Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 24 de febrero de 2012

Hoxe é o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro


(Nova fotografía de Rosalía de Castro descuberta por Ramón Torrado.
Fonte: Certo, Xornal Virtual da Barbanza)

Toda Galicia celebra hoxe o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con multitude de actos conmemorativos. Entes as moitas entidades que a recordan están a Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.

Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo. Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos).

Desde o CPI de Trazo lembramos a data con este seu poema do libro Cantares Gallegos (1863)

Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabou para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De que, pois, te queixas, Mauro?
¿De que, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei que quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.

4 comentarios:

Noelia Casas García dijo...

Encantame Rosalía de Castro, sempre que podo leo un poema dela. Este non o coñecía. Se me podes dicir o título do poema agradeceríacho un montonazo.
Bicos e Gracias.

BIBLIOTECA TRAZO dijo...

Noelia, esta entrada colgouna Miro, pregúntalle a el se ten algún título, pero eu creo que aparece no libro de Cantares gallegos sen título.

Noelia Casas García dijo...

Vale, graciñas de todas maneiras.

Jennifer dijo...

Gústame moito a súa poesía.