Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 7 de marzo de 2012

As mulleres en Galicia no século XX



(Vía culturagalega)

Hai moitos libros que nos poden achegar á data do 8 de marzo, Día da Muller. De recente aparición nas librarías é este As mulleres en Galicia no século XX, escrito por diferentes autoras e autores e que coordinou o historiador Julio Prada. Publicouno Ir Indo Edicións na súa colección de Ensaio e Investigación e velaquí a nota editorial da súa lapela:
“Diferentes historiadores analizan o papel da muller na recente historia con exemplos da realidade galega de cada período e cunha liña temática transversal que nos achega a análise de cada momento histórico dun xeito máis comprensible. A muller foi acadando espazos de visibilidade propios, lonxe dos tutelados polos homes. A imaxe que durante anos nos sinalaba a muller como un elemento sen iniciativa é cuestionada neste estudo grazas á análise que se leva a cabo da realidade do momento”.
Sobre a mesma data tamén se pode consultar un interesante especial, con textos e fotografías. que podemos atopar na ligazón da páxina culturagalera.org

No hay comentarios: