Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de abril de 2012

Conta de libros (XXV): O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz



O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, Xerais

Eu penso que este libro está ben porque aínda que case todas as historias de amor  teñen un final tráxico (é dicir non rematan cun final feliz),  son relatos moi entretidos e con personaxes moi variados, ademais de manter o amor e o mundo dos libros en común xa que aparecen en todos os relatos e se manifestan de distinto xeito.  
Os relatos que máis me gustaron foron "Amor de agosto", "Esta estraña lucidez" e "Despois de tantos anos", porque dous deles mostran como se namoraba a xente noutra época e o outro relato é moi romántico. Tamén os fragmentos que abren os capítulos son moi alentadores xa que che dan unha idea do que pode acontecer no relato.


Verónica Barreiro Calviño (3º) 

1 comentario:

Noelia Casas García dijo...

A min gústame moito este libro, lino e está moi ben.