
luns, 14 de novembro de 2011
E ti...como amas?

mércores, 9 de novembro de 2011
Repasando a aplicación da actual Lei da Violencia de xénero
martes, 8 de novembro de 2011
Reflexión sobre as mulleres que amamos
'No las ves que están agotadas, que no se tienen en pie, que son ellas las que sostienen cualquier ciudad, todas las ciudades. Con el matrimonio, con la maternidad, con la viudedad, con los golpes, ellas cargan con este mundo, con este sábado por la noche donde ríen un poco frente a un vaso de vino blanco y unas olivas. Cargan con maridos infumables, con novios intratables, con padres en coma, con hijos suspendidos. Fuman más que los hombres. Tienen cánceres de pulmón, enferman, y tienen que estar guapas. Se ponen cremas, son una tiranía las cremas. Perfumes y medias y bragas finas y peinados y maquillaje y zapatos que torturan. Pero envejecen. No dejan las mujeres tras de sí nada, hijos, como mucho, hijos que no se acuerdan de sus madres. Nadie se acuerda de las mujeres. La verdad es que no sabemos nada de ellas. Las veo a veces en las calles, en las tiendas, sonriendo. Esperan a sus hijos a la salida del colegio. Trabajan en todas partes. Amas de casa encerradas en cocinas que dan a patios de luces. Sonríen las mujeres, como si la vida fuese buena. En muchos países las lapidan. En otros las violan. En el nuestro las maltratan hasta morir. Trabajan fuera de casa, y trabajan en casa, y trabajan en las pescaderías o en las fábricas o en las panaderías o en los bares o en los bingos. No sabemos en qué piensan cuando mueren a manos de los hombres.'(Manuel Vilas, Resurrección, 2005)
Visto en http://menosquemarx.blogspot.com/
luns, 7 de novembro de 2011
Gaña un libro coa biografía de Berrogüetto
A Editorial Galaxia vén de convocar un concurso de microrrelatos na rede para textos de tan só 11 palabras, como homenaxe ao grupo folk Berrogüetto.
Velaquí as bases da convocatoria:
O vindeiro venres 11 do 11 do 11 presentaremos na Cidade da Cultura de Galicia o libro, escrito por Fernando Neira, cun CD e un DVD en directo e un tema inédito e limiar de Manuel Rivas, 'Berrogüetto, o pulso da terra', a súa biografía oficial na que se repasan quince anos de carreira.Co gallo desta importantísima novidade editorial propoñemos, a partir do noso facebook e twitter, un concurso de microrrelatos no que todos e todas poden participar enviando un texto no que haberá que empregar, obrigatoriamente, once palabras, das cales tres deben ser BERROGÜETTO, PULSO e TERRA.Un exemplo: 'A terra quixo botarlle un pulso ao pentagrama: daquela, naceu Berrogüetto'.Dende hoxe mesmo convídase aos internautas a enviar as súas propostas, vía facebook (Falamos de libros) ou twitter (@edgalaxia). A que máis guste ao xurado, no que estarán membros do grupo e da editorial, recibirá como agasallo un exemplar do libro co CD e o DVD asinado polos sete membros do grupo e polo autor do libro.Anímate a escribir. Só son once palabras.O fallo darase a coñecer, como non podía ser doutro xeito andando polo medio os Berrogüetto e a importancia que sempre lle deron aos números, ese 11 do 11 do 11.
(Fontes: youtube para o video musical e blogue da Editorial Galaxia)
venres, 4 de novembro de 2011
Hoxe celebramos o Día da Ciencia en galego

Os teus comentarios teñen moito VALOR

xoves, 3 de novembro de 2011
Tal día coma hoxe...
(Nesta gravación da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, AELG, Neira Vilas explica as razón polas que principiou a escribir)
Hoxe fai 83 anos o escritor Xosé Neira Vilas, que naceu tal día coma hoxe no lugar de Gres (Vila de Cruces). Moitos de nós somos lectores e lectoras dos seus libros, nomeadamente das Memorias dun neno labrego, que se publicou hai cincuenta anos. Parabéns a Balbino, o personaxe protagonista deste libro, e moitos parabéns ao seu autor Xosé Neira Vilas. Moita saúde e vizosidade, mestre.Cancións para ESCOITAR, pensar e actuar
Se ben todos os días de todos os meses do ano deberían ser días contra a violencia na parella, o 25 de Novembro é o Día Mundial contra a violencia de Xénero. É por isto que este mes imos estar máis atent@s para concienciarnos de que se non loitamos contra a violencia, somos cómplices dela. Para ir entrando no tema, déixovos a continuación un enlace "musical", acompañado de breves comentarios, con temas ben coñecidos que dalgún xeito abordan este tema. Dirixidos ás víctimas, estes temas pretenden "abrirlles os ollos", primeiro paso para dicir BASTA XA e cambiar a súa vida.mércores, 2 de novembro de 2011
venres, 28 de outubro de 2011
Tal día coma hoxe...
xoves, 27 de outubro de 2011
Nós lemos para que ti non teñas que facelo
Dura tan só un minuto e resulta interesante este video promocional da lectura. Porén o seu “eslogan” non é moi axeitado xa que non se entende fóra de contexto.
En realidade están apromocionar un espazo de recensións de libros, onde se recomendan lecturas, por iso din “Nós lemos para que ti non teñas que facelo”.
Para nós sería moito mellor que dixese algo así como “Nós lemos para que ti poidas escoller”. Alén diso, nalgunhas das situacións que saen no video tampouco sería moi aconsellable ler. En calquera caso, quedamos co espírito lector desta mensaxe publicitaria.
Daquela, a ler eses libros que xa agardan por nós, nas diferentes materias ou no clube de lectura.
Fonte: http://librosfera.blogspot.com
martes, 25 de outubro de 2011
Para ir abrindo boca...

Biscoito - camposanto de chocolate e galletas de Halloween.
Toda a información de como elaboralo, paso a paso, moi faciliño, aquí:
http://www.lacocinaalternativa.com/2011/10/23/cementerio-de-chocolate-y-galletas-para-halloween/
Se alguén se anima que nos faga saber o macabro e saboroso resultado comentando aquí abaixo.
domingo, 23 de outubro de 2011
24 de Outubro: Día Internacional das bibliotecas
Para celebralo, invitámosvos a coñecer o interior da Biblioteca Nacional.
Fundada en Decembro de 1711, a piques de celebrar o seu 300 aniversario, goza dunha vida intensa e dunha actividade frenética.
Visto no Youtube http://www.youtube.com/
martes, 18 de outubro de 2011
Que len os Simpson?
Foto: lisasimpsonbookclub.tumblr.comExiste O Club de lectura de Lisa Simpson, un sitio q recorre todas as referencias literarias que os persoaxes de Fox teñen comentado na pantalla ao longo destes 20 anos de historia. Este club amosa que os Simpson len dende Harry Potter ata Darwin, pasando por Walt Whitman.
Se queres saber máis, pincha aquí:
http://www.lavanguardia.com/libros/20111012/54230039299/que-leen-los-simpson.html




