Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 11 de abril de 2012

Unha fermosa curtametraxe de promoción da lectura




Brétemas, o blogue de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, fainos a descuberta dunha fermosa curtametraxe (de tan só 85 segundos) das moitas que se están a facer para incentivar o interese pola lectura. Nesta curta, ou booktrailer, a rapaza protagonista sucumbe ao mundo da fantasía e do misterio que se atopa en cada libro. Paga a pena perder ese escaso minuto e medio en ollarmos esta peza.

3 comentarios:

Jennifer dixo...

Pois si que é fermosa, si.

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Este descubrimento/aportación é de Miro. Antes xa colgamos outro, un pouquiño máis longo, pero fermosísimo tamén. Foi premiado co Oscar este ano á mellor curtametraxe de animación. Se non a viches, Jenni, aquí vai o enlace http://bibliotrazo.blogspot.com.es/search/label/oscar

Noelia Casas García dixo...

Moi, moi bonita. Simplemente, como di Jenifer, Fermosa.