría cambios, pero na estrutura gustaríame que
contasen a historia dun xeito máis sinxelo, e sen dicir a mesma cousa vinte
veces.
En canto á lingua pareceume bastante fácil, aínda
que moitas palabras, como chocolate ou cabalo, nunca pensei que significasen o
que significan neste libro.Jennifer López Becerra (3º ESO)
Balda de Libros (XXIV): ¡Maldito DNI!, de Pepe Carballude
A min este
libro gustoume moito, xa que ademais de entreterme cando o estaba lendo, fixo
que me decatase que nesta vida sen o DNI, non se pode facer absolutamente nada.
A escena
máis importante penso que foi cando o axente parou a Olimpio e lle pediu o DNI,
xa que a partir de aí foi cando se desenvolveron todos os problemas.
O tema de
que trata o relato pareceume interesante, porque quere reflectir que o mundo
está controlado pola información e se fas algo que non debes vas ser descuberto
polo mínimo erro que cometeras.
Non faría
ningún cambio no libro, todo me gustou e o final deixaría o que ten, xa que me
gusta máis que o meu.
A lingua pareceume bastante fácil, aínda que había
certas palabras que descoñecía o seu significado e outras que as sacaba polo
contexto, pero en xeral pareceume fácil.
Jennifer López Becerra (3º ESO)
venres, 28 de febreiro de 2014
xoves, 27 de febreiro de 2014
Reflexións dunha cativa de sete anos
Una niña de 7 años de edad llamada Charlotte escribió hace una semana la siguiente carta a la empresa LEGO por la falta de representación femenina en sus juguetes
"Querida compañía Lego:
Mi nombre es Charlotte. Tengo 7 años y me encantan los legos pero no me gusta que haya muchos chicos lego y apenas ninguna niña. Hoy fui a una tienda y vi legos en dos secciones. Una de color rosa (niñas) y otra azul (niños). Todas las chicas de la rosa estaban sentadas en casa, iban a la playa, de tiendas... y ninguna tenía empleo. Pero los chicos van de aventuras, están trabajado salvando a las personas, tenían puestos de trabajo... incluso nadan con tiburones. Quiero que hagáis mas chicas lego y que vayan de aventuras y a divertirse, ok ?! -
Gracias, de Charlotte ".
Visto en http://viralizzer.com/
luns, 24 de febreiro de 2014
Facer un "Rickroll"
En el argot internáutico se conoce como “hacer un Rickroll”. En román paladino, no es otra cosa que vacilar al profesor (y hacer partícipe al mundo) metiendo, por ejemplo, la letra del célebre ‘Never Gonna Give You Up’, de Rick Astley en un trabajo de física cuántica y a modo de acróstico.
Es lo que acaba de hacer Sairam Gudiseva, un estudiante que ha logrado hacer encaje de bolillos con dos materias tan aparentemente inconexas como la física cuántica y Rick Astley.
Aquí podes ver o artigo completo e o tema de Rick Astley, cantante famoso nos anos 80
Viches a Rosalía de Castro?
Hoxe 24 de Febreiro, como cada ano, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Estes cativos de Lañas din que a viron. Como pode ser?
E ti, viches a Rosalía de Castro?
domingo, 23 de febreiro de 2014
venres, 21 de febreiro de 2014
Hoxe celébrase o Día Mundial da Lingua Materna
Dous minutiños visuais para darlle unha volta a isto da "lingua materna"
xoves, 20 de febreiro de 2014
Que farías ti?
Este é un experimento feito por un Canal de televisión en EEUU.
Non deixes de velo, é realmente interesante.
mércores, 19 de febreiro de 2014
Hoxe é o Día Internacional contra a homofobia no fútbol
Hoxe é o Día Internacional contra a homofobia no fútbol. A actividade ten lugar coincidindo co aniversario da morte de Justin Fashanu, o primeiro futbolista profesional que saiu do armario no ano 1990 e que rematou por suicidarse.
Queremos invitarvos a escoitar a reflexión do gran Robinson, sen dúbida experto nisto do "deporte rei" .
No centenario do poeta Xosé María Díaz Castro, ao que se homenaxea nas Letras galegas 2014
(Documental sobre a vida e a obra de Xosé Mª Díaz Castro, da autoría de José Antonio Cascudo)
Este mércores 19 de febreiro celébrase o centenario
do nacemento de Xosé
María Díaz Castro.
Concello de Guitiriz, a Xunta e a asociación
Xermolos programaron un
amplo conxunto de actos, nunha xornada que marca o inicio dun ano de
actividades e homenaxes en honor do poeta.
Destaca, ademais da ofrenda
poético-floral que a AELG organiza no
cemiterio de Guitiriz, a presentación do libro Xosé María Díaz Castro. Vida
e obra (Galaxia) do crítico Armando
Requeixo.
Fonte: xornal dixital Praza Pública
martes, 18 de febreiro de 2014
Balda de Libros (XXIII): Polaroid, de Suso de Toro
Este
libro gustoume bastante porque trata de diferentes historias cada
unha nun lugar, nun tempo e nun ambiente diferente.
Ten
varias historias distintas con diferente título como: Un mal
espertar, Un mal momento, Ti, Caída, Xersee esesene, Interior,
Mensaxe de amor, A man de amor, Unidos, Nada pola mañá, O trono e a
chuvia, A luz da lúa chea, Bollicao, No armario, Caín....
O
relato que máis me gustou foi "Mensaxe de amor", porque
era unha parella, o home estaba no traballo e pensaba sempre nela e
escribía nun papel o que pensaba pero era sempre o mesmo, e despois
tiraba o papel.
Tamén
me gustou o titulado "Nada pola mañá", porque era unha
persoa que andaba toda apurada porque se quedara durmida, pero fixo
todo apurada, almorzar, vestirse....
Algunha
historia é máis entretida que outra o igual que unha é máis longa
que outra...
Eu
recomendaría lelo xa que é entretido, bo de ler e aprendes palabras
novas e tamén axuda a coñecer vocabulario novo
Margarita
Pombo Castro (4º PDC)
domingo, 16 de febreiro de 2014
Solidarízate co Galego.
Alba Docampo Noya de 4º de ESO envíanos este vídeo da súa autoría.
Estás feita unha artista !!!
Alba coméntanos tamén o seguinte:
"Con esta campaña quero facerlle ver aos galegos e non galegos a importancia dunha lingua. A lingua coa que nacemos forma parte de nós, da nosa vida, e iso defínenos como persoas.
A sociedade na que vivimos inflúenos moito, moitas persoas abandoaron a súa lingua polo castelán, pero por que?
Cada día escoitamos ao noso arredor :"O galego solo o falan os catetos do pobo". Estás dacordo? Eu non teño pelos na lingua, agora tócache a ti!
REINVINDIQUEMOS A NOSA LINGUA!!!!
Se che gusta este video e estás dacordo dálle a "Me gusta" (en castelán) e compárteo.
Moitas grazas."
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






