Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 26 de xaneiro de 2012

Sobre a Exposición "Mulleres na historia"

Moitas teñen sido as mulleres, e moitos tamén os homes, que teñen traballado ao longo da historia por espertar conciencias na sociedade, por facer ver que non só a metade das obligacións, senón tamén a metade dos dereitos, lles corresponden.

Nestas datas finais de Xaneiro nas que todos os centros escolares estamos a desenvolver actividades sobre a Paz, pola celebración do Día Mundial da Non Violencia cada 31 de Xaneiro, o Equipo da Biblioteca quérevos convidar a coñecer, contra vento e marea, e arriscando, e perdendo nalgúns casos, a súa propia vida, os esforzos levados a cabo por estas mulleres en diferentes épocas. Elas, máis alá de diferenzas étnicas, lingüísticas, económicas, culturales e políticas viviron, ou viven, co obxectivo de alcanzar a igualdade, a paz, a xustiza e o desenvolvemento nos cinco continentes.

Que vivan as mulleres!!





Visto no Youtube (http://www.youtube.com/)



NOTA IMPORTANTE: A Exposición "Mulleres na historia" pódese visitar no Edificio de Secundaria durante os vindeiros 15 días.

5 comentarios:

laura dixo...

Xa é hora que as mulleres da historia se fagan coñecer, porque sempre son os homes os que destacan na historia como Galileo,Copérnico,etc... E hai veces que as mulleres tamen teño o dereito a que a xente sepa o que fixeron na historia.

Asi que VIVAN AS MULLERES !!!!!

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Compartimos a túa euforia, Laura. Que vivan!!

noelia dixo...

Eu tqmén penso q xa é hora de que as mulleres se coñezan. Ou a caso non son tan importante coma os homes? eu creo que son tan importantes ou incluso máis.
A exposición do pasillo, do melloriño que hai.

Olé que vivan as mulleres!!

Cristina Deus García dixo...

Eu tamén estou dacordo con vós. A exposición está moi ben, pois sempre se está a falar dos homes e eles sempre están destacando. Non digo que sexan peores que as mulleres,pero as mulleres son tan importantes coma eles, e para moita xente aínda son inferiores, e iso debe cambiar. Que vivan as mulleres!

Jennifer dixo...

Que vivan as mulleres!