Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 3 de xuño de 2020

Book tráiler (LXIV): “Vampira de biblioteca", de Ledicia Costas. Realizado por Román Otero Sande




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Vampirade biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2020). Realización youtubeira: Román Otero Sande, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 1 de xuño de 2020

Book tráiler (LXIII): "Xelís, o guieiro das botellas de mar", de Rosa Aneiros. Realizado por Brais Montaos Dubra




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Xelís,o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide (col. Merlín. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 25 de maio de 2020

Conta de Libros (XXXV): Lección de teatro case sen pernas (Comedia tal vez macabra), de Xavier Lama



Lección de teatro case sen pernas (Comedia tal vez macabra)Xavier Lama. eDixital, 2013.


Dende a miña opinión esta obra pareceume moi estraña, pero aínda así recomendaría lela, xa que é entretida e bastante graciosa ás veces.

Para min o momento máis importante da obra, e creo que o será para todos, é cando o actor descobre que realmente non lle están amputando nada, senón que só estaba soñando, que todo fora irreal, porque sinceramente non mo esperaba. Esperábame un final moi tráxico, no que o actor acabase morto, ou sen extremidades.

Como xa comentei o tema é moi estraño, un actor que intenta mellorar. Para iso o profesor, o que fai é cortarlle partes do corpo, para que a interpretación lle saia de dentro.

Non lle faría ningún cambio a verdade está moi ben, como moito engadir algo máis de historia, porque é moi curta, bastante, cousa que tamén a fai máis levadeira a hora de lela.

O final paréceme moi axeitado, xa que ademais de non esperalo, é un bo final, e dicir é un final feliz, e normalmente sempre son os mellores.

A linguaxe da obra non é para nada complicada de ler, é moi normal, ademais empregan insultos e fai que sexa máis graciosa a hora de ler.

Persoalmente esta obra non é das que máis me gusta, pero cabe dicir, que está bastante ben, tendo en conta que ten un tema graciosa, e é moi curta.

Ahinoa Rodríguez Antelo (4º ESO)

Book tráiler (LXII): "Leonardo e os fontaneiros", de María Victoria Moreno. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Leonardo e os fontaneiros, de María Victoria Moreno (col. Árbore. Galaxia, 2017, 2ª ed.). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LXI): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 19 de maio de 2020

Book tráiler (LX): “Vampira de biblioteca", de Ledicia Costas. Realizado por Érika Grela Bello



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2020). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 4 de maio de 2020

Conta de Libros (XXXIV): Historia de María atrapada. Pequeno tratado de amor precipitado, de Roberto Salgueiro




Esta obra de Roberto Salgueiro conta unha historia onde, os protagonistas, o único que desexan é atopar o amor. Non obstante, non todos entenden o mesmo por esta palabra, o que dá lugar a un tráxico final. A acción sucede na parada dun autobús en menos dunha noite, unha xenial escena para cometer un crime.
Os personaxes deste libro son tres: unha muller e dous homes. Tres personaxes moi antagónicos cun mesmo obxectivo, viaxar a París, a cidade do amor.

En canto ao desenvolvemento da obra, non faría ningún cambio. Ao primeiro é difícil asimilar o que les, xa que o tema non é cotián e esaxérase todo para facer unha crítica. Non obstante a súa lectura é moi amena, sinxela e mesmo divertida.

Persoalmente gustoume o final e non lle faría ningún cambio, sendo, para min, o momento máis importante da obra.

Os diálogos desenvólvense cun vocabulario sinxelo e coloquial moi comprensible.

Recomendaría esta lectura porque é moi rápida e sinxela e, sempre é bo ler cousas novas, coma unha peza de teatro.

Paula Noya Redondo (4ºESO)

Esta obra non me gustou tanto coma outras que lin. Creo que é moi monótona, xa que sempre é o mesmo e fíxoseme aburrida. É entretida pero non divertida. 

O momento máis importante para min, foi cando estaban na cabina ao final, facendo o amor e ao mesmo tempo María estaba chamando a outra persoa, poida que fose o seu ex. O momento con máis interese foi cando o primeiro home contou a súa historia amorosa con Benedicte. 

Os personaxes están ben, María é o meu preferido aínda que os homes tamén me gustaron. Non é unha obra con moito interese, xa que sempre fala do mesmo tema, mesmo ás veces chega a ser pesada e repetitiva. 

O final gustoume e non o cambiaría porque é un final tráxico, sen dúbida o mellor desta obra. A lingua é fácil. 

É unha obra, en xeral, fácil e rápida de ler. Non a recomendo, polo que dixen anteriormente, algunhas veces fáiseme repetitiva e pesada.

Alba Rey Brea (4º ESO)

Conta de Libros (XXXIII): Matanza, de Roberto Salgueiro



Matanza. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña

Persoalmente gustoume este libro porque me pareceu moi entretido e mesmo divertido. Trata un tema interesante e fai reflexo dunha sociedade consumista e chauvinista, na que a xente só mira a súa xenialidade para sobrevivir por enriba dos demais.

Os personaxes descríbense coma porcos, ao igual que falan da realidade que os rodea con símiles dos costumes destes animais. As personalidades dos dous irmáns son antitéticas e, na miña opinión, están moi ben caracterizados.

No desenvolvemento non faría ningún cambio, pero tería máis en conta unha pequena escena que se ve ao final onde o pai dos protagonistas lles berra por durmir coa luz acesa e acaba pegándolle á nai. Paréceme unha escena moi importante porque, á parte de darlle portada ao libro, tamén é unha gran crítica.

O momento máis importante pareceume o final, o cal me gustou moito xa que dá un xiro drástico. Vemos como á hora da verdade o sensible se mantén forte e orgulloso mentres que o que non tiña medo remata chorando.

O libro emprega unha linguaxe moi coloquial e sinxela de comprender.

Paula Noya Redondo (4º ESO)

Persoalmente teño que admitir que me gustou moito esta obra de teatro, pareceume moi graciosa e orixinal. Trata un tema interesante e creo que non hai moitas obras máis cun tema así. Que os personaxes sexan só dous porcos engádelle algo de curiosidade para o lector, e dan ganas de lela.

O desenvolvemento da obra paréceme interesante e ao fin acabase facendo moi curta, a sensación de que realmente non está contando nada do corta que é, a isto tamén axuda que sexa unha obra de teatro, xa que son máis fáciles de ler. Non lle faría ningún cambio á obra en si, como moito utilizaría unha linguaxe menos bruta, xa que non soe aparecer ese tipo de linguaxe en moitas obras, aínda así, isto dálle un toque atraínte, e ademais é moi fácil de entender, xa que todo o mundo emprega esas palabras.

Creo que a obra non ten un momento que destaca máis, todo me gusta por igual. Recalcaría como máis importante as charlas profundas entre só os dous porcos, xa que me parece moi interesante ver a percepción que teñen da vida, que é moi distinta.

O final creo que é moi esperado tendo en conta que a obra transcorre nun matadoiro, e que os personaxes principais son dous porcos e un matachín. Estaría ben que fose algo menos esperado, que tivera un xiro dramático que ninguén esperase, creo que ese é o único fallo que lle encontro, dende a miña opinión a esta obra. 

Recoméndoa un montón, porque ademais de ser interesante e entretida lese moi moi rápido, e normalmente iso atrae a xente a ler.

Ahinoa Rodríguez Antelo (4º ESO)

Paréceme un bo libro, non é dos meus favoritos máis aínda así gustoume bastante.

O momento máis importante do libro na miña opinión foi cando os dous irmáns nunha das escenas finais se confesan as súas debilidades e os seus temores á morte. Debido a que nese intre é cando conectan amizosamente, chegan ao punto de encontro onde por fin deixan de rifar un co outro e se entenden.

A dicir verdade pareceume un tema do máis curioso e á súa vez interesante xa que non comprendín ao cen por cen o dos sacrificios, máis aínda así estivo entretido.

De seguro cambiaría un pouco o tema dos personaxes, persoalmente creo que nesta historia se deberían ver máis personaxes, coma os homes que agarran a un irmán cando é sacrificado ou incluso ao organizador da matanza, cando a matachín di: “Son ordes e nas podo cuestionar”, quedei con esa intriga mais deduzo que sería o xefe de goberno posiblemente.

Non cambiaría o final, de feito eu tamén xa os deixaría morrer.

A lingua non foi difícil, obviamente algunhas das palabras non as comprendín mais si que entendín perfectamente o resto.

Mirian Otero Sande (4º ESO)

Esta obra do autor Roberto Salgueiro gustoume moito. É a primeira vez que leo unha obra de teatro súa mais penso que non vai ser a última. Normalmente non me soen gustar este tipo de obras, mais esta sen dúbida encantoume.

Matanza ten un vocabulario moi fácil de comprender, pero iso non é o que máis chama a atención, non, o que máis chama a atención é a súa maneira de falar, tan vulgar e picante, sobre todo o falar do Porco 2, e iso gústame, gústame este tipo de vocabulario xa que non é moi común na literatura, fai que o lea máis rápido e iso é bo. Tamén me gusta porque os adolescentes adoitamos empregar este tipo de vocabulario, ó mellor non tan bruto pero si parecido.

É un libro que te engancha e te fai rir, ademais de ser moi curto.

Malia que só hai 3 personaxes, esta obra non é nada aburrida, cada un ten un papel importante e que achega diversión e tristeza á vez.

O meu personaxe preferido dos 3 é o Porco 1, non é como os demais porcos, ten outra maneira de pensar e de actuar e iso gústame, o diferente está ben.

Este é un libro de teatro que sen dúbida recomendo e que non te arrepentirás de lelo. Recoméndoo se queres pasar un bo momento e rir un pouco coa historia destes porcos. 

Leticia Añón Guerra (4º ESO)

O momento máis importante do libro creo que foi cando os dous porcos intentan negociar co matachín xa que esa parte pareceume surrealista, é dicir, polo porco 2 xa que o primeiro porco pide que o deixe marchar pero o 2 pide unha “puta”, unha botella de viño, música… e quedei asombrada.

Creo que o tema estaba moi ben, era divertido e ao mesmo tempo dramático, porque o que acontecia era algo dramático, pero os personaxes como que lle daban un toque gracioso cos comentarios que estes facían nalgunhas ocasión.

A acción dramática que transcorre considero que está moi ben, só que creo que tería que estar explicado dunha maneira que enganchara igual pero sen empregar tantos palabróns como usan.

O final considero que está ben pero creo que lle metería máis cousas, é dicir, que se apreciara ben que ao porco o mataron, pero considero que está ben.

E a lingua é sinxela de comprender, hai algunas palabras que ao mellor non se entenden pero se lle dás algunha volta creo que lle sacas o significado ben polo contexto.

Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)

Esta obra teatral gustoume, pareceume entretida e divertida. É difícil parar de ler, a min enganchoume bastante. Como xa dixen, é entretida e divertida pero á vez é interesante.

Para min o momento máis importante é ao final cando volve o matachín despois de matar ao porco 2. Este era un porco que non lle tiña medo ningún á morte, tiña xa moi interiorizado que o final dos porcos é que os maten, ao contrario que o porco 1, que quería morrer de vello.

Na miña opinión os diálogos máis graciosos son cando o porco 2 lle pide ao matachín unha botella de alcol, unha puta e a canción Love me. O momento máis interesante foi cando o porco 1 contou como fora o día no que se inscribiu ao Conservatorio, que á súa vez foi gracioso.

Os personaxes gustáronme moito, sobre todo o porco 1, era serio e sensato. O único cambio que faría é o final, non me gustou moito. A linguaxe foi bastante fácil. A obra en si foi fácil e rápida de ler. Recoméndovola! 

Alba Rey Brea (4º ESO)



luns, 23 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXXII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo



O momento máis interesante foi cando na historia a Loba, ao final, que arderan os tres queimados porque é chocante que un bebé pequeniño morra queimado.

A mellor perxonase para min foi a vella porque era o demo e tamen parecía unha bruxa porque quitaba órganos e todo.

O tema é variado, porque este libro narra catro historias totalmente distintas, entón á lora de ler é un pouco enredante, pero en xeral todas as historias son interesantes, gustáronme ben.

Está ben desenvolvido porque conta o que vai pasando, non cambiaria nada porque a verdade gustame como está estruturado.

O desenlace estivo ben nas catro historias, pero o da Loba cambiaríao porque é moi drástico para o meu gusto.

O vocabulario destes relatos está ben porque se entende todo a perfeccion.

Recomendaría o libro para a xente que lle guste ler contos breves e tamén está moi ben para as persoas ás que lle guste o misterio, pois tamén é de medo. 

Daniel Martínez Calvo (3º ESO)


venres, 20 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXXI): Recinto gris, de Ledicia Costas




A min o libro gustoume moito, pois é entretido de ler. A parte da historia que máis me gustou é cando planearon saír do recinto porque lles custaba facelo xa que o recinto gris estaba ben protexido polos lobos que sempre os vixiaban.

O meu personaxe favorito foi Nube porque é quen lle oculta cousas aos lobos. E os personaxes que menos me gustaron foron os lobos xa que eran personaxes planos.

Non faría ningún cambio porque o relato estivo moi ben organizado, non se me fixo nada repetitivo.

O principio do libro é unha parte moi importante porque introduce a historia e o final gustoume porque é cando os diferentes personaxes intentan saír do recinto.

O vocabulario non é difícil de entender e sempre se sabe polo contexto o que pasa na historia.

Recomendaría o libro porque é fácil de entender, é divertido e sempre estás enganchado á historia e non se che fai moi longo.

Andrés Dafonte Varela (3º ESO)

xoves, 19 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXX): Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz




O momento máis importante deste libro, para min, ocorre cando Sara e súa nai atopan o anel no cemiterio, pois é cando por fin se resolve a trama.

O meu personaxe preferido é o pai de Sara, porque é moi optimista e comprensivo.

Respecto ao tema do libro, paréceme moi interesante, ben é certo que a medida que segues lendo pódese facer un pouco pesado e aburrido, pois o autor deulle demasiadas voltas a cousas que dende a miña opinión, non son tan importantes. Por exemplo, cando Sara sente a presenza de seu tío na habitación, ao principio dá ata medo pero ao final acaba sendo demasiado repetitivo.

O desenlace pareceume axeitado, foi o que máis me gustou do libro, pois encántame a conexión que se crea entre Sara, súa nai e o tío Moncho.

É unha lectura sinxela de ler a nivel de vocabulario, enténdese perfectamente.

Recoméndolle o libro a aquelas persoas que lles guste o xénero de misterio e fantasía.

Lorena Becerra Varela (3º ESO)

luns, 16 de marzo de 2020

Book tráiler (LIX): "A punta de pistola", de Fran Alonso. Realizado por Nerea González Rey



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Conta de Libros (XXIX): A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz



A viaxe de Gagarin é un libro ambientado na década dos sesenta, en plena ditadura franquista, na cidade da Caruña. É a historia dun rapaz, Miguel, apaixonado polos descubrimentos no espazo, de aí o seu alcume que lle dá título á novela, Gagarin. Miguel vive cos seus pais, os cales agochan algo que lles vai cambiar a vida.
O tema paréceme interesante posto que mostra como era a vida nesa restrictiva etapa histórica.

O momento máis importante da narración, na miña opinión, é cando Miguel se namora dunha rapaza nova na vila. Mestura a vida cotiá dun mozo cos problemas persoais da súa familia, facendo a trama moito máis entretida.

En canto ós personaxes, o que máis me gustou foi o principal, Miguel. Está moi ben caracterizado tanto na época como na súa idade.

O final gustoume xa que non é o que esperaba e non lle faría ningún cambio, tampouco no desenvolvemento.

A linguaxe é moi sinxela e comprensible, polo que a lectura, a pesar de ter bastantes páxinas, se fai moi amena.

Recomendo esta lectura xa que a min me gustou e ademais, axúdache a coñecer a situación do pasado.

Paula Noya Redondo (4º ESO)

Conta de Libros (XXVIII): Morning Star, de Xosé Miranda





Morning Star é unha novela que trata sobre un misterio. Desenvolve un tema moi emocionante, xa que nela cóntase principalmente a vida de Lourenzo, a cal tras a morte de súa nai dá un gran xiro, ao verse moi involucrado nos asuntos de seu pai e o amigo deste Lázaro Rivadulla.

O momento máis importade deste libro para min é cando Lourenzo ve por primeira vez a seu avó, xa que este e seu pai non se levaban nada ben desde que o pai de Lourenzo, Lourenzo os abandonou por roubar xunto coa súa gavela.

Os personaxes que máis me gustaron, aínda que dende a miña opinión todos tiñan unha personalidade difícil de captar, foron Helena, a rapaza á que Lourenzo salva da morte e o avó de Lourenzo. Parécenme os dous uns personaxes necesarios para este libro, porque achegan normalidade á loucura que ocorre na trama.

Non lle faría ningún cambio a esta narración, todo é moi axeitado e ten uns xiros inesperados que lle dan á trama un toque moi intrigante, que fan que o lector teña ganas de seguir lendo o libro.

O final pareceume moi bo, é un final feliz, aínda que me gustaría que Tomás das Congrostas saíse do cárcere e estivera con Lourenzo.

Se de verdade che gustan os libros de misterio, que causen intriga e che enganche coas tramas, recoméndovos esta lectura.

Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)

Este libro gustoume moito. O momento máis importante dende a miña opinión, foi a fuxida de Helena e Lourenzo, xa que estaban fuxindo da gavela da que el formaba parte, xunto con seu pai e o seu mellor amigo, Lázaro. Foi un momento de tensión e intriga. 

O momento máis triste foron as mortes dos pais de Lourenzo, tanto a da nai coma a do pai foron moi dolorosas, a da nai por unha enfermidade e a do pai por salvar ao seu fillo.

O tema paréceme moi interesante e entretido. Toca moitos aspectos, os labores dun neno no campo, o amor por unha nai, o roubo, a amizade, o namoramento, o egoísmo... 

O meu personaxe preferido é Lourenzo, o protagonista, un neno que vive con seus pais nunha taberna e nunha aldea pouco transitada. É un rapaz traballador e moi boa persoa, se ledes esta novela, confirmaderíadelo. Por outra parte, o personaxe que menos me gustou foi Lázaro, unha persoa moi egoísta, que só quere a súa felicidade e diñeiro, polo que é capaz de facer calquera cousa.

O final gustoume, é bonito e está ben, ao igual que a lingua, resultoume bastante fácil de ler.

É unha narración que engancha e polo tanto, é bastante rápida de ler. Recomendoa, por todas as razóns anteriores.

Alba Rey Brea (4º ESO)

Este é o primeiro libro que leo deste autor e a verdade é que me gustou moito pola súa trama. É un tema moi interesante sobre todo se che gustan os libros de aventuras, por iso me gustou tanto e me resultou fácil de ler mais o vocabulario tamén me axudou a acabalo tan rápido.

É unha novela entretida e que engancha ou polo menos a min.

Os personaxes tanto principais como secundarios creo que todos teñen un papel importante e están ben elixidos. O meu personaxe preferido de feito é un personaxe secundario, Helena Rouco.

O momento que poida que máis me gustou foi cando fan a viaxe para levar a Helena xunto cos seus parentes.

O final gustoume pois é diferente, non lle faría ningún cambio a dicir verdade.

E por último dicir que volo recomendo e máis aínda se che gusta este tipo de temáticas.

Leticia Añón Guerra (4º ESO)

xoves, 12 de marzo de 2020

Book tráiler (LVIII): "Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Realizado por Nerea González Rey


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995. 38ª edición 2018). Realización youtubeira: Nerea González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)