Unha nova entrega no noso recuncho de realización
youtubeira, velaquí o Book trailer
da novela Matilda, de Roald Dahl (Alfaguara Obradoiro, 2001). Realización
youtubeira: Ana Cebey De La Torre e Alba Dafonte Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
mércores, 6 de xuño de 2018
Book trailer (X): “22 segundos", de Eva Mejuto. Realizado por Ana Cebey e Alba Dafonte
Unha nova entrega no noso recuncho de
realización youtubeira, velaquí o Book trailer da
novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de xogo, Xerais, 2016).
Realización youtubeira: Ana Cebey De La Torre e Alba Dafonte Rodríguez, 2º ESO,
CPI Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 5 de xuño de 2018
Conta de Libros (XXXIX): Cínicas, de Teresa Moure
O momento máis
importante é cando Ana entra en escena, porque comezan a entenderse as tres.
O
tema non me interesou moito, porque a min paréceme que está moi pouco traballado.
Ó personaxe
de Dióxenes non lle encontro o significado, e paréceme innecesario. O personaxe
que máis me gusta é Sara, porque me parece moi graciosa.
Cambiaría o ritmo dos
actos, porque se me fai moi lento. A historia pareceume moi aburrida porque ao
principio non se entende moi ben o que se está contando, e máis tarde enlaza
todas as historias dunha maneira que me parece moi brusca.
Non cambiaría o
final, porque lle dá emoción á historia.
A lingua é moi doada de entender, non
hai palabras difíciles nin oracións moi longas, o que fai que o texto sexa máis
fácil de comprender.
Non recomendo este libro porque ao meu parecer non é nada
entretido e carece de emoción.
Eloy Castro Deus (4 ºESO)
Conta de Libros (XXXVIII): Eroski Paraíso, de Chévere
O máis importante e orixinal foi a idea de Alex para o final da
película, pareceume una idea diferente e interesante.
O personaxe que máis me
gustou foi Alex, a protagonista, porque é unha rapaza con moita imaxinación e
creatividade, e tamén me parece moi lista e interesada nas cousas que pasan ao
seu arredor. O personaxe que menos me gustou foi a nai de Alex, porque parece
moi seria e non lle axuda case nada a súa filla na súa idea da película.
Este libro non me gustou moito porque a
historia é moi pequena e non conta cousas interesantes. A verdade é que se me
quedou algo curto, deberían meter máis acción porque así quedouse algo aburrido.
O final pareceume axeitado porque é un
final creativo e orixinal, e a lingua foi bastante fácil, aínda que pareceume
raro ter que cambiar ao castelán cando falaba a nai de Alex.
Recoméndolle este libro á xente que lles
gusten as historias cotiás.
Conta de Libros (XXXVII): Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala
O momento máis
importante do libro para min é o principio porque é cando se comeza a entender
de que vai a historia. E o momento máis gracioso para min foi o xuízo das
siamesas. Tamén me gustou o xuízo de Pepe, que era un home que lle era infiel á
súa muller, el faláballe en galego á súa muller e á profesora da pasantía da
súa filla, en cambio á profesora da escola, á súa secretaria e á súa filla
faláballe en castelán.
Pareceume
entretido porque me fixo bastante gracia o comportamento e a maneira de falar
dos personaxes.
Gustoume a mensaxe do libro porque fala sobre as persoas que
non falan galego polo feito de que pensan que é para as persoas da aldea ou sen
estudos.
Non faría ningún
cambio porque para min así é bastante gracioso. E paréceme un libro moi fácil
de ler e lese moi rápido. O final tamén me pareceu axeitado.
Anabel Dafonte
Iglesias (4º ESO)
Conta de Libros (XXXVI): Diante do espello, de Fran Godón
Diante do espello. Fran Godón. Difusora de Letras, Artes e Ideas
Para min o momento máis importante desta obra foi
cando o público lles aplaudiu ás dúas pola súa obra. A parte que máis me gustou
foi cando Sarah e mais Ruth están na casa ensaiando para a obra que tiñan o día
seguinte e para non estar tan nerviosas collen unha botella de whisky e se
poñen a beber ata emborracharse.
Sobre o tema dierei que foi interesante porque hai
momentos moi graciosos e tamén hai partes que enganchan.
No desenvolvemento non faría ningún cambio porque
penso que está perfectamente, tampouco lle poñería un novo final porque o final
que ten para min penso que está moi ben.
Por último, no tocante á lingua, ao principio houbo
algúns momentos nos cales había algunhas palabras que eran polo menos para min
un pouco complicadas de entender pero despois polo resto non tiven ningún
problema.
Se eu fose Fran Godón gustaríame recomendarlle esta
obra a persoas ás que lles interesase bastante o tema do teatro dentro do
teatro.
Alejandro Vásquez
Fernández (4º ESO)
O momento máis
importante do libro para min foi cando se encontraron as dúas no bar e Ruth
conseguiu que Sarah fose actriz. Gustoume ese momento porque pasou de ser
camareira a ser actriz, pasou de
traballar moito tempo e gañar pouco a traballar pouco tempo e ganar moito
diñeiro.
A min o tema do libro pareceume sen interese xa que só están nunha
habitación de hotel, e case non pasa nada en ningún momento da obra. Eu faría
moitos cambios coma por exemplo que saísen da habitación ou que entrase máis
xente.
Os personaxes non me gustaron moito xa que só hai dous, eu cambiaría iso
e poñería máis personaxes para ter un libro máis emocionante e máis longo.
Do final non lle cambiaría nada, foi o único axeitado que me pareceu do libro.
A
lingua foi moi doada de entender xa que non meteu linguaxe moi avanzada.
Na
miña opinión este libro foi un dos menos que me gustou e non llo recomendaría a
ninguén, porque me resultou difícil de entender.
Conta de Libros (XXXV): Aquelas cousas do verán. Manuel Lourenzo
A obra non me gustou demasiado porque hai que
lelo varias veces para entendelo e aínda así pois non me enterei de moito.
Das tres historia a que máis me gustou foi a das dúas parellas (Darío e Rosa/Tono e Delia), porque era a que tiña máis sentido. Pero coa que mellor o pasei foi coa de Alsira, unha muller que estaba tola porque falaba co seu marido defunto e quería matar a un gato que había por aí con peixe envelenado pero non o lograba porque as gaivotas roubábanlle o peixe ao gato. Era a historia que para min tiña máis sentido.
O final foi moi aberto para o mee gusto porque acaba con Darío tirado no chan e Tono asustado porque non se levantaba.
Recoméndolle este libro a persoas maiores polo menos de dezaseis anos que tamén utiliza unha linguaxe algo forte, mais porque é bastante difícil de entender e non creo que unha persoa de menor idade o entenda moi ben.
Das tres historia a que máis me gustou foi a das dúas parellas (Darío e Rosa/Tono e Delia), porque era a que tiña máis sentido. Pero coa que mellor o pasei foi coa de Alsira, unha muller que estaba tola porque falaba co seu marido defunto e quería matar a un gato que había por aí con peixe envelenado pero non o lograba porque as gaivotas roubábanlle o peixe ao gato. Era a historia que para min tiña máis sentido.
O final foi moi aberto para o mee gusto porque acaba con Darío tirado no chan e Tono asustado porque non se levantaba.
Recoméndolle este libro a persoas maiores polo menos de dezaseis anos que tamén utiliza unha linguaxe algo forte, mais porque é bastante difícil de entender e non creo que unha persoa de menor idade o entenda moi ben.
Martín
Castro Señarís (4º ESO)
Conta de Libros (XXXIV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao
Para min é un bo
libro pois é moi entretido e conta con numerosas escenas de humor.
O momento máis
importante é o ultimo porque xunta as tres historias anteriores e fai un resumo
do argumento.
Os personaxes son
moi orixinais e están moi ben escollidos.
O desenvolvemento é
lento ao principio pois son todo conversas pero co paso da historia o ritmo é
máis rápido e apropiado.
O final é moi
orixinal pois aparecen os tres vellos falando despois de mortos e conta a situación
das súas namoradas polo que o fai un final pechado.
A linguaxe é un
pouco complexa pois Castelao utiliza algunhas palabras doutra época que xa non son
usadas na actualidade.
Recoméndolle este
libro a todo o público en especial aos que lle gusten as obras de teatro.
Alba López González (4º ESO)
Para
min o momento máis importante desta obra foi cando Pimpinela decide
ir ao enterro do vello aínda que non lle caese moi ben. A parte que
máis me gustou foi cando Don Ramón se poñía a falar só e en voz
alta da muller da que estaba namorado, e dicía que por cada bico lle
ía a regalar unha leira.
Sobre o tema, foi moi interesante porque hai momentos moi graciosos e tamén hai partes que enganchan. E sobre o seu desenvolvemento, eu neste libro non faría ningún cambio xa que penso que está moi ben escrito excepto no final que retocaríao un pouco.
Con respecto á lingua, ao principio houbo algúns momentos nos
cales había algunhas palabras que eran polo menos para min un pouco
complicadas de entender pero despois polo resto non tiven ningún
problema.
Se fose o propio Castelao, a min persoalmente gustaríame
recomendarllo a lectores ou lectoras aos que lles gustasen sobre todo
os temas relacionados co amor e con vellos.
Alejandro
Vásquez Fernández (4º ESO)
A min gustoume moito este libro porque son tres lances con historias moi entretidas e graciosas. Os tres lances son bastante parecidos entre si pero para min foron moi divertidos.
Na miña opinión non cambiaría nada do libro, xa que me pareceu un dos mellores libros que lin. Os personaxes foron axeitados todos para cada lance e non cambiaría nada, gustáronme moito todos os personaxes.
A escena que máis me gustou do libro foi cando a morte se disfrazou e se puxo a falar cunhas vellas, porque me fixo moita gracia ese momento e me entretín moito..
Ten un vocabulario fácil aínda que algunhas palabras sexan moi difícil de entendelas.
Recoméndolle este libro aos alumnos/as de entre quince e dezasete anos porque é moi divertido e non te vas aburrir en ningún lance, pero ten algunha parte difícil de comprender. Esta obra lese moi rápido, eu en ningún momento me aburrín e engancheime a este libro desde o principio.
Brais Pena Baluja (4º ESO)
Conta de Libros (XXXIII): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala
O momento máis importante é cando chega
Arpexia, xa que iso fai que se namore ela do Emperador e o Emperador dela, o
que fai que os mozos poidan casar.
En
canto aos personaxes, non cambiaría ningún. O personaxe que máis me gustou foi
Caleno, polos seus chistes e porque non entendía nada.
É un tema que aínda que
non dea moita para falar é divertido a forma na que o contan e o fan, con
chistes, con moitas aparicións do presentador como un máis, etc.
Non
faría ningún cambio, excepto no final, no resto non engadiría nada, nin no
transcurso da historia, nin na forma de contar a historia. No final
engadiríalle algo gracioso, para rematar a obra rindo.
A obra é bastante fácil de entender, cun vocabulario sinxelo e fácil de comprender.
O libro recoméndollo a
toda a xente, xa que é un libro divertido, por todos os chistes e aparicións
divertidas que fan, e que se le moi rápido.
Oscar Iglesias Domínguez (4º ESO)
O libro gustoume moito. É moi fácil de ler e os sucesos están moi ben
narrados e explicados polo narrador, o que fai a lectura máis fácil e fluída.
Hai poucos libros que consigan facerme rir pero este conseguiuno, as situacións
son tan absurdas e impredicibles que é imposible non rir.
A historia é simple, un romance imposible que se une paralelamente co intento de roubo duns ladróns, estes últimos son os personaxes máis cómicos do libro.
A personalidade dos
personaxes dáse a coñecer moi ben por como pensan e polas accións que realizan.
A miña personaxe favorita é Arpexia, polo seu forte carácter e a súa presenza
nas escenas.
Recomendo este libro para facer o traballo de lectura pois é moi sinxelo
de resumir, os personaxes son fáciles de caracterizar, existen moitos posible
finais...
Tamén llo recomendo ás persoas que lle gusten os libros de comedia mais as
historias de amor, estou seguro de que non vos defraudará!
Iván Rivas Suárez (4º ESO)
O momento máis
importante do libro é cando o emperador manda ir a súa filla a Nápoles a ver a
súa tía que está moi vella e ao ir a Nápoles coñece a Manolitus e namórase del
e despois diso ocorre toda a historia.
Dous personaxes moi importantes son Catulo e Caleno, que son o típico dúo no
que un é o listo e o outro o parvo, saen momentos moi graciosos cando lle
intentan roubar o medallón ao emperador.
O final foi bastante aberto porque falan de casar as dúas parellas pero non
conta como foi a voda nin se ao final se separan ou se teñen fillos.
A lingua foi sinxela de entender e en ningún momento da historia te perdes. O libro pareceume interesante e bastante gracioso, porque mestura palabras
actuais nunhas frases e xorden escenas graciosas. Fai un salto no medio do
relato, e fai un resumo no que aconteceu durante ese salto. Creo que estaría
mellor dicindo como o resto da obra.
Daniel Varela Bello (4º ESO)
O libro pareceume
moi interesante e entretido pois o humor está presente en todo momento. Conta
cun humor crítico e xoga con numerosos e orixinais anacronismos que converten
unha simple historia nunha obra moi especial.
O desenvolvemento é axeitado mais é distinto ao longo da obra xa que ao principio é moito máis
lento que ao final.
Os personaxes son moi cómicos e distintos, o que a fai unha obra moi entretida mais eu cambiaría os personaxes de Manolitus e Carmiñae pois na miña opinión o escritor podía sacarlles mais proveito.
A linguaxe é
apropiada e sinxela con algunhas excepcións, por exemplo cando utiliza a
lingua da época romana.
O libro conta con moita orixinalidade mais o final queda un
pouco simple é aburrido, eu cambiaríao por un máis tráxico.
Recoméndolle esta
obra a todo o público en especial aos máis xoves.
Alba López González (4º ESO)
Sen dúbida, unha das mellores obras que existen en galego de teatro. Para min insuperable.
O Catulo mais o Caleno, son uns fenómenos, riste á forza lendo no libro. O momento máis importante do libro é cando están todos na sala de estar do Emperador e se lle declara a Arpexia e están os ladróns a mirar para eles.
Os únicos cambios que faría son que Catulo e Caleno tiñan que acabar sendo os Emperadores, porque merecer, merecíano.
Esta obra está escrita cunha linguaxe moi faciliña e enténdese perfectamente.
Esta obra dedicaríalla a xente nova coma nós, xa que o pasarían en grande lendo. Pero tamén aos grandes, porque se lles gusta ler, esta é unha boa peza. Cando eu a empecei a ler, pensei que non me ía gustar pero ao contrario, encantoume. Pasoume o tempo rapidísimo. Volveríao a ler unhas poucas veces, e é raro que eu diga isto xa que non é que me entusiasma moito ler.
Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)
É un libro moi gracioso e con moitos
momentos de intriga. O momento máis importante da historia , paréceme que é
cando o sabio Citrón vai chamar á Arpexia, xa que grazas a súa intervención o
final é moi feliz.
O tema do libro, como dixen anteriormente é un tema moi
gracioso porque usan una linguaxe coloquial nun ambiente formal.
Non lle faría
ningún cambio ao libro porque senón toda
a historia perdería todo o seu sentido, agás o final dado que é un final un
pouco aberto no cal non hai mortes cousa que me gusta moito.
Os personaxes son
fascinantes é moi orixinais.
Pese que son un mal lector o libro foi un dos que
máis me gustou, xa,que é curto e cunha linguaxe moi simple é fácil de entender,
e ademais é unha historia tan interesante que non deixa que perdas a
concentración no que estás a ler.
Carlos Dafonte Rodríguez (4º ESO)
O momento máis
importante foi cando emperador pediulle casar a Arpexia porque así tamén o
puideron facer os seus fillos que tanto o desexaban. O segundo momento que máis
me gustou foi o de Catulo e Caleno roubándolle o medallón ao emperador porque
fixeron moitos plans para iso e ao final non conseguiron o obxectivo.
Fíxome
moita gracia a forma de ser de Caleno e Catulo. Son os meus personaxes preferidos porque están
continuamente discutindo e dicindo barbaridades.
O libro está moi ben e é moi
divertido e fácil de ler. O final paréceme axeitado porque o emperador co seu
casamento fíxose vou e sacou a súa filla máis ao seu namorado do cárcere para
casar, tamén porque non matou aos ladróns por intentar roubarlle o medallón. Non
faría ningún cambio porque me gustou moito e fai moita gracia.
Recomendaríallo
a toda a xente que se queira rir un chisco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







