Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 18 de noviembre de 2011

Tempo de setas, castañas e contos.

O outono está a traernos a Trazo moi bos momentos compartidos con xente que nos visita. Hoxe tocounos doblete.

Pola mañá, José María Costa, experto en setas, fungos e cogumelos de todas as especies, cores e tamaños quixo compartir connosco os seus coñecementos. Esta charla acompaña a exposición sobre este tema que está a organizar o profesor de Física e Química, aínda que sabemos que o contacto co experto na materia veu dado polo profesor de Lingua e Literatura Galega (xa dicíamos no inicio do curso que os novos viñan pisando forte este ano). Abraiad@s quedamos con tanta sabiduría "seteira" e moi moi agradecid@s por terse achegado ata o centro para contárnola. Para @s que queirades saber máis, na biblioteca dispoñemos dun par de libros/guía sobre setas, un deles do propio José María Costa. Para el vai adicado este curioso vídeo coñecido co nome de "baile de setas", aínda que sabendo case todo sobre elas, seguro que xa o coñece. Aparece na película Fantasía, saída da factoría Disney en 1940. O balet interpreta a Danza Chinesa de "O Quebranoces" de Tchaikovsky. O profe de música ben pode correxirnos se nos trabucamos nalgún destes datos.



Pola tarde celebramos o tradicional Magosto ao que todos os anos acoden ex-alumn@s que din que nos botan de menos. Parece que non hai como marchar de Viaño Pequeno para decatarse do ben que se vive aquí. Moitas grazas a tod@s pola visita. Moitas grazas a tod@s @s que colaborastes para que un ano máis o Magosto saíra adiante.

Tamén tivemos unha visita ben especial a semana pasada. Tim Bowley e Charo Pita fixéronos pasar un moi bo rato cos seus contos en versión Inglés/Galego. Escoitamos contos recollidos nas tradicións de diversas partes do mundo e disfrutamos da "contada". Podedes coñecer máis sobre a obra de Tim, pois mercamos un dos seus libros para a Biblioteca. Para @s que non viñestes, así presentan o seu espectáculo nun recoñecido local de Compostela, onde actuaron recentemente:

"Tim, presentó por primera vez sus cuentos en España en el pub Atlántico en el año 97, de la mano de su traductora Casilda. El éxito fue tal que se instaló definitivamente aquí desde el año 98. Desde entonces, recorre escenarios y festivales de todo el mundo, y tiene publicados varios libros.
Su repertorio es propio de la tradición oral de varias culturas del mundo: leyendas del Rey Arturo, cuentos de hadas europeos, historias celtas, relatos de los indios americanos, cuentos sufíes y de origen Zen, entre otros.
Desde hace unos años Tim, comenzó a contar con su nueva traductora, Charo Pita. Tim cuenta en inglés y Charo hace traducción simultánea. Una extraordinaria forma de contar, en la que dos voces en dos lenguas se entrelazan para enriquecer una historia de matices, de ecos. No es un narrador y una traductora: son dos cuentistas contando un mismo cuento, dos voces enredadas en una palabra. Un ejercicio difícil pero, cuando está bien preparado, como es el caso, un alarde de compleja sencillez. "


Vídeo visto no Youtube : www.youtube.com

6 comentarios:

Noelia dijo...

O venres estivo moi ben a charla sobre setas, sobre todo gustoume un comentario que fixo Xosé María cando falabamos dunha seta que bueno, parecía un pene... ''Isto chamámoslle mosca cojonera'' dixo Xosé María, que comentario máis gracios pensei ;)
E o magosto por suposto, coma sempre moi ben :), estivo xenial. Coma todos os anos por suposto.

Juan Ramón Gallástegui dijo...

Que bo relato da actividade no centro. As cousas que se fan son interesantes, e a memoria delas tamén.
Noraboa.

BIBLIOTECA TRAZO dijo...

Grazas polos vosos comentarios. Comezamos a semana moi moi felices :D
Quereríamos moitos máis...

Iria Vales dijo...

Sobre a visita de Tim Bowley e Charo Pita, a verdade e que foi moi curioso... Era alucinante a maneira tan boa que tiña de compaxinarse! Notábase que non era a primeira vez que traballaban xuntos! Aínda que ás veces non nos enterabamos moito do que facían...
En canto as setas, sinceramente quedei alucinada ca ampla información e curiosidades deste reino que nos quedan por coñecer... Algún día gustaríame traballar con elas! A charla foi moi amena, xa que José María coñecía perfectamente a forma de pensar dos adolescentes, e sabía facer que nos parecese divertido e interesante.
O Magosto... Qué dicir sobre o Magosto? Claramente xenial! Un día no que todos traballamos xuntos para poder facer unha gran festa, onde podemos comer castañas, axudar a facelas, repartilas, cantar, bailar, tocar... E ata recordar vellos alumnos deste colexio!
Un saúdo.

BIBLIOTECA TRAZO dijo...

Grazas polas túas palabras, Iria. A verdade é q para nós é un gustazo ver q disfrutades coas actividades q se organizan pensando en vós. E q o comentedes por aquí é unha GRANDE GRANDÍSIMA ALEGRÍA ;D Que se repita ;P

veronica dijo...

Eu estou dacordo con todos vós, en especial con Iria, penso igual ca ela, cada unha das actividades que vós realizades fan que nós aprendamos e saibamos máis, ademais de así poder desconectar un pouco do ritmo das clases pero sen deixar de gozar aprendendo. É xenial ter tantas actividades de diversos temas, algúns parecen máis aburridos ca outros pero finalmente todos son simplemente xeniais. Grazas por todo aos organizadores e colaboradores que nos fan gozar de cada momento que pasamos no centro C.P.I Viaño Pequeno.