Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 5 de xaneiro de 2012

Obradoiro GRATUITO de elaboración de curtametraxes para alumnado de ESO

A asociación “Senunpeso” producións naceu no ano 2009 co obxectivo principal de organizar Laboratorio Audiovisual de Vedra, LAV.

Os obxectivos son os seguintes:

Formación audiovisual
Promoción
Exhibición

Tamén podemos considerar como obxectivos fundamentais o da promoción do medio rural como unha sociedade que existe, ten vigor, participación e que gosta de estar ao tanto do que acontece no mundo

Preténdese con este obradoiro que o alumnado da ESO interesado no audiovisual poida ter unha visión de primeira man participando, e mesmo elaborando, unha curtametraxe durante o curso que propoñemos.

Toda a información ao teu alcance nun click:

http://senunpeso.org/obradoiros-lav012/iniciacion/obradoiro-alumnos-eso.html

9 comentarios:

Noelia Casas García dixo...

Podo saber ónde é ese obradoiro?
Se me deizan ir os meus pais vou, Porque me parece unha moi boa idea, e non é simplemente porque a min me gusten as curtametraxes ou o cine en xeral, é porque me encanta participar en couseñas desas ;)
Por favor se sabedes ónde é dicidemo

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

O obradoiro é na Casa da Cultura do Concello de Vedra.Vedra é un concello q está moi cerquiña de Santiago, saíndo pola estrada hacia Ourense. Imos tentar conseguir un teléfono onde poidades chamar e preguntar as vosas dúbidas.

Marta Otero Ramas dixo...

Encantaríame facer unha curtametraxe!! :)

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Noelia e Marta, pois animádevos a participar no obradoiro. Ao mellor hai un grupito pequeno de xente interesada en asistir e podedes quedar para ir e todo iso...
Se na casa vos dan permiso e arranxades o de ir ata alí, reservade a vosa plaza canto antes.
En canto consiga un teléfono de contacto, pásovolo. Coñecemos aos organizadores e son xente moi maja e saben moito destas cousas.

miriam dixo...

ai pois a min pareceme moi ben isto de facer un curtametraxe asi que secadra animome a facer un

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

A ver,chicas, unha amiga nosa q está en contacto coa xente q organiza o curso mandoume máis información, é esta: "Este curso está dirixido a aqueles rapaces aos que lles tira o do audiovisual. Terán clases teóricas e prácticas, e nestas usarán o mesmo equipo ca os adultos. O interesante é o tempo que comparten con outros chavalicos coma eles, e a convivencia con profesionais do medio. Aprenden a solucionar problemas no medio, a xestionar o pouco tempo que teñen, e a vivir o feito de ser creadores, e non só consumidores e piratas do cine. Tamén se preparan para atreverse a facer eles mesmos as súas pequenas creacións. Algunhas alumnas miñas que fixeron o curso agora queren repetir nos cursos de adultos. A estas rapazas traíanas os pais pola mañá, comían de bocata e recollíanas pola tarde. Eu fágome cargo de que as túas alumnas estean ben atendidas, se queres."

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Definitivamente o Obradoiro vaise celebrar no CPI de Vedra. Este é o teléfono para máis información: 615380199 (a partir das 15 horas)

Cristina Deus García dixo...

A min tamén me encantaría facer unha! Sempre me gustou moito o mundo das curtrametraxes, das películas... A ver se se anima xente e podemos quedar e iso!

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Oxalá vos animedes algunhas!! Se ao final ides contádenos como foi todo, por favor!!