Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 3 de decembro de 2019

Conta de Libros (V): Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad



O libro do cal vos vou falar aquí é unha novela de Elena Gallego titulada Sete Caveiras, que sen dúbida está  chea de intriga, misterio, que a cada páxina que pasa engancha cada vez máis, mais sobre todo o final do libro, xa que estás ansios@ por saber como remata. 

O momento máis importante ou intrigante para min de toda narración creo que foi cando reciben un sobre co  DVD coa canción que di que estas mortes son unha vinganza de algo que ocorreu hai varias décadas.

Esta novela cóntanos sen dúbida un crime perfecto.

Non lle faría ningún cambio, a verdade, o final sorprendeume totalmente, non  mo esperaba, pero para ben. Por esa razón encantoume.

Os personaxes parecéronme moi traballados e os nomes tamén me gustaron moito.

Ten un vocabulario moi sinxelo, de fácil comprensión.

Un libro que por suposto recomendo, sobre todo se che gustan as historias de asasinato, misterio.

Leticia Añón Guerra (4º ESO)

Conta de Libros (IV): Os dous de sempre, de Castelao



Este libro abrangue un tema bastante interesante. Fala da vida de dúas persoas, Pedriño e Rañolas. Estes dous son amigos dende moi pequeniños e a narración conta a súa vida por separado e a súa vida xuntos.

O momento máis importante do libro para min é cando os dous protagonistas se reencontran e pasan toda unha tarde falando da súa vida.

O meu personaxe favorito é Rañolas, xa que ao longo da novela demostra ser un home loitador, que con moito esforzo logra conseguir todas as cousas se propón. En cambio Pedriño é un rapaz ao cal todo lle dá igual e o único no que pensa é en comer e vivir ben.

Desde o meu punto de vista o final da narración é moi inesperado, xa que para nada te esperas o que vai ocorrer cun dos personaxes, e se queres sabelo terás que ler o libro!

O vocabulario desta obra para min foi algo difícil, porque ten algunhas palabras difíciles de entender, pero polo contexto podes chegar a comprendelas.

Dito todo isto, recoméndovos un montón este libro, e aínda que ao principio poida parecer algo aburrido, ao final acaba enganchando!

Ahinoa Antelo Rodríguez (4º ESO)

O momento máis importante para min foi cando Rañolas estaba disposto a ir á vila, pero chegoulle a desgraciada noticia de que súa nai falecera, entón este decidiu non volver e seguir co seu de vender nas romarías mentres que, pola outra parte, a vida de Pedriño era bastante mala, o pobre non sabía facer nada, soamente comer e andar de larchán. A tía de Pedriño pasábaas negras para poñelo a traballar en calquera cousa, xa que el ou non lle gustaba facer nada ou non servía para nada pero era moi bo rapaz.

O tema pareceume interesante xa que a vida dos dous era bastante diferente pero as dúas eran bastante entretidas, sobre todo a de Rañolas que era un aventureiro.

O final non me pareceu o axeitado debido a que a morte de Rañolas foime desagradable para o meu gusto, eu daríalle un como que el mais Pedriño pasasen todas as tardes xuntas e deixasen os seus traballos para estar un co outro.

Respecto ao contido do libro non cambiaría nada, todo está moi ben programado para que no final da historia se acaben encontrando un co outro.

Pablo García López (4º ESO)

Para min  o momento máis importante do libro foi cando Pedriño intenta matar a súa sogra Filomena xa que iso cambia todo entre eles dous.

O tema do libro está bastante ben, pero eu nalgunhas partes deste poñería algo máis interesante xa que ás veces resulta aburrido, por exemplo a min en verdade gustoume todo a novela pero a parte que é mais interesante na miña opinión é cando Pedriño lle intenta poñer os cornos á muller ou como xa dixen cando intenta matar a súa sogra pero a parte que máis impacta é cando o Rañolas se suicida.

O final foi inesperado pero non o entendín moi ben.

En canto á linguaxe para min foi moi difícil de comprender xa que estaba escrita na lingua da época Nós e ás veces pois resulta complicado de entender, pero polo resto fenomenal.

Gloria Pena Gutiérrez (4º ESO)


Boas a todos e a todas, vouvos falar dun libro que a min gustoume moito persoalmente e que lle recomendaría a todo o mundo.

O libro trata da vida de dúas persoas, Pedro e Rañolas, dous amigos da nenez que viven dúas vidas completamente distintas e que contan con dúas personalidades tamén diferentes. A historia é un tanto complicada de seguir dado que vai contando ambas historias paralelamente e ás veces salta dunha noutra cando aínda se atopa no medio da historia. Como xa dixen anteriormente as súas personalidades difiren moito, Pedro é un home que desaproveita moitas oportunidades que consegue (e consegue moitas) mentres que Rañolas tense que complicar moito para poder chegar a conseguir unha vida decente.

Esta novela é moi doada de ler xa que aínda que pareza que é un libro grande a metade das páxinas están en branco ou con un debuxiño que ilustra máis ou menos o que ocorre en cada capítulo.

A min o que máis me gustou de Os dous de sempre é que ao final de cada capítulo, que son bastante curtos, ás veces hai frases que che fan reflexionar ou que simplemente son boas, a min unha que me marcou persoalmente é esta: “O mundo é grande e o meu burro bule ben”.

O vocabulario utilizado por este escritor é doado de entender non obstante utiliza algunhas palabras que poden ser un pouco complicadas.

Unha conclusión que saquei do feito de que os capítulos sexan curtos é que Castelao en verdade non sabe escribir novelas xa que esta narración máis ca unha novela parece unha historia composta por historias curtas.

Yago Leis Ríos (4º ESO)


Esta narración paréceme que contén unha historia moi interesante, ademais dunhas bonitas ilustracións en cada capitulo, polo que recomendo lelo, mais o seu vocabulario foime difícil de comprender, o que provocou que perdera algo de interese nela.
Pedriño é toleirán e vago, só quere un traballo que lle paguen ben e non teña que facer moito.
Rañolas é traballador e eivado de nacemento, perseguía un soño, mais cando o acadou non se sentía que estaba vivindo a vida como debía.
O momento máis importante paréceme cando Pedriño tenta matar a sogra, pois é un momento moi entretido, xa que despois de todo o libro non esperas que se atreva a facer algo polo estilo. Ademais a causa disto a sogra comeza a respectalo e ata lle consegue traballo.
O final non me gustou, creo que Rañolas non merece rematar así, posto que levaba toda a vida traballando moito para lograr o seu soño e cando o consegue non se consideraba feliz, pois sentíase escravo do traballo.
Eu suprimiría algunhas escenas do libro nas que non teñen que ver directamente cos protagonistas.
Alba Dafonte Rodríguez (4º ESO)

O tema deste libro de Castelao non é precisamente emocionante, pero si entretido e interesante; fala de dous amigos da infancia que toman camiños separados na vida e cóntase como se desenvolven no mundo e as cousas que lle acontecen ata volver a encontrarse.

Persoalmente o momento máis importante do libro paréceme o reencontro dos dous de sempre; Pedriño e Rañolas, tal pasar unha gran tempada separados vivindo cada un a súa vida. Ademais, Rañolas, é e era o único amigo de Pedriño, o cal, non ten unha vida moi afortunada.

O meu personaxe preferido, se teño que elixir, diría que é Rañolas, xa que é o que máis avanza na historia.

Se tivera que cambiar algo, posiblemente arranxaría un pouco a vida de Pedro engadindo alguén que o quixera tanto coma a tía Adega, ou por exemplo, darlle máis protagonismo á súa filla, que a pesar de todo, quéreo ben.

A pesar de que ten unha linguaxe bastante "antiga" e difícil de comprender, recomendo este libro. Ten unha historia moi bonita e ao mesmo tempo, ensina o que era a vida naquela época; como actuaba xente, os seus pensamentos, etc. Gustoume bastante e é moi rápido de ler.

Iria Boquete Sánchez (4º ESO)

luns, 2 de decembro de 2019

Book tráiler (XII): "O misterio dos fillos de Lúa", de Fina Casalderrey. Realizado por Ana Viqueira García



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey ((col. O Barco de Vapor. LiteraturasSM, 1995, 23ª ed. 2019). Realización youtubeira: Ana Viqueira García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Book tráiler (XI): "O misterio dos fillos de Lúa", de Fina Casalderrey. Realizado por Brais Montaos Dubra e Iker Señarís Suárez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey ((col. O Barco de Vapor. LiteraturasSM, 1995, 23ª ed. 2019). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra e Iker Señarís Suárez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



sábado, 30 de novembro de 2019

Book tráiler (X): "Corredora", de María Reimóndez. Realizado por Darío Sánchez Liste




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Darío Sánchez Liste, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (IX): "A balada dos unicornios", de Ledicia Costas. Realizado por Ana Señarís Veiras e Lucía González Castro



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrada por Mónica Armiño (Xerais, 2018). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras e Lucía González Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



venres, 29 de novembro de 2019

Book tráiler (VIII): "Ameaza na Antártida", de Ramón Caride. Realizado por Irene Iglesias Domínguez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Ameaza na Antártida, de RamónCaride, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Merlín, Xerais, 2000. 19ª ed. 2019). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (VII): "Trece anos de Branca", de Agustín Fernández Paz. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de AgustínFernández Paz (Editorial Rodeira, 1994). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (VI): "O misterio dos fillos de Lúa", de Fina Casalderrey. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey (col. O Barco de Vapor. LiteraturasSM, 1995, 23ª ed. 2019). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (V): "Corredora", de María Reimóndez. Realizado por Rubén Goimil Parafita e Ángel Lomba Tarrío



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Rubén Goimil Parafita e Ángel Lomba Tarrío, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 27 de novembro de 2019

Book tráiler (IV): "Corredora", de María Reimóndez. Realizado por Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Sara González Castro e Valeria Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (III): "O Pazo Baleiro", de Xabier P. Docampo. Realizado por Ana Señarís Veiras



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Pazo Baleiro, de Xabier P.Docampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 26 de novembro de 2019

venres, 22 de novembro de 2019

Conta de Libros (III): Cartas de amor, de Fran Alonso




A min este libro gustoume no sentido de que che ensina as cousas da vida, e sobre todo porque estas cartas fanche abrir os ollos de como o están pasando outras persoas.

A lectura do libro é moi sinxela pero ao mesmo tempo moi dura polos temas que trata. Ademais, faise interesante e a medida que imos vendo as cartas, son cartas de amor, pero non amor como o coñecemos, senón un amor diferente. Fala do amor á Terra, do amor á xente, dos que se van, dos que nacen. Tamén do amor que traizoa e do amor que fai feliz.

Tratan de temas como a inmigración, o desamor, o amor, o humor, a sexualidade, de prisioneiras, etc.

Cada carta simboliza un tipo de amor que ás veces ten final triste e outras veces ten un final ledo.

É un libro que che ensina tamén como de triste é a vida noutros países. Por iso, eu este libro recoméndollo a calquera persoa que lle guste ler historias emotivas.

Adrián Gándara Reboredo (3º ESO)

A min pareceume un libro interesante porque conta historias que lle sucederon a moitas persoas ou que aínda lle están pasando e non só lles ocorreu a esas personas a historia senón que as están vivindo moitas máis dia a dia.


O momento que me pareceu máis importante é cando a moza lle escribe unha carta á súa amiga dicindo que é lesbiana, porque é unha cousa que lle ocorre a moitas persoas tanto a homes coma a mulleres que non se atreven a confesalo por medo a que os rexeiten e se rían deles por selo.

Non faría ningún cambio porque a min paréceme que o libro está ben así e porque son historias persoais que viviron persoas que pasaron por esa mesma situación e a viviron de maneira diferente.

O vocabulario en xeral pareceume fácil pero había algunhas palabras ás que non lle coñecía o significado.

Gloria Bello Fraga (3º ESO)

A min esta narración paréceme interesante, pero non me chama moito a atención o de que sexan varias historias sen ter que ver unhas coas outras, polo tanto non enganchan tanto como require o tema. 

Cada historia contén a súa protagonista, e a min gustaríame que se coñeceran. Gústame que as historias ocorran en distintas épocas, porque iso tamén inflúe nos temas tratados e na perspectiva de ler a obra. 

O meu personaxe favorito é Mónica, porque á parte de ser a historia máis próxima no que se refire á época a min tamén porque fai uns anos seguía sendo o mesmo que agora co que respecta coa homosexualidade. Para moita xente está mal vista, e con esa opinión só fan que as persoas homosexuais non o queiran dicir porque temen ser rexeitadas pola sociedade. Iso mesmo é o que lle pasa a Mónica.

O libro non é moi longo, e grazas a que o vocabulario non é moi complexo facilita a súa lectura. 

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)

martes, 12 de novembro de 2019

Book tráiler (I): “O misterio dos fillos de Lúa", de Fina Casalderrey. Por Raquel Dafonte e Lúa Edreira



«Entendemos por booktrailer en el contexto escolar, que es el que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudiantes de Secundaria (o de Primaria), a partir de la lectura de un libro de ficción. La finalidad del cortometraje es convencer a los iguales de que vale la pena leer el libro en cuestión.
Hay implícitas, por tanto, como quedará patente más adelante, las ideas de lectura (e interpretación, con toda su ambigüedad), de elaboración conjunta (por el volumen de trabajo que supone) y, por último de significatividad.»
(Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com)

Neste curso 2019/2020 continuamos a publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado da ESO, de maneira voluntaria, realizará breves BOOK TRÁILERS sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.

Nesta sección Book tráilers as primeiras alumnas en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foron Raquel Dafonte Rodríguez e Lúa Edreira Martínez (1º ESO), desta volta sobre a novela O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey (col. O Barco de Vapor. Editorial SM, 1995).