Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 8 de xuño de 2015

Andel de Libros (XXXVI): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz



Este libro foi un dos que máis me gustou porque ten un vocabulario moi fácil, deste modo é moi fácil ler.

Tamén faiche entender o importante dos verdadeiros amigos, xa que Branca estaba enferma na cama e non podía ir á escola, pero Raquel unha verdadeira amiga ía visitala todos os días a contarlle o que pasara no colexio. Eu non eliminaría ningún personaxe.

O momento que máis me gustou foi cando a nai de Branca lle prohibiu a Branca andar con Lois (cun amigo de Branca), porque a nai de Branca escoitara no colexio que era unha mala influencia, pero Branca quería andar con Lois . Ata que un día no colexio a mestra mandoulle facer un traballo por grupos, e con tan mala sorte para a nai de Branca tocoulle a Branca e a Lois no mesmo grupo, e deste modo seguironse vendo.


Recoméndollo a todos os meus amigos, porque este libro é divertido xa que vai de menos da nosa idade.

Sergio Arias García (3º ESO)

Andel de Libros (XXXV): Intercambio cun inglés, de Christine Nöstlinger



Este libro gustoume moito porque pareceume moi fácil de ler, non ten apartados nos que a
lectura sexa difícil de entender. Tamén ten algunhas escenas moi graciosas como cando veu
Jasper e outras que non o foron tanto como no final do libro, que é un pouco máis sensible,
no que se ve o gran corazón que ten Jasper. 

O libro gustoume pero non lle vexo moitosentido, xa que non creo que moitos pais só por que o seu fillo saque un ben en inglés queiran que o seu fillo vaia a Inglaterra con outra familia, aínda que finalmente ven un rapaz de alá, non vai el. 

A parte do libro que máis me gustou foi o final, porque non me esperaba que Jasper cambiara tanto e a parte que menos me gustou foi ao comezo do libro porque se me fixo moi aburrido.

Recomendaríalle este libro aos adolescentes porque a autora escribiuno para xente de esa idade.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

Andel de Libros (XXXIV): Reo, de Xesús Fraga



A min o libro gustoume bastante en xeral, porque é moi entretido e porque cada capítulo que les déixache algo novo para o seguinte capitulo, que te obriga a ler as seguintes páxinas.

O momento que máis me gustou do libro foi cando pillaron a Virus, porque eu quería dende o principio que fose Reo o rei da cidade, porque era o meu personaxe favorito.

Pero sen dúbida, o momento que máis me impactou e o que me pareceu o máis importante da historia, foi cando Cora lle dixo a Reo que ela tiña que marchar da cidade porque súa nai non tiña traballo aquí, por sorte Reo tivo a idea de levala a capital a onde a súa irmá, e así ela podería estudar moda en España como ela quería.

O que a min non me gustou foi o final, iso de non saber quen era Oni, e o motivo de porque lle quería arrebatar o posto de rei da cidade. Eu pensaba que Reo despois de que o collese a policía, ía seguir a facer grafitis pola cidade, e non deixar de facelos como aconteceu.

Adrián González Lage (3º ESO)

Este libro gustoume moito porque vai  sobre rapaces aos que lle gustan os graffittis , e a min gústanme os graffittis.

Na miña opinión o final do libro é o adecuado para a historia porque hai unha traxedia, xa que morre Changui (un rapaz) ao final do elato, e a min gústanme os libros con final de traxedia.

Non eliminaría ningún personaxe porque sinón a historia non sería tan emocionante coma se están todos os personaxes.

Para min foi un dos libros que máis me gustou, aínda que sexa é algo longo, pero lese rápidiño e se empezas a ler non podes parar porque é moi interesante.

É fácil de ler xa que o vocabulario é moi sinxelo.Recoméndollo a toda as persoas, xa que vale para todas as idades.

Sergio Arias García (3º ESO)

venres, 5 de xuño de 2015

Andel de Libros (XXXIII): Matilda, de Roald Dahl



Este libro gustoume, moito non. Digamos que me gustou moitísimo. Este libro fíxome rir en case todas as escenas, aínda que nalgunhas escenas deixoume un pouco pasmado. 

O meu personaxe preferido é Honey, porque, xunto con Lavender, son as únicas que se preocupan por Matilda. 

Destacaría varios momentos: os tres milagres, cando lle pega o sombreiro na cabeza a seu pai, cando lle botaron o bicho na auga á directora… Pero de entre todos aqueles momentos, o mellor foi cando o xiz comezou a escribir só no encerado. 

Recomendaríalle este libro ás miñas dúas mellores amigas, xa que estamos sempre a rir. Pero como xa o leron,  pois recoméndollo a un grupo de Whatsapp, porque tamén estamos sempre rindo. 

Eu non lle faría ningún cambio, todo está moi ben. Mais se teño que cambiar algo, sería ao final, deixaría a Harry con Matilda e a señorita Honey.

Daniel Castro Álvarez (3º ESO)

A min este libro fascinoume porque Matilda é unha nena loitadora e moi lista, que se esforza por aprender.

A parte que máis me gustou foi cando descubriu o seu poder e lle tirou a xerra por encima á directora porque a directora quedou mal, sen poder castigar a ninguén, esa parte tamén me pareceu graciosa.

A señorita Honey pareceume una persoa con gran corazón por como defendía os nenos ante a directora, por como lle aprendía a Matilda cousas do seu nivel e por acoller a Matilda con ela.

A parte que menos me gustou foi cando o pai de Matilda lle rompeu o libro que collera prestado da biblioteca municipal.

Os plans de vinganza de Matilda parecéronme moi intelixentes porque nunca se daban conta de que fora ela.

Recomendaríalle este libro a Dani e a Irea, pero xa o leron porque os tres viramos a película.

Laura Mariño Rey (3º ESO)

Para min a parte máis interesante e importante do libro foi cando Honey invitou a merendar a Matilda a súa casa e esta lle preguntou porque vivía desa forma e ela lle dixo que a súa tía Trunchbull lle fixera pagar por todos os anos que a estivera mantendo na súa casa, por iso vivía así. Aí é cando dá lugar ao final.

A parte máis triste do libro pero a que me deu tamén máis graza para min, foi cando Trunchbull llo facía pasar mal aos nenos,berráballe sen razón e facíalle cousas horribles.

A lingua non foi moi difícil, xa que é un libro para idades coma a nosa, máis ben para a etapa antes da adolescencia. Na historia non faría ningún cambio, está perfecto.

O libro gustoume moito e recoméndollo aos nenos de entre 13 e 15 anos,xa que non ten un vocabulario moi difícil e é máis ben un libro infantil.                   

Irea Ríos Casas (3º ESO)

Andel de Libros (XXXII): Ollos de auga, de Domingo Villar



O libro non me gustou, pero é porque, basicamente, non me gustan os relatos dos crimes xa que moitas veces líome cos nomes, cos lugares ou cos feitos…

Gústame unha mínima parte porque cando Caldas e Estévez estaban avanzando na investigación advírtese a maldade dalgunhas persoas.

O que máis me gustou foi esa chiscadela de gracia que lle aporta Estévez en case todas as partes da historia, e o mellor é que é un moi bo detective á vez que simpático.

Penso que o libro podería mellorar se desen máis detalles de cómo morren o músico e o DJ, ou se 
fose algo máis longo para que polo medio houbese máis emoción e intriga.

É bastante fácil de ler, a  verdade é que con esta narración non me confundín case nada e foi doado de comprender.

Recomendaríallo ás persoas ás que lles gustan os detectives, os asasinatos e os finais que te intrigan.

Xosé Barreiro Hernández (3º ESO)

Humor lingüístico

Visto no Facebook: Molino de ideas

xoves, 4 de xuño de 2015

Un libriño que gusta moito, Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure

                                                                                     Por Lucía Viqueira García de 1º ESO

Este libro ne gustó mucho porque lo que le pasa a Kori y a Caramelo es una historia muy bonita, aunque el camello no tenía que haber muerto.

Imaxe: juntadeanadalucia.es

La portada refleja el momento en que Kori se escapa con Caramelo, su camello. El color del camello es muy adecuado ya que el camello de nombre tiene Caramelo.

La lectura me ha provocado distintas sensaciones:

- Tristeza: cuando matan a Caramelo y Kori se pone a llorar.

- Emoción: cuando Kori se escapa con Caramelo para que no lo maten. 

- Asombro:  porque un niño sordomudo aprendiera a escribir y a hablar un poco.

Me llamó mucho la atención que un niño sordomudo aprendiera a hablar, y que mataran a los camellos por ser de género masculino.

Esta cita me impresionó porque me pareció muy emocionante y a la vez triste:

" A una seña de su tío, los hombre de turbante negro agarraron al camello de la cabeza, obligándole a permanecer en dirección a la Meca, y el matarife lo degolló "


Imaxe: biblioes.wordprss.com
Por Brais Pena Baluja de 1º de ESO


Es la historia de un niño que no oía. Iba a una escuela especial.,Sus tíos tenían camellos y Kori, el niño,  en especial se hizo amigo de uno y siempre lo visitaba. La profesora Fatimetu le enseñó a escribir a Kori y él empezó a escribir poemas y siempre se los iba recitar a Caramelo, su camello.Un día su tío le dijo a Kori que había que matar al camello. Kori se puso muy triste, y por la noche se marchó con Caramelo pero al final su tío lo encontró . Por la tarde mataron al camello y Kori estaba muy triste. Cuando ya fue mayor,  escribió un poema en honor de caramelo.

Este libro me gustó mucho porque el niño ama al camello, pero para comer tienen que matar al camello. Se escapa con él, pero al final lo acaban encontrando.Y le escribe finalmente un poema titulado Caramelo,como el camello.

Mi cita favorita es "Enséñeme a escribir, señorita Fatimetu, enséñeme a escribir"

Fatimetu, la maestra, le enseña a escribir y a una persona que no oye, le cuesta mucho aprender a escribir, y Fatimetu le enseñó.

Andel de Libros (XXXI): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao



Os vellos non deben de namorarse é un libro moi coñecido de Castelao. A min este libro gustoume moito e ademais é un libro que se le moi facilmente xa que é bastante curto (non ten moitas páxinas nin moito texto). 

É curto xa que só ten tres lances e un epílogo de escasas páxinas. Un dos temas deste libro é o amor xa que a morte dos vellos está causada por namorarse.

A min o lance que menos me gustou deste lance foi a morte do boticario pero despois gustoume moito a forma que utilizan as irmás para despedilo, xa que mostraron o que lle querían. 

Eu neste libro non faría ningún cambio xa que me gustou moito como xa dixen anteriormente e ademais este libro reflicte moi ben como era a lingua na época de Castelao porque hai moitos dialectalismos, hipergaleguismos…

Eu por suposto que recomendo esta lectura. Por outra parte, a linguaxe é fácil de entender.


Marta Veiras Noya (4º ESO)


Recomendo este libro a xente que lle guste ou empece a ler teatro. Gustoume moito xa que ten partes humorísticas. O lance que máis me gustou foi o lance segundo. Gústame porque don Ramón é o máis gracioso de toda a obra de teatro, ten esceas nas que está bebedo e fala cos cadros dos pais que están mortos. Nesa escena ten dialogos que te fan rir. 

Á parte do lance segundo o que máis me gustou é cando se reunen todos no cemiterio despois de que todos morresen polo mesmo motivo. O lance que menos me gustou foi o lance terceiro xa que non entendín nada e faciáseme repetido ao lanco segundo. Polo resto non hai problemas.

Gustoume que Castelao rompa cos finais de amor e escriba finais con traizóns amorosas xurdidas polo interese.

É un libro moi fácil de ler xa que o seu vocabulario é moi sinxelo o que facilita unha lectura máis rápida.


Daniel González Iglesias (4º ESO)

venres, 29 de maio de 2015

Andel de Libros (XXX) : Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz



O libro a min persoalmente gustoume moito. O título e a portada xa me chamaron a atención, porque o título Fantasmas de luz pareciame un pouco raro e na portada aparecía un home invisible rodeado de persoas que non eran invisibles.

Gústame porque un dos temas que trata o libro é a marxinación social que senten algunhas persoas. Tamén me gustou o tema do cine, que falase das películas e que tamén falase algo de si mesmo. Este libro engancha porque ten momentos de intriga e de emoción, xa desde o principio. Un momento de intriga e emoción foi cando entraron na casa onde había máis xente invisible pero que alí na casa si que se vía.

Para min o momento máis interesante do libro foi cando recibe a carta do seu xefe para falar con el, porque nunca recibira unha igual na súa vida. Este libro recomendariallo a xente que lle gusta ler e que lle gusten que traten os temas sociais como é a discriminación por cor, raza, sexo… dunha forma humorística.

José Luís Mirás Otero (3º ESO)

mércores, 20 de maio de 2015

Andel de Libros (XXIX): Os homes só contan até tres, de Antón Lopo



O libro gustoume bastante porque cara ó final empézase a poñer moi interesante xa que ó principio non te esperas que a historia dea un xiro tan grande. Non esperaba moito deste libro pero cando o rematei sorprendeume como o autor fai unha mestura sobre os xéneros como: dramas, suspense, terror, etc… 

Pareceume un libro moi sinxelo de comprender xa que non ten moitas complicacións no vocabulario e moi rápido de ler debido a ese vocabulario coloquial. Non me gustou que houbera páxinas que só tiñan a metade da páxina escrita ou só tiñan unha liña.

O final é o que máis me gustou de todo o libro debido a que non te esperas o que acontece e menos como Helena quere desfacerse do cadáver. Persoalmente, gustoume que o autor rompa coas historias con finais felices e engada outro tipo de final nas historias de amor.

Recomendaría este libro a xente que lle guste as historias con personaxes con características psicópatas (como no caso de a protagonista Helena no final).

Daniel González Iglesias (4ºESO)

xoves, 7 de maio de 2015

Andel de Libros (XXVIII): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala



A min persoalmente, este libro gustoume moito, xa que é moi divertido, e este tipo de libros encántanme. Ademais tamén emprega anacronismos, o que fai que a obra de teatro, teña un aire máis actual, pese a estar situada noutra época.

A escena máis importante penso que é a do final, xa que nela soluciónanse todos os problemas: O Emperador e Carmiñae van casar, e danlle permiso ós fillos para facelo tamén, Catulo e Caleno son sorprendidos roubando, e o escravo queda libre.

O tema é moi emocionante, xa que dende o momento que comezas a lelo non podes parar, porque queres saber en todo momento o que vai acontecer.

Nesta obra de teatro non faría ningún cambio, o final deixaría o do libro, e non o que inventei eu, e o demais paréceme que está moi ben así. Hai poucos personaxes, e están moi ben definidos, lese moi rápido, xa que está escrita para ser representada, ademais a presenza de anacronismos fai que sexa moi orixinal.

Con respecto á lingua, foime moi fácil de entender, e pese a que había algunhas palabras das que descoñecía o seu significado, sacábanse facilmente polo contexto.

Este libro recomendaríallo a calquera persoa, aínda que non lle guste moito ler, xa que se pasa un bo momento, e lese rapidamente.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

A min esta obra pareceume moi graciosa e moi entretida polas súas reviravoltas e os seus momentos cómicos. Encántame como os personaxes aproveitan cada ocasión por seria que sexa para soltar un chiste ou crear unha situación cómica que sexa entretida para todo o público que o estea vendo e así poder emocionalos ou facelos rir a cachón.

O meu momento preferido foi cando Caleno lle le as lecturas en latín ao emperador e como non tiña nin idea de latín comézalle a soltar cantares populares galegos e cancións populares, como a “Saia de Carolina” ou “Polo río abaixo”, pero o emperador non se decata porque el non ten nin idea de latín.


É unha obra fácil de ler e entretida, representada ten que ser moi animada se os actores se meten no papel e fan un pouco o parvo. Animo a todas as persoas a lela ou vela e a gozar dela coma o fixen eu.

Tomás Beiras Rivas (4º ESO)


A min este libro gustoume moito xa que é un libro moi entretido e gracioso que se che fai moi curto e desexarías que continuase.

A escena que máis me gustou foi cando o Manolitus lle ía dicir a Carmiñae que tiña ganas de mexar e ela pensaba que se lle ía declarar e estaba toda nerviosa.

A escena que menos me gustou foi cando Citrón é substituído por Caleno xa que non me ten moito sentido porque se ía notar claramente a diferenza sen ter que pescudar moito.

Ten un vocabulario moi sinxelo e fácil de entender sen palabras cultas nin complexas.

Eu este libro recomendaríallo a calquera persoa que me preguntase por un libro de teatro para ler ou para representar xa que a calquera persoa sen excepción lle pode gustar.

A min persoalmente gústanme moito os libros de teatro xa que son moito máis dinámicos que as novelas ou a poesía.

Miriam Baleato Fraga (4º ESO)


Este libro gustoume moito xa que mestura cousas da era do Imperio Romano coa actualidade como por exemplo: cando fala do reloxo dixital e despois do triclinium.

A parte que máis me gustou foi cando o emperador se caga en Nápoles, xa que é moi divertido porque non para de dicilo cada vez que Carmiñae e Manolitus falan de cómo se namoraron. Tamén me gustaron moito as discusións de Catulo e Caleno, xa que son moi tontas pero causan moi graza.

E a que menos me gustou foi cando Arpexia e o Emperador van casar, xa que me gustaría un final máis tráxico, como por exemplo, que Carmiña e o Manolitus escapasen para casar e despois o Emperador os encontrase e os matase.

Este libro recomendaríallo a todas as persoas que coñezo, xa que é un libro moi divertido, entretido e curtiño. Dos catro libros de teatro que lin foi un dos dous primeiros que máis me gusta, o outro é o de Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro.

Sandra Noya Redondo (4º ESO)


Esta obra de teatro gustoume moito, porque é moi divertida e entretida. Este libro recomendaríallo ler a calquera persoa que estea un fin de semana aburrido sen nada que facer, porque pasará un moi bo momento.

Esta obra está moi ben escrita, pero o único problema que lle encontro é que non se representa cando Citrón vai buscar a Arpexia. Esa escena tamén se podería representar, xa que, se só nos conta o narrador como sucede, temos unha idea só, pero se a representan creo que xa temos unha imaxe.

O vocabulario desta obra é moi fácil de entender, e non hai ningunha palabra estraña, polo que este libro será fácil de ler. Gustaríame ver esta obra representada, xa que me riría un anaco,porque ten escenas moi graciosas, sobre todo no segundo acto desta obra teatral.

Polo xeral este libro gustoume moito e paseino moi ben lendo cos meus compañeiros na clase.

Diego Gutiérrez Castiñeiras (4º ESO)


O libro pareceume moi divertido e moi fácil de ler, ademais, ao lelo na clase, fíxose máis fácil de entender e era máis divertido xa que cada un interpretaba unha personaxe e era máis gracioso que se o les ti na túa casa para ti mesmo.

O que máis me gustou do libro foron as partes graciosas, como cando Caleno e Catulo discuten porque non conseguen nada ou cando o outro ten ganas de ir ao baño e o emperador o quere matar se volve dicir iso outra vez.

O que menos me gustou foi o final, porque sempre todos son felices e gústame moito máis o que fixen eu xa que o emperador acaba destronado e polo menos acaba un personaxe triste. No resto da obra non lle cambíaria nada e o vocabulario é fácil de entender.

Adrián Ríos González (4º ESO)

Andel de Libros (XXVII): Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand (Adaptación: Paulino Pereiro e Francisco Pillado)


Cyrano de BergeracEdmond Rostand (Adaptación: Paulino Pereiro e Francisco Pillado), Baía Edicións

A min persoalmente, este libro gustoume moito, xa que amosa o que é capaz de facer unha persoa con tal de poder falar ou estar coa  persoa que lle gusta, e ademais sen traizoar a un amigo. No caso desta obra de teatro, vemos como Cyrano lle axuda ó seu amigo Cristián a conquistar a Rosana, pese que el tamén estaba namorado dela.

O tema principal penso que é, como ben dixen antes, o amor e a amizade, aínda que a guerra tamén xoga un papel importante.

A obra ten un carácter triste, porque ten moita relevancia a guerra, na que morre Cristián, e logo ó final, tamén morre Cyrano.

A escena máis importante penso que é cando Rosana, logo de tantos anos, descobre que era Cyrano quen escribía as cartas, e non Cristián, como ela pensaba. Pero a alegría duroulle pouco tempo, xa que dende que o descubriu, Cyrano morreu en cuestión de minutos.

Nesta obra, só cambiaría un aspecto, que sería darlle máis relevancia ó nariz de Cyrano, xa que para a miña idea é un tema esencial, e menciónase apenas un par de veces.

A lingua foime moi fácil de entender, xa que utilizan unha linguaxe propia do uso diario, e apenas hai palabras das que descoñecía o seu significado, das cales, moitas se sacan polo contexto no que se atopan.

Jennifer López Becerra (4º ESO)

Andel de Libros (XXVI): A piragua, de Cándido Pazó



A min este libro gustoume moito, aínda que houbo algunhas partes do libro que non me gustaron moito, como por exemplo, cando Delio mata a Guzmán e ademais cando se mostran os momentos nos que Delio trata mal a Rosa. 

O momento que máis me gustou deste libro foi cando Rosa logra desaparecer da vista do seu marido Delio. E como dicía antes, os momentos que menos me gustaron deste libro foi cando se mostran os momentos nos que Delio trata mal a Rosa polo simple feito de que Rosa non o apoiou na votación que fixeran na xunta de propietarios días antes. 

Nesta peza teatral eu non faría ningún cambio xa que me gustou así como é. Por outra parte, o tema do que trata este libro é bastante triste e ademais é unha cousa que hai moito na actualidade. O tema desta obra teatral se aínda non o tedes moi claro é a violencia de xénero. A violencia de xénero é o principal tema deste libro pero esta peza teatral tamén ten unhas escenas bastantes humorísticas. Esta obra de teatro non é en todos os momentos triste polo simple feito de que trata moito sobre a violencia de xénero. 

A linguaxe deste libro é bastante fácil de entender.

Marta Veiras Noya (4º ESO)