(Percorrido
pola Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal coa familia Pistracas.
Vía: Biblioteca Pública Ánxel Casal)
Vía: Biblioteca Pública Ánxel Casal)
Onte, o noso alumnado máis lector, que
participa nos Clubes de Lectura, tivo dúas actividades relacionadas co mundo
dos libros e organizadas pola biblioteca escolar do CPI de Trazo.
A primeira foi unha interesante visita
guiada (semellante á que se reproduce no video) por todas as instalacións da
Biblioteca Pública Ánxel Casal,
de Santiago de Compostela, que rematou nun xogo no que as e os estudantes
tiveron que procurar información nos catálogos informatizados e achar un
mangado de libros. As dimensións do espazo e as múltiples posibilidades que
ofrece resultaron do seu agrado.
Non menos interesante resultou a
visita á Libraría Couceiro,
onde o alumnado de 1º e 2º de ESO recibiu unha charla explicativa sobre a encadernación e restauración de
libros, nomeadamente antigos e vellos, proferida por María Couceiro que os soubo
enguedellar a todos, para rematar cun percorrido polas seccións da libraría. Mentres, o alumnado de 3º e 4º de ESO, percorreu a exposición "Compostella dicitur", que recrea o aspecto da cidade en 1211.
O xantar compartido no Parque de San Domingos de Bonaval houbo de ser sustituido pola visita por libre a unha coñecida área comercial de Compostela, onde nos abrigamos da choiva que nos acompañou onte durante toda a excursión.
Parece que tanto o alumnado coma o profesorado quedamos contentos coa experiencia, aprendemos a poñerlle ao mal tempo, boa cara. Onte, máis ca nunca.
3 comentarios:
Que ben o pasei na excursión!!!=D
A excursión estivo xenial, tanto a librería coma a biblioteca =D
temos que repetir excursións como esas, estivo moi ben, a bibioteca era enorme e na librería aprendemos cousas que non pensei que levaran tanto tempo!!
Publicar un comentario