Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 14 de novembro de 2010

"As mochilas viaxeiras" comezarán esta semana o seu percorrido por Trazo

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

Están chegando aos centros públicos de ensino primario e secundario de todo o país unhas mochilas destinadas a poñer en marcha a iniciativa MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade que xa está en marcha nalgúns centros educativos baixo distintos nomes e fórmulas. A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras.


1 comentario:

Alba Doacmpo Noya dixo...

Pareceme moi boa idea o tema das "mochilas viaxeiras" porque hai xente pois que a anima máis a leer. E parece que da como animo,por iso nos co esforzo que fan todos os profesores de todolos cursos a animarnos a ler a meternos nunha historia,vivir a nosa propia historia, pois temoslle que demostrar que o seu esforzo valiu a pena e como non mellor que lendo.