Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 18 de xuño de 2019

Book tráiler (XLV): “Corredora”, de María Reimóndez. Por Uxía Beiras Rivas


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (Xerais, col. Fóra de Xogo, 2017). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XLIV): “22 segundos”, de Eva Mejuto. Por Uxía Beiras Rivas



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22segundos, de Eva Mejuto (Xerais, col. Fóra de Xogo, 2017). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLIII): O segredo da vella librería, de Xabier López López. Por Nerea González Rey


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira. velaquí o Book tráiler da novela O segredo da vella librería, de Xabier López López (Galaxia, col. Árbore, 2018). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




xoves, 13 de xuño de 2019

As escritoras Beatriz Maceda e María Reimóndez agradecen as lecturas do alumnado de Trazo





As escritoras Beatriz Maceda Abeleira e María Reimóndez agradecen as lecturas do alumnado de Trazo, en concreto a elaboración dos book tráilers das súas novelas O álbum de Garrincha (Galaxia) a primeira e Lía e as zapatillas de deporte (Xerais) a segunda.

E nós agradecémoslle moito a súa escrita e a súa atención.


Book tráiler (XLII): “O álbum de Garrincha", de Beatriz Maceda Abeleira. Por Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández



Book tráiler da novela O álbum de Garrincha (Galaxia, col. Árbore, 2015), de Beatriz Maceda Abeleira. Por Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLI): “Tonecho de Rebordechao", de Breogán Riveiro. Por Sara Pena Gutiérrez


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao (Galaxia, col. Árbore, 2014), de BreogánRiveiro. Por Sara Pena Gutiérrez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XL): “Soños de fútbol en Bangui ", de Yves Pinguilly. Por Pablo Codesido Fernández


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui (Galaxia, col. Árbore, 2013), de Yves Pinguilly. Por Pablo Codesido Fernández, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXIX): “O álbum de Garrincha", de Beatriz Maceda Abeleira. Por Iria Castro Noya


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha (Galaxia, col. Árbore, 2015), de Beatriz Maceda Abeleira. Por Iria Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)




mércores, 12 de xuño de 2019

Book tráiler (XXXVIII): “Soños de fútbol en Bangui", de Yves Pinguilly. Por Ana Señarís Veiras



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui (Galaxia, col. Árbore, 2013), de Yves Pinguilly. Por Ana Señarís Veiras, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XXXVII): “Esmeraldina, a pequena defunta", de Ledicia Costas. Por Ana Señarís Veiras e Lucía González Castro



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta (Xerais, col. Merlín, 2016), de Ledicia Costas. Por Ana Señarís Veiras e Lucía González Castro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XXXVI): “Lía e as zapatillas de deporte", de María Reimóndez. Por Raúl Ferreira Parente



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Lía e as zapatillas dedeporte (Xerais, col. Merliño, 2008), de María Reimóndez. Por Raúl Ferreira Parente, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XXXV): “Lía e as zapatillas de deporte", de María Reimóndez. Por Paula Moar Iglesias e Sara González Castro



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Lía e as zapatillas dedeporte (Xerais, col. Merliño, 2008), de María Reimóndez. Por Paula Moar Iglesias e Sara González Castro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XXXIV): “Os nenos da varíola", de María Solar. Por Miguel Mariño Martínez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os nenos da varíola, de María Solar (Galaxia, col. Costa Oeste, 2017). Realización youtubeira: Miguel Mariño Martínez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


domingo, 9 de xuño de 2019

xoves, 6 de xuño de 2019

Andel de Libros (XXXIX): Iridium, de Francisco Castro


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

Este libro gustoume moito. É unha novela que fala dunha rapaza con dano cerebral adquirido despois de que un home borracho a atropelara mentres cruzaba por un paso de peóns.

Para min, o momento máis importante para min foi a festa, cando entrou no local e todos lle deron unha sorpresa, despois de estar tanto tempo sen vela e de pelexar tanto por seguir adiante e comezar unha vida de cero. 

O momento de máis tensión na miña opinión foi cando Iris lle ía botar en cara o de Chechu, que lle puxo os cornos a Iris con Martha, gustaríame ver a cara de parvo que lle ía quedar.

Este libro comparte unha vida dura, da que aprendes moitas cousas, unha delas, a máis importante na miña perspectiva, é a mensaxe de non renderse ante calquera situación. Lendo este libro dáste conta de que en 5 minutos a túa vida pode acabar ou simplemente volver empezar de novo, aínda que sexas unha rapaciña de 16 anos.

Os personaxes son xeniais, aínda que Chechu é un “cabrón”, xa que lle puxo os cornos con Marta con ache. E o final gustoume e non lle faría ningún cambio. 

Recoméndolle este libro a todo o mundo.

Alba Rey Brea (3º ESO)    
Este libro fala dunha moza, Iris, que a causa dun atropelo, sofre un dano cerebral adquirido (DCA). O relato fala da súa evolución e da súa vida amorosa, que deixa moito que desexar segundo os estereotipos que a sociedade nos implanta. Este é o tema principal do libro, os prexuízos inxustos.
Persoalmente gustoume moito porque nos mostra unha parte da vida de moitas persoas que nos estamos acostumados a ver.
Para min o momento de maior importancia foi cando preto do final, se desvelou quen verdadeiramente tiña o teléfono móbil de Chechu, a ex-parella de Iris.
En canto ao final, era bastante esperado pero rematou ben e gustoume.
O meu personaxe preferido é o profesor de Lingua e Literatura galega, pois amosa ser unha persoa moi intelixente que sempre está aí para botarlle unha man a quen a precise.
O vocabulario é moi sinxelo e coloquial, pois están a falar mozxs de 18 anos.
Verdadeiramente recomendaría este libro porque é moi fácil e rápido de ler, e fai pensar en cousas que son interesantes.
Paula Noya Redondo (4º ESO)


Boas, xentiña! No día de hoxe vouvos falar de Iridium, un libro que fai pouco que o lin. Dito isto, comezo.

Este libro encantoume, trata temas que están  moi presentes na vida de moitas persoas, como é o dano cerebral adquirido, por desgraza, tanto pequenas como maiores. Empatizo moito coa protagonista posto que teño familiares con esa enfermidade.

E tamén fala do amor, do desamor. Esas cousiñas dos adolescentes, sabedes?

Non lle faría ningún cambio, pero algunhas veces Iris pareceume un pouco “crida”  polo que di no libro de “era guapa antes do accidente e sígoo sendo agora”, a ver, creo que hai que ter a autoestima alta, claro que si, pois hai xente (eu incluída) que non a ten moi alta...pero para o meu gusto creo que a ten en exceso.

O vocabulario foi sinxelo, polo que me resultou moi fácil de ler e tamén porque era un libro moi curto pero cheo de sentimentos, posto que non fai falta que sexa un libro grande para ser bo.

Un libro cun final inesperado, polo menos para min.

Un libro que sen dúbida recomendaría.

Leticia Añón Guerra (3º ESO)


Iridium é un libro que ten un tema moi interesante xa que fala do instagram, aplicación que nestes tempo se utiliza un montón.

Este libro fala dunha rapaza que tras sufrir un accidente de coche, un borracho atropelouna un día, pasou 7 meses en coma e ademais iso provocoulle un DCA (dano cerebral adquirido). Malia iso é unha rapaza que loita moito por levantarse cada día, xa que lle custa un montón facer cousas cotiás.

O momento máis importante para min foi cando Iris lle dá o Iphone a Chechu e lle di que quen llo quitara fora ela para saber se a enganara con Martha antes do seu accidente, cousa que é verdade. Isto gustoume moito xa que aínda que Iris sabía que facer iso lle ía doer algo, fíxoo para saber a verdade.

O meu personaxe favorito é Iris ou Mario, os dous fan moi boa parella, xa que se complementan un ao outro. Non me gusta nada Chechu xa que me parece un rapaz moi borde, egoísta e celoso.

O desenlace deste libro é moi axeitada xa que é un final feliz.

Recomendo un montón este libro, xa que ademais de ser un relato moi entretido e interesante, é moi fácil e rápido de ler.

Ahinoa Antelo Rodríguez (3º ESO)


O libro Iridium é un dos mellores que hai nas lecturas de galego que eu fixen. Trata dunha rapaza que cursa bacharelato, non é unha rapaza coa mesma clase de problemas que as demais. Ela ten un ollo de cada cor, o que non lle supuña ningún problema, o que si lle a afectou foi un accidente de coche cando un borracho a atropela, a partir de aí Iris ten que aprender a vivir con iso.

O momento máis importante para min foi cando Chechu (ex-mozo de Iris) e Mario pelexan na festa que Ruth, a mellor amiga de Iris, organizara pola saída do hospital. 

O libro trata un tema en miña opinión interesante, gustoume moito, non lle faría ningún cambio, ten unha linguaxe coloquial e sinxela de comprender.

E os personaxes están bastante ben, o que máis me gustou foi Ruth porque sempre está para Iris e a intenta axudar aínda que non sempre poida. 

En xeral recomendo este libro a calquera persoa, aínda que ao mellor non sexa do gusto de todos é unha boa lectura.

Mirian Otero Sande (3º ESO)


Ola a todos e a todas, hoxe vouvos falar dun libro chamado Iridium, esta obra ten un alto interese para o meu gusto debido a que trata dunha moza con dano cerebral adquirido, paréceme un personaxe con moita forza de vontade, pois a pesar de ter DCA non se rende nunca.
As partes que menos me gustaron foron nas que falaba do centro de rehabilitación, pois parécenme un pouco aburridas, pero lese rápido e é preciso para contar a historia.
O momento máis importante paréceme cando comeza a liorta entre Mario e Chechu na festa de volta de Iris, debido a que nese momento comeza a historia entre estes tres.
Persoalmente eu non lle faría ningún cambio xa que me parece que está moi ben así.
Eu recoméndolle este libro a todo o mundo, pero en especial a rapaces e rapaza entre 13 e 19 anos xa que neste libro apréndense moitos valores. O libro é moi curtiño e ten un vocabulario moi fácil de entender, así que a ler!!
Alba Dafonte Rodríguez (3º ESO)


Eiiiii que pasa amiguiños. Hoxe vou facer a valoración de Iridium, un libro moi bo para mozos coma nós. 

Un dos momentos máis importantes para min neste libro foi a festa de Iris feita por Rut (a súa mellor amiga), nesta festa pasou que dous rapaces adolescentes como soe acontecer, pelexáronse un co outro por unha rapaza. Esta rapaza era Iris, unha rapaza que aos seus 18 anos xa lle pasou de todo como por exemplo, un accidente que tivo ao comezo do libro e que a deixou con DCA (dano cerebral adquirido) para bastantes meses, a pesar de iso saíu perfectamente ilesa. 

Pero o peor do seu accidente foi que o seu mozo Chechu a deixou por outra porque pensaba que Iris ía morrer. 

Polo demais, o libro estivo bastante, bastante ben. Enganchoume moito debido a que había veces que quería parar de ler pero non daba, o libro tiraba por min, non me deixaba parar de lelo. 

Recomendo moito esta historia xa que eu que son un rapaz que non le moitos libros, este porén encantoume.

Pablo García López (3º ESO)


O momento máis importante do libro para min é cando Chechu e Mario pelexan, e a Chechu lle cae o teléfono e llo colle Iris, e este pensando que foi Mario vaille a casa e empeza a berrar como un tolo.
O libro pareceume ao principio un pouco triste polo que lle ocorrera a protagonista pero conforme transcorría a historia acabou sendo moi interesante e por momentos moi gracioso por algúns comentarios que fan os personaxes deste libro.
Para min os personaxes máis importantes foron Mario, Chechu e Iris xa que entre estes tres transcorre o máis interesante da historia(os dramas amorosos) que son os cales provocan a maioría das disputas destes tres.
O desenvolvemento penso que está ben aínda que as parénteses me perden un pouco xa que nestas di cousas aparte que non teñen que ver moito co que está a ocorrer.
O final está moi ben xa que como eu quería Iris acaba con Mario
Para min a lingua foi moi sinxela de entender xa que está escrito teoricamente por unha rapaza que é da nosa idade e por iso resulta máis fácil de entender todo.
Recomendo moitisimo este libro a todas as persoas que lle guste ler por suposto pero principalmente as persoas que lle guste entender os problemas doutras persoas, xa que neste libro en varias ocasións a rapaza explica como se sente cando a tratan como a alguén diferente.
Gloria Pena Gutiérrez (3º ESO)


Boas, son Ana Cebey, e escollín o libro de Iridium, de Francisco Castro.


Para min o momento máis importante foi o final, dende a loita na festa ata que están na casa de Mario. Este libro gustoume moito, lese moi rápido e engancha moito.


O personaxe que máis me gustou foi Iris, xa que ten “heterecromía Iridium”, que é algo que fai que teña un ollo de cada cor, e que só o teñen 1 de cada 10 persoas. Tamén ten DCA, que é Dano Cerebral Adquirido, por culpa dun accidente, xa que un borracho a atropelou nun fatídico día. E malia iso, segue sendo a raíña de Instagram.

Cambiaríalle o final, gustaríame que contase máis a súa relación con Mario. E non lle faría ningún outro cambio ao libro.

Polo demais é un libro de fácil compresión, xa que usa un vocabulario axeitado para a nosa idade, con palabras fáciles. 

Este libro foi dos mellores que lin ata hoxe.
  
En xeral, recoméndolle a todos este fantástico libro cheo de maxia.

Ana Cebey De la Torre (3º ESO)

Pareceume un libro moi interesante, para reflexionar, porque é unha historia diferente. É dicir, tamén hai unha historia de amor e esas cousas, pero non de príncipes e princesas, senón de dous rapaces que son a mesma cousa por culpa da sociedade; marxinados.

A enfermidade de Iris é complicada, e faiche ver como che cambia a vida nun momento a outro. Non é fácil vivir da maneira na que ela o fai, e por iso, velo desde ti mesmo, axúdache a ver a realidade doutra forma. Non faría ningún cambio.

A miña escena preferida foi ao final, cando se axustan as cordas e Iris volve a ser feliz, pero para coñecela, teredes que ler o libro, eu non vos vou dicir nada.

O meu personaxe favorito é Iris, xa que é unha gran loitadora que sae adiante a pesar de todo. Paréceme un gran exemplo a seguir, e ademais ten uns ollos preciosos. En cambio, o personaxe que máis odio é Chechu, porque sinceramente é un malcriado e pórtase como tal.

Recomendo este libro moito, eu lino nun día, así que as páxinas non son escusa. De verdade que é un dos libros que máis me gustou, e ten un final feliz. Pero non vos digo nada máis, agora toca que o leades vós... Por certo, a lingua é facilísima de entender.

Iria Boquete Sánchez (3º ESO)


Boas, chámome Marcos o Spider-Man Negro, hoxe dentro das miñas negruras vouvos relatar o que me pareceu este libro, un relato cheo de luz.

O tema pareceume moi interesante e ten unha boa historia centrada no dano cerebral de Iris, a protagonista do libro, que tivo un accidente de coche por culpa dunha persoa ebria e a partir de aí lle diagnostican un dano cerebral adquirido e a partir de aí seu mozo a deixa por culpa de que lle fixeran esa diagnose do dano cerebral e el pensaba que ía morrer, entón foise con Martha. 

O momento que máis importante me pareceu foi cando ela relatou o seu accidente. 

Os seus personaxes son diversos, intelixentes (coa excepción de Chechu que é un “cabrón”, así o di no libro).

Non cambiaría nada do desenvolvemento do relato nin do final, e o vocabulario non é difícil de entender excepto algunhas palabras. 

Recoméndolle este libro a todos os públicos, porque é interesante e emocionante.

Marcos Conde Delgado (3º ESO)


A min gustoume moito este libro, fai pensar moitas cousas sobre a realidade, para ter a ilusión de sobrevivir dun accidente algo grave.

O tema pareceume moi interesante porque contaba moitas cousas que che poden interesar para a vida cotiá, xa que vai dunha rapariga chamada Iris que tivera un accidente cun condutor que ía borracho e chocou contra ela.

O momento mais importante do libro é cando esperta Iris do coma porque foi unha ilusión de que espertara despois do accidente, como todos os doutores dixeran que ía morrer despois daquilo.

Eu non faría ningún cambio do libro porque pareceume moi interesante.

Para min o final é axeitado como esta, mesmo o desenlace de cando pelexaron está xenial.

A lingua non é moi difícil de entender porque non hai palabras moi raras como noutros libros.

Eu recoméndovos ler este libro porque trata sobre un tema dun accidente moi grave e pódevos axudar en algo.

Adrián Esmorís Noya (3º ESO)

Andel de Libros (XXXVIII): Os nenos da varíola. María Solar


Que onda banda! Son Yago e vouvos falar do libro Os nenos da varíola, de María Solar. Esta novela trata duns nenos de distintos orfanatos que teñen que axudar a levar a vacina da varíola (daquela unha enfermidade moi grave e practicamente imposible de curar) a América. 
A min o libro gustoume moito, o tema pareceume bastante interesante, posúe un final axeitado e non tes por que estar licenciado en filoloxía para entender o vocabulario. 
Os personaxes máis importantes son a reitora dona Isabel (a reitora do orfanato da Coruña) e Ezequiel (un rapaz do orfanato da Coruña tamén), aínda que ao principio parece que Candela tamén vai ser importante pero queda reducida a un personaxe secundario. Outro personaxe moi importante é o doutor Posse Roybannes (o doutor do hospital do orfanato da Coruña). 
Tras lelo o libro agradoume e recoméndollo a calquera persoa que o queira ler ou que queira saber un pouco máis da historia da medicina.
Yago Leis Ríos (3º ESO)

Ola, hoxe vouvos a dicir a miña valoración do libro de María Solar Os nenos da varíola. A min gustoume bastante porque a historia era moi interesante e curiosa. 
O momento máis importante foi cando encontrou traballo Ezequiel e cando descobren a vacina contra a varíola. Porque o traballo foi importante para o transcurso da historia e a vacina porque foi importante para a humanidade. 
O tema pareceume apropiado e interesante porque ninguén ou moi poucos libros en galego falan deste tema. 
Eu faríalle un cambio sobre Tomás para ben, por exemplo que fose un pouco menos rabudo e que lle deran máis tempo tanto no orfanato. 
O final pareceume perfecto menos porque nos conta nada desde despois de que marche o barco e gustaríame saber que acontece en América e o que acontece con Ezequiel. 
A lingua era fácil de entender. 
Eu recomendo este libro porque se pode aprender moito sobre a varíola e Galicia nesa época.
Miguel Mariño Martínez (3º ESO)

Andel de Libros (XXXVII): Almas mortas, de Antón Vilar Ponte.


Almas mortas. Antón Vilar Ponte. Céltiga (Reed. La Voz de Galicia)
O momento que me parece máis importante é cando aparece o rapaz dicindo que escoita berros e Manoel preguntando por Don Ramonciño. Xa que o carteiro levara por diante a Pepe co automóbil e estaba botando sangue pola boca e se encontraba moi mal, estaba apunto de morrer.
Os único cambios que faría, só serían que o libro empezase doutra maneira, porque foi o único que non me gustou del, e que se tivera que facer un cambio máis, que Don Eduardo non fora tan pesado.
O mellor personaxe, paréceme Don Ramonciño sen dúbida, xa que axudaba sempre a xente no que necesitaba e dándolle consellos sobre o que quixeran. 
A lingua é bastante sinxela, xa que as palabras que non sabes algunhas sácalas facilmente polo contexto.
A ver, a lectura recoméndoa, pero xa vos digo que hai libros mellores, e que a forma na que empeza non me gusta, non porque pase algo nin nada só que non me gustou o inicio, despois si.
Lydia Rey Varela (4º ESO)

mércores, 5 de xuño de 2019

Andel de Libros (XXXVI): Río Bravo, de Chévere




Para min o momento máis importante do libro é cando Méibol mata ao chérif, pois non nunca pensaría que se foran matar entre eles dous. Ao matar ao chérif, Río Bravo, queda sen control e sen xustiza.

O tema pareceume interesante e divertido, aínda que é moi comoplexo de ler, xa que, se perdes o fío non consegues entender nada.

Cambiando de tema, os personaxes axudan moito a que o libro sexa sinxelo, pois hai dous personaxes que son un pouco parvos, Dud e Flan, e fan que a lectura sexa moi graciosa.
Despois está Natan, o irmán de Flan, que a min non me cae moi ben, pois é o antagonista.
Logo quedan Méibo e o Chérif que lle dan un toque romántico á obra, aínda que, a min, persoalmente, o romance paréceme totalmente innecesario e irrelevante.

Con respecto ao libro, eu non faría ningún cambio, pois é un libro moi sinxelo e gracioso e lese moi rápido. Por outro lado, o final eu non o desenvolvería como no libro, gustaríame que o chérif e Méibol marchasen ou se fugasen xuntos.

A lingua é sinxela. Faime gracia porque inclúe palabras en inglés pero en vez de escribilas ben, escríbenas como soan. Por exemplo: En vez de escribir “Take it easy”, escriben “teiquirisi”.

Creo que é moi sinxelo perder o fío nesta obra, pois usa moitas onomatopeias e algunhas veces, o abuso  destas pode facer que perdas a cabeza mentras les.

Recomendo moito este libro se vos gustan as historias do Oeste e aínda máis se vos queredes rir un anaco.

Uxía Iglesias Vázquez (4º ESO)


O momento que máis me gustou e máis importante me pareceu foi cando Natan se disfraza de xuíz e entra en defensa do seu irmán porque se non pasase iso non habería un final adecuado na historia. 

O personaxe que máis me gustou  foi Meibol, a muller da obra, xa que é unha muller poderosa porque conseguiu vencer a todos os homes da obra, dende Natan que a quixo acosar ata o chérif que só a quixo axudar.

O personaxe que máis me desagradou foi Flan porque aínda que era moi gracioso e divertido era parvo de todo e non facía máis que buscar pelexa en todos os lados aos que ía. 

Esta obra pareceume moi divertida e gustoume moito polo que non faría ningún cambio. Este libro foi custoso de ler e de entender ao principio por culpa de que había moitas onomatopeas.

A lectura recoméndoa porque é moi divertida e ris moito aínda que ás veces sexa un pouco complicada de entender.

Alicia González Lage (4º ESO)

Este libro gustoume e ó mesmo tempo non, xa que usa moitas onomatopeas, que me distraen da historia. 
Trata dun tema do vello oeste, o cal a min persoalmente gústame.
O meu personaxe favorito é o cherif xa que se toma o seu cargo con responsabilidade. Por outra parte os máis graciosos son os indios. 
O momento máis gracioso é cando os dous indios fan un tótem para esconderse do Chérif e lle beben a bebida que lle ofrece ao seu compañeiro.
Eu persoalmente o final cambiaríallo xa que morre moita xente de golpe, cousa que é mellor que contase en máis paxinas e fosen morrendo con máis calma.
O vocabulario é moi sinxelo, un dos libros que mais fácil o ten dos que levo lido.
Eu recomendo ler este libro xa que a pesar das onomatopeas conta unha historia que merece a pena ler xa que ten escenas que dan graza e outras que son entretidas, pero se non che gustan as historias do oeste daquela non. 
Martín Dafonte Rodríguez (4º ESO)

Andel de Libros (XXXV): O velorio, de Francisco Taxes



Persoalmente o libro sorprendeume bastante, pois, os dous primeiros cadros consisten no mesmo e non contan nada, só a conversación entre as persoas que están na cociña, por iso non me gustaba. Pero no último cadro empeza a acción, e o que parecía unha obra totalmente insípida convértese en todo o contrario.

A verdade é que me gustou moito. Creo que aparecen todas as personaxes necesarias para crear unha escena, ou mellor dito, un panorama moi real e no cal se reflicte moi ben como eran antes os velorios, nesa época.

Con respecto aos personaxes, son necesarios todos. Algúns case non falan nin son nomeados, pero sen ese fato de xente, non sería o mesmo. As personaxes complementan e fían a historia.

E con respecto á linguaxe, pareceume bastante sinxela. É certo que había palabras que non coñecía, pero polo contexto enténdense, máis ou menos.

Recomendo este libro pois sorpréndeste moito, e, paréceme moi interesante e que deixa un final onde quedas un pouco desorientada/o, xa que este é moi aberto.
    
Uxía Iglesias Vázquez (4º ESO)

Este libro conta a historia dun velorio como di o título. 

Esta historia gustoume máis ou menos. A historia en si é divertida porque é moi diferente ás demais, e non te imaxinas para nada que acabe como acaba, pero ás veces é moi lenta, explícome, en todo o libro non ocorre nada ata o final, é seguido o mesmo, é algo repetitiva e ás veces chega a ser canso pois toda a historia transcorre na habitación onde velan o corpo e na cociña da mesma casa. A pesar disto, a historia está moi ben expresada, neste velorio, hai varias persoas dende familiares tan cercanos como son os fillos ata choronas que cada vez que rezan choran. Como era unha familia poderosa, tiñan a Xusto e Vitiña na casa que eran dous criados da facenda e do casal respectivamente.

Tras toda a historia, quedas abraiad@ cando chegas ao final, pois despois de toda a trama, non esperas un desenlace así. 

A lingua é moi fácil de entender, e ademais diso é bastante curto, polo que aínda que a historia transcorra un pouco lenta, lese moi rápido.

Tania Villasenín Bello (4º ESO)