Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 19 de novembro de 2009

AGATHA CHRISTIE (1890-1976)


Novelista e dramaturga británica . As súas novelas policíacas e de misterio son algunhas das máis lidas internacionalmente. Deuse acoñecer coa novela El misterioso caso de Styles (1920). Neste primeiro relato, escrito mentras traballaba como enfermeira durante a Primeira Guerra Mundial, aparece o famoso investigador Hércules Poirot, ao que axiña xuntou noutras obras con Miss Marple, unha perspicaz señora de idade avanzada .







A estrutura da trama, baseada na tradición do misterio por descubrir, e sempre similar, e o seu desenrolo está en funcion da observación psicolóxica.
As súas novelas máis coñecidas e as que maior éxito se lles recoñece son Muerte en las nubes, Asesinato en el Orient Express, Muerte en el Nilo (1937), Diez negritos (1939) e Testifo de cargo (1942). Moitas das súas obras foron levadas ao cine e outras, como La ratonera, foron adaptadas ao teatro pola propia autora.
Noelia González. Alumna do PCPI







Ningún comentario: