O momento máis
importante foi, na miña opinión, cando a Gran Besta mata a Dédalo (o can),
porque nese momento sábese que si era certa a súa existencia, a cal se podía
pór en dúbida, aínda que a parte que máis me impresionou foi cando a Gran Besta
case mata á rapaza aquela cando ela estaba volvendo para a casa.
Non cambiaría
nada porque e gustou tal e como está, aínda que ao mellor. Gustoume tamén o
tema do libro porque é moi intrigante e interesante, o autor sabe desenvolver
moi ben a historia facendo que teñas que ler case o libro enteiro dun tirón.
O
final é axeitado, porque non entendes nada ata que o les, e prefíroo antes ca
un no que por exemplo ela se salvara e despois se namoraran e casaran, porque
deses xa hai moitos.
Non é moi complicado de ler xa que non ten moitas palabras
difíciles, excepto algunha relacionada coa medicina.
Eu recomendaríallo a
calquera que lle guste o misterio, a intriga ou o suspense e a aventura.
Lucas Paz González (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario