Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 17 de abril de 2008

BASES DO CONCURSO

As bases do concurso "COÑECE E INVESTIGA A CULTURA E A HISTORIA NA TÚA BIBLIOTECA" son as seguintes:

1.- Os compoñentes agruparanse en equipos de tres alumnos/as.
2.- Poderá participar todo o alumnado da ESO.
3.- Os alumnos/as terán a súa disposición tódolos materiais bibliográficos da biblioteca.
4.- O tempo estimado será de 45 minutos.
5.- O grupo de gañadores/as levarán un diploma e un premio de recordo.
6.- Haberá dúas modalidades de preguntas encadeadas e tamáticas. O procedemento se explicará no seu moemento.
7.- As preguntas repartiránse en sobres pechados ao chou.
8.- Os gañadores/as saberán o resultado aproximadamente unha semana despois da realización do concurso. Exporanse os resultados no taboleiro do centro e no das aulas, así como en este blog.
9.- En caso de empate, sempre que se dean as respostas correctas, serán gañadores os que utilicen máis bibliografía.

Ningún comentario: