Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 8 de abril de 2008

CONCURSO

O 23 de abril de 1616 faleceron tres grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes (calendario gregoriano), William Shakespeare (calendario xuliano) e Garcilaso de la Vega. Escolléuse este día para conmemorar ós libros, fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A proposta foi presentada pola Unión Internacional de Editores á UNESCO. En París en 1995 a Conferencia xeral de UNESCO aprobó o 23 de abril como o "Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor".

Para conmemoar ese día celebraráse o concurso "Coñece e investiga sobre a cultura e a historia na túa biblioteca" dirixido a todo o alumnado de secundaria. As bases do concurso atópanse no taboleiro da aula; a folla de inscrición, na biblioteca. ANÍMATE E PARTICIPA!!

No hay comentarios: