Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 28 de novembro de 2010

E se nos animamos a participar?



Aquí vos deixo información sobre dúas convocatorias de concursos, un de contos e outro de fotografía. Aquel@s que participastes o ano pasado no I obradoiro de fotografía que organizamos dende a biblioteca, podedes amosar agora as vosas dotes artísticas. E aquel@s que estades descubrindo as vosas dotes de escritor@s, podedes seguir a cultivalas. (Se vos animades e precisades axuda, pasádevos pola biblio e falade con Asun)


1.200 caracteres sen contar espazos. Cada autor pode enviar máximo tres contos. Hai que mandar aos dous correos electrónicos, o do PEN e o de LV: Consulta as bases íntegras ao pé da páxina 13 da ligazón adxunta.
- Convocan:
Centro PEN de Galicia
Xornal L-V De luns a venres

Dotación: 1º 600 €, 2º 300 €, 3º 100
Máis información




Tres categorías: participantes ata 13 anos, de 14 a 30 anos, e de máis de 30 anos. Tamaño de fotografía mínimo: 20x25 cm se é analóxica, 20x30 cm se é dixital; montada nun soporte de 30X40 cm. Cada participante poderá presentar cantas fotografías considere. Todas as fotografías presentadas amosaranse nunha exposición itinerante. Máis información na ligazón.
- Convoca / enviar a:
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia
Rúa de Belvís, 2.
15703 Santiago de Compostela

Dotación: 90€ 1ª categoría, 180€ 2ª categoría, 150€ 3ª categoría
Máis información
fed.galicia@confedonbosco.org

Ningún comentario: