Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 13 de marzo de 2018

Conta de Libros (XXII): Os dous de sempre, de Castelao




Para min este libro foi dos mellores que lin porque é unha novela que che ensina como é a vida sen rodeos. A vida de dous protagonistas tan diferentes como o día e a noite. Conta dúas vidas dende diferentes perspectivas na que a emigración é o máis importante aínda que neste caso foi sen éxito ningún. pero eles a pesar de todas as complicacións intentárono sempre. 

O mellor personaxe sen dúbida é Rañolas porque loitou para ser feliz e ter cartos sen ningunha oportunidade, neste caso non o conseguiu pero fixo moitos méritos propios.

Recomendaríallo a toda a xente e sobre todo a xente nova para que saiba o que pasaron fai algúns anos a xente maior e as durezas que tiveron que pasar e que aínda así nalgúns casos sen recompensa.

Cambiaríalle o final para que os dous protagonistas sexan felices e ricos porque neste caso loitaron para selo.

É un libro moi doado de ler, aínda que ten algunhas palabras que son difíciles pero polo xeral e de lectura moi fácil.

Brais Bouzas Leis (4º ESO)



Conta de Libros (XXI): Romasanta. Memorias incertas do home lobo, de Alfredo Conde




O momento máis importante para min é cando Romasanta vai para o xulgado, porque non se sabe se o van a condenar a morte ou se o van deixar en liberdade. Tamén me gustou cando Bárbara e Manuela empezaron a sospeitar de Romasanta porque parecía que o ían a decubrir.

Para min é un libro interesante e entretido porque o conta todo de maneira que fai que se vexa moi real, aínda que ao principio me parecía aburrido. O cambio que lle faría sería que en vez de matar a Manuela nese momento, que esperase un pouco máis, para así darlle máis misterio á historia, xa que, ese momento me pareceu previsible. 

O personaxe máis interesante para min é Romasanta porque é o máis misterioso e nunca se pode saber o que vai facer en cada momento.

Na miña opinión o final é axeitado, só que sería mellor que deixasen a  Romasanta libre ou que houbese unha historia de amor entre Bárbara e Romasanta. Ten unha lingua fácil de entender e lese bastante rápido.

Anabel Dafonte Iglesias (4º ESO)

Conta de Libros (XX): O porco de pé, de Vicente Risco



Para min é o libro máis difícil que lin ata agora. Aparentemente parece un libro atractivo para ler porque nin é moi grande nin parece difícil, pero as aparencias enganan ás veces. Eu, persoalmente, lin outras obras de Vicente Risco para facer traballos para o colexio e cousas así polo estilo, pero este foi o máis enrabechado que encontrei ata o de agora. 
Resúltame moi difícil entendelo e tamén de resumilo. Emprega vocabulario normal, fácil de ler, pero dálle moitas voltas ás cousas, e entón resúltame moi complicado. 
Se me propuxesen a súa lectura de novo, podendo escoller outro calquera, posiblemente non acabase escollendo este, porque realmente deille bastantes voltas para entender algunha que outra páxina. 
Recomendaríalle ler este libro a quen lle guste moito ler, ou tamén, ás persoas que lles guste as historias de xente que evoluciona: que están mal nun principio, son pobres, e que ao final acaban triunfando.
Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)

luns, 12 de marzo de 2018

Conta de Libros (XIX): Ruído. Relatos de guerra, de Miguelanxo Murado


Este libro gustoume porque fai relatos interesantes sobre a guerra que había en Croacia, sen ser aburrido dando explicacións de como foi o conflito. 
Para min as mellores historias son: “Francotirador”, porque ten moito misterio e fai que esteas en tensión polo desenvolvemento final, e “Zoolóxico” porque é unha historia triste na que un soldado ve a animais feridos pola guerra, pero non hai ningunha historia aburrida ou que non sexa interesante. Todas as historias son rápidas, xa que pasan moitas cousas en pouco tempo e ten poucas descricións.
Ten unha linguaxe sinxela e é fácil de ler, polo tanto lese rápido.
Recoméndolle este libro ás persoas as que lle gusten os libros de acción e misterio. Algo que consegue o autor é dar moi ben co sentimento de tensión nalgunhas escenas e iso creo que non é fácil de facer. Tamén describe moi ben os escenarios, o que fai que entres algo na historia.

Daniel Varela Bello (4º ESO)

Conta de Libros (XVIII): Pensa Nao, de Anxo Angueira


Non hai ningún momento máis importante que o resto, pero algo que destaca é que os emigrantes volvesen a Galicia con innovacións e novas ideas para mellorar a vida dos habitantes da aldea.
As historias do libro son interesantes, gustaríame que fixera máis referencia á guerra, xa que está ambientado na guerra civil, e no libro só aparecen pequenas desputas entre os dous bandos. O final pareceume interesante e inesperado.
Na miña opinión hai moitos personaxes e algúns só aparecen unha ou dúas veces ao longo da historia e o mesmo pasa co nome dalgúns lugares e ao final non os recordas todos.
Algunhas partes do libro son algo difíciles de entender, emprega moitos dialectalismos e ás veces palabras bastante cultas.
Recoméndolle este libro á quen lle gusten as historias interesantes que están inspiradas en como vivía a xente nos primeiros anos do franquismo e como a emigración era moi importante.

Daniel  Varela Bello (4º ESO)

luns, 5 de marzo de 2018

Estamos a ler La casa de Bernarda Alba

Nesta semana do 8 de Marzo, aproveitamos en 4º de ESO para abordar a durísima realidade das mulleres no mundo rural a principios de século.





Pincha no seguinte enlace para coñecer de primeira man este clásico inmortal de denuncia ante as inxustizas que a sociedade impón ao mundo feminino.

http://www.biblioteca.org.ar/libros/157286.pdf


mércores, 28 de febreiro de 2018

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de María Balsa Noya (53 anos)


Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de María Balsa Noya (53 anos), nai de Daniel Balsa Balsa (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia
Campanas de Bastabales
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Iván Regueiro Liste e de Cristina García Regueiro (3º Primaria)



¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Iván Regueiro Liste e Cristina García Regueiro (3º Primaria), irmán e curmá de Damián Regueiro Liste (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

¡Follas novas!, risa dáme


  ¡Follas novas!, risa dáme
ese nome que levás,
cal se a unha moura ben moura
branca lle oise chamar.
Non Follas novas, ramallo
de toxos e silvas sós,
hirtas, coma as miñas penas,
feras, coma a miña dor.
Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
como non serés así!

martes, 27 de febreiro de 2018

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” nas voces de Vannia Antelo Iglesias (3º ESO) e súa irmá Zaira (4º Primaria)




Primeira parte de “Campanas de Bastabales” nas voces de Vannia Antelo Iglesias (3º ESO) e súa irmá Zaira (4º Primaria). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Campanas de Bastabales
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.


luns, 26 de febreiro de 2018

“Cando penso que te fuches” na voz de Laura Pena Gutiérrez (3º ESO)


Cando penso que te fuches” na voz de Laura Pena Gutiérrez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Cando penso que te fuches

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

“Agora cabelos negros” na voz de Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO)


Agora cabelos negros” na voz de Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Agora cabelos negros


Agora cabelos negros,
máis tarde cabelos brancos;
agora dentes de prata,
mañán chavellos querbados;
hoxe fazulas de rosas,
mañán de coiro enrugado.
Morte negra, morte negra,
cura de dores e engaños:
¿por qué non mata-las mozas
antes que as manten os anos?


Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO)


Primeira parte de Campanas de Bastabales” na voz de Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Campanas de Bastabales


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.


Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.


Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.


Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.


Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.


Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.


venres, 23 de febreiro de 2018

“Un repoludo gaiteiro” na voz de María Pilar Paredes Navío (98 anos), avoa de María Gigirey Iglesias (3º ESO)


Un repoludo gaiteiro” na voz de María Pilar Paredes Navío (98 anos), avoa de María Gigirey Iglesias (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Un repoludo gaiteiro


Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba
con aquél de señorío;
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba;
e si na gaita sopraba,
era tan dose soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
si o tiñan cerca, sorrían;
si o tiñan lonxe, choraban.
¡Mal pecado! Non coidaban
que c'aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Camiño da romería,
debaixo dunha figueira,
¡cánta meniña solteira
"Quérote", lle repetía...!
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban
e por xunta del corrían
cegas..., cegas, que non vían
as espiñas que as cercaban;
probes palomas, buscaban
a luz que as iba queimar,
pois que el soupera cantar
aló pola mañanciña:
Ò son da miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Nas festas ¡cánto contento!
¡Canta risa nas fiadas!
Todas, todas, namoradas,
déranlle o seu pensamento.
I el que, de amores sedento,
quixo a todas engañar,
cando as veu dimpóis chorar,
cantaba nas mañanciñas:
Non sean elas toliñas:
non veñan ó meu tocar.

xoves, 22 de febreiro de 2018

Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Tania Villasenín Bello (3º ESO)




Fragmento de Castellanos de Castilla” na voz de Tania Villasenín Bello (3º ESO), coa colaboración no papel de protagonista da súa curmá Antía Bello Liñares (4º Primaria). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

Castellanos de Castilla

Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.

Cando foi, iba sorrindo;
Cando veu, viña morrendo;
A luciña d’os meus ollos,
O amantiño do meu peito.

Aquel máis que neve branco,
Aquel de doçuras cheyo,
Aquel por quen eu vivia
E sin quen vivir non quero.

Foi à Castilla por pan,
E saramagos lle deron,
Déronlle fel, por bebida,
Peniñas por alimento.

Déronlle en fin, canto amargo
Tén a vida no seu seo....
¡Castellanos, Castellanos!
Tendes corazón de ferro.

Ay! No meu corazonciño,
Xa non pode haber contento,
Qu’está de dolor ferido,
Qu’está de loito cuberto.

Morreu aquel qu’eu quería,
E, para min, n’hai consuelo,
Sólo hai para min, Castilla,
A mala lei que che teño. 

Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os gallegos morran,
que ir a pedirvos sustento.
  
(...)

martes, 20 de febreiro de 2018

“Tecín soia a miña tea” nas voces de Lydia Rey Varela (3º ESO) e súa nai Ana Varela Mosquera



Tecín soia a miña tea” nas voces de Lydia Rey Varela (3º ESO) e súa nai Ana Varela Mosquera. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia


Tecín soia a miña tea

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.

Rosalía de Castro. Follas Novas