Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 27 de marzo de 2011

Hoxe, Día Mundial do Teatro


Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro. Cada ano, unha personalidade representativa do mundo do teatro asina un manifesto que se difunde por todo o mundo. O texto deste ano 2011 corresponde a unha gran dramaturga, actriz, directora e profesora de teatro, Jessica A. Kaahwa de Uganda (sobre ela http://cemexitiunesco.org/contenido.php?id_clave=000005).

O International Theatre Institute publicou a Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro deste ano, que reproducimos a continuación:

por Jessica A. Kaahwa, Uganda

“O TEATRO A SERVIZO DA HUMANIDADE”

Este é o momento exacto para unha reflexión sobre o inmenso potencial que o Teatro ten para mobilizar as comunidades e crear pontes entre as súas diferenzas. Xa, algunha vez,imaxinaran que o Teatro pode ser unha ferramenta poderosa para a reconciliación e para a paz mundial? En canto as nacións consumen enormes cantidades de diñeiro en misións de paz nas máis diversas áreas de conflitos violentos no mundo, dáse pouca atención ao Teatro como alternativa para a mediación e transformación de conflitos. Como poden todos os cidadáns da Terra alcanzar a paz universal cando os instrumentos que se deberían usar para tal son, aparentemente, usados para adquirir poderes externos e represores?

O Teatro, sutilmente, permea a alma humana dominada polo medo e a desconfianza, alterando a imaxe que teñen de si mesmos e abrindo un mundo de alternativas para o individuo e, por consecuencia, para a comunidade. El pode dar un sentido á realidade de hoxe, evitando un futuro incerto. O Teatro pode intervir de forma simples e directa na política. Ao ser incluído, o Teatro pode conter experiencias capaces de transcender conceptos falsos e preconcibidos.

Alén diso, o Teatro é un medio, comprobado, para defender e presentar ideas que sustentamos colectivamente e polas que teremos de loitar cando foren violadas. Na previsión dun futuro de paz, deberemos comezar por usar medios pacíficos na procura de nos comprendermos mellor, de nos respectarmos e de recoñecer as contribucións de cada ser humano no proceso do camiño da paz. O Teatro é unha linguaxe universal, a través da cal podemos usar mensaxes de paz e de reconciliación.

Co envolvemento activo de todos os participantes, o Teatro pode facer con que moitas consciencias reconstrúan os seus conceptos preestablecidos e, desta forma, dar ao individuo a oportunidade de renacer para facer escollas baseadas no coñecemento e nas realidades descubertas. Para que o Teatro prospere entre as outras formas de arte, deberemos dar un paso firme no futuro, incorporándoo na vida cotiá, a través da abordaxe de cuestións prementes de conflito e de paz.

Na procura da transformación social e na reforma das comunidades, o Teatro xa se manifesta en zonas devastadas pola guerra, entre comunidades que sofren coa pobreza ou coa doenza crónica. Existe un número crecente de casos de suceso onde o Teatro conseguiu mobilizar públicos para promover a conscientización no apoio ás vítimas de traumas posguerra. Fai sentido existiren plataformas culturais, como o [ITI] Instituto Internacional de Teatro, que visan consolidar a paz e a amizade entre as nacións.

Coñecendo o poder que o Teatro ten é, entón, unha farsa manter o silencio en tempos como este e deixar que sexan “gardiáns” da paz no noso mundo os que empuñan armas e lanzan bombas. Como poden os instrumentos de alienación seren, ao mesmo tempo instrumentos de paz e reconciliación?

Exhórtovos, neste Día Mundial do Teatro, a pensar nesta perspectiva e a divulgar o Teatro, como unha ferramenta universal de diálogo, para a transformación social e para a reforma das comunidades. En canto as Nacións Unidas gastan sumas colosais en misións de paz co uso de armas por todo o mundo, o Teatro é unha alternativa espontánea e humana, menos dispendiosa e moito máis potente.

Non será a única forma de conseguir a paz, mais o Teatro, certamente, deberá ser utilizado como unha ferramenta eficaz nas misións de paz.”

No hay comentarios: