Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 19 de abril de 2012

Imos á radio

As participantes na lectura conxunta de O Diario Violeta de Carlota, actividade organizada polo Club de Lectura, estamos de noraboa. Fomos convidadas a participar no programa "Sumando todas" de Radio Ordes, no que se lle fará unha entrevista á autora, Gemma Lienas. Participarán tamén membros do Club de Lectura do IES Maruxa Mallo de Ordes, lector@s tamén de O Diario Violeta. Pinchando sobre o libro, abaixo á dereita, tedes máis información.
Ademais, lembrámosvos que esta lectura deu lugar ao inicio dun foro de debate na aula virtual do centro que se chama "Educando en Igualdade", onde teñen lugar debates ben interesantes. Nos vindeiros días comentaremos neste foro o que máis destacamos da lectura do libro de Gemma Lienas, isto axudaranos a preparar a entrevista e daravos a tod@s a posibilidade de coñecer máis sobre a autora e a súa obra.

5 comentarios:

Jennifer dixo...

Que sorte tedes de ir a radio. Por certo a que hora é ?

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Pois o programa grábase o martes ( pensabamos q era o xoves, temos q avisar mañá ás alumnas do cambio) e emítese ao seguinte luns, día 30, ás 19.30.

Jennifer dixo...

Gracias pola información!

Noelia Casas García dixo...

Noraboa a tod@s! Pasádeo xenial!

danielgonzaleztrazo@gmail.com dixo...

Parabéns, moita sorte coa entrevista e sobre todo a facerlle publicidade a radio sobre o noso colexio. Espero que os saia ben a entrevista.